Skip to Content

Varias

Se tes paciencia, experimenta coa ciencia

Ao longo do mes de novembro celebramos na biblio do cole o Día da ciencia en galego coa realización dediversas actividades en colaboración do EDL do cole.

Recordámosvos que poderedes levar para as vosas casa calquera dos fondos que están expostos no corredor e na biblioteca.

Na galería de imaxes tedes unha mostra que esperamos que sexan do voso agrado.

Festa do Samaín 2022

O último día do mes de outubro voltamos a celebrar a Festa do Samaín no noso cole coa realización das seguintes actividades:

  • Exposición de fondos da biblioteca para o Samaín.

  • Representación de varias obras de teatro polo alumnado de 6º de Ed. Primaria: "Mortiña", "Brunilda" e "Violeta".

  • Galería de imaxes do alumnado disfrazado.

  • Xantar terrorífico preparado polo alumnado de 6º de Ed. Primaria.

 

  • Desfile e bailes terroríficos na aula de psicomotricidade.

  • Desfile polo Túnel do medo que se montou na biblioteca e nos corredores do cole.

 

  • Exposición de cabazas.


 A celebración na prensa local



ENTREGA DE PREMIOS


 

 

Traballos premiados polo alumnado

Exposición do Samaín 2022

Na última semana de outubro realizamos a xa tradicional exposición de cabazas decoradas para celebrar o Samaín que o alumnado do centro preparou nas súas casas coa axuda da súa familia.

Na seguinte galería podedes gozar coa enorme creatividade e imaxinación dos seus traballlos.

Exposición de fondos para o Samaín

O Samaín xa está aquí!!

Como todos os anos a nosa biblioteca énchese de libros terroríficos para que gocedes desta festa.

Temos unha pequena exposición a vosa disposición así que non dubidedes en coller aquel libro que vos pareza máis terroríficooooooo!!

Viaxe a Lodoselo

Os nenos e nenas de Educación Infantil, o 16 de xuño, fixeron unha viaxe ata a granxa escola do pobo de Lodoselo.

En Lodoselo comprobamos en persoa a gran labor social que están a desenvolver desde o centro de desenvolvemento rural do Viso.

Nesta xornada rural, de contacto coa natureza, puidemos dar de comer ás ovellas; tocar e coller as galiñas e os coellos; comprobar como poñen ovos as galiñas; plantar árbores autóctonas e ver, e realizar, como é o proceso de realización do pan nun forno tradicional de pedra.

Asemade, fixemos unhas rutas turísticas polas rúas do pobo montados nun carro que ía tirado por un cabalo.

Pasámolo moi ben, na que para moitos de nós era a primeira excursión no cole!!

O meu libro favorito

A lectura axuda aos nenos a desenvolver a súa imaxinación e a aprender sobre o mundo que lles rodea; ademais, mellora o seu vocabulario, a súa riqueza lingüística, a súa memoria e a súa concentración, o que contribúe a unha maior axilidade mental e ao aumento da súa cultura, beneficiándoos academicamente.

Dende que son pequenos é imprescindible fomentar o amor pola lectura. Unha tarefa que ás veces non resulta nada fácil debido á gran avalancha doutras actividades de lecer tecnolóxico que poden gustarlles máis. Con todo, é fundamental concienciarnos dos beneficios que terá para o futuro dos nenos o feito de que desde que aprenden a ler, comecen a saber gozar e divertirse cun bo libro e fomenten así este proveitoso hábito.

O EDL, en colaboración co equipo de biblioteca, pedímoslle aos nenos e nenas que lembrasen todos eses libros lidos ao longo do curso. Debian escoller o que máis lles gustara e plasmalo.

Cantos libros !!!

Coñece a túa cidade

O 8 de xuñoOs nenos e nenas de Ed. Infantil visitaron coa axuda de Martiño os lugares máis importantes da nosa cidade.

Martiño recibiunos nas Burgas e desde alí guiounos nun percorrido pola Praza Maior, a Catedral e a Praza de San Martiño contaándonos historias moi divertidas.

Como nos portamos moi ben, rematamos a excursión no Parque da Alameda.

Que ben o pasamos!!

O CEIP MANUEL SUEIRO RECIBE PERIÓDICOS DO MUNDO “EN GALEGO”

O día 3 de maio no noso cole, celebramos o Día Mundial da Liberdade de Prensa.

Dende o CEIP Manuel Sueiro queremos apoiar a independencia dos periodistas de todo o mundo.

O noso alumnado, para celebrar esta data, percorreron o mundo na procura de diferentes periódicos, estudando os diferentes formatos e novas.

Para rematar, modificamos esas partadas periodísticas, para reescribilas en galego e con novas positivas.

Obradoiro sobre as abellas

O 11 de maio apicultor José Bailón que tamén é profesor en Ourense, realizou na sala de usos múltiples do noso cole un obradoiro sobre a cría das abellas no que aprendemos moitas cousas sobre elas, sobre todo, a distinguilas das avespas, e sobre os produtos que nos ofrecen e os beneficios que aportan a nós e á natureza.

O obradoiro foi impartido de xeito moi práctico e puidemos ver como é unha colmea `por dentro, manipular con distintos aparellos que usan os apicultores e ver, realment,e como é a cera, o propolio, a mel, a xalea real…

Pasámolo xenial ao temo que aprendemos cousas novas!

Luuume, a contada. Encontro con Andrea Freire.

O venres 6 de maio achegouse ao noso centro Andrea Freire, a autora de Luuume!, ilustrado por Laura Miranda Moreno e publicado por Antela Editorial, para facer a contada da historia de Misto, que está sempre enfadado, e que previamente traballaramos no Club de lectura de cuarto de Ed. Primaria ao longo do mes de abril.

Misto, cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa.

Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar.

Despois da contada, Andrea realizou un obradoiro de relaxación mediante exercicios de respiración, ofrecéndolles aos rapaces ferramentas para o autocontrol.

Para finalizar, e en consonancia co PDI deste ano, fixeron ao protagonista do conto con materiais de aproveitamento.

Distribuir contido


by Dr. Radut