Skip to Content

Varias

Semana escolar dos Camiños de Santiago

Na "Semana escolar dos Camiños de Santiago" o alumnado de  4° de EP púxose na pel dos peregrinos e percorreu os diferentes camiños que chegan ata a Santiago de Compostela.

Cada un de nós seleccionou unha ruta e buscou información sobre as etapas, albergues, datos de interese das cidades, vilas e pobos polos que pasan os distintos camiños, fotografías... e recompilamos a información en cartolinas que colocamos na aula logo de expoñer cada un dos proxectos.

Finalmente, logo de percorrer de forma satisfactoria cada etapa, fíxose entrega das credenciais a cada peregrino de 4°.

Esta actividade serviunos para coñecer datos que non sabiamos sobre o camiño e sobre moitas das cidades polas que se leva a cabo cada unha das diferentes rutas.

Pola súa parte, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria, ademáis da lectura e traballo sobre o camiño de Santiago, realizou debuxos do libro "Sucedeu no camiño Primitivo"

OS FOOD HEROES SAEN DA ESCOLA

Os/as nosos SUPERHEROES non se conforman con coidar o seu GARDEN no cole. Agora deciden dar un chimpo e plantarse, nunca mellor dito, no CIFP Portovello coas súas tools e vegetables para facer a plantación da spring.

En autumn plantamos e recollemos carrots, en winter plantamos Spanish onions ás que aínda lles queda un pouco para poder recollelas. E agora, en spring, no CIFP Portovello, plantamos tomatoes, lettuce, carrots e chives. Cando recollamos todo, disfrutaremos dunha HEALTHY SALAD.

Moitísimas GRAZAS á comunidade educativa do CIFP Portovello por deixarnos un recunchiño do seu garden e ao profesorado por axudarnos na plantación dos nosos produtos.

Somos os SUPERHEROES, os heroes da saúde, e na nosa teima por coidar a nosa saúde, insistimos na importancia dunha dieta saudable para unha mellora da nosa saúde xeral.

Non esquezades o dito: ONE APPLE A DAY, KEEP THE DOCTOR AWAY!

Concurso fotografía: Emociónate co meu libro

Leo e máis o equipo de biblioteca organizan un concurso de fotografía para celebrar o Día do Libro, titulado: Emociónate co meu libro”.

Os participantes tiñan que realizar unha fotografía da portada dun libro que os emocionara e outra na que se caracterizaran como a personaxe do libro nesa portada.

O folleto de publicidade do concurso informou das bases do mesmo.

Traballos presentados

Na seguinte galería podedes observar as imaxes da entrega dos premios aos traballos máis votados polo alumnado.

Auga Máxica

O alumnado de 3º de Ed. Pprimaria traballou o poema Auga Máxica de Carlos Fontes do poemario Versos con flor.

 

>

Día da poesía 2021

 

O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou con poemas de Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro e Xela Arias.

 

Semana da prensa 2020/2021

Ao longo da semana do 8 ao 12 de marzo traballamos nas aulas con xornais de tirada provincial, autonómica e nacional buscando que o noso alumnado empregue a prensa como recurso didáctico para facilitar o desenvolvemento das actitudes e habilidades persoais, como creatividade, educación para o lecer, estudo do contorno e inserción en grupos e servizos sociais, así como todo tipo de opcións das que o xornal se fai eco cada día nas súas páxinas.

Asemade, perseguimos que os nenos e nenas aprendan a ler a prensa, a expresar a súa opinión libremente, a debater en grupos e a desenvolver o seu sentido crítico.

Nadal 2020

Este curso, por mor do COVID, non foi posible realizar o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas, como viña sendo tradición nos derradeiros anos... por iso, todo o alumnado e profesorado, decidiu realizar unha serie de actividades interpretativas para que a nosa comunidade educativa non se quedara sen actuacións de Nadal... esperemos que sexan do voso agrado.

Nas seguintes ligazóns podedes visionar os traballos realizados polo alumnado do cole.

Actuacións:

Bo Nadal!

Samaín 2020

O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaín dun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID.

A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade.

Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror...

Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografías de cancións propias desta celebración.

Pasámolo xenial!!

 

 

Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría

As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro.

Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE.

Dobraxe na escola

O 10 de marzo o alumnado de 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Liceo de Ourense.

Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención.

A técnica de dobraxe fai que os nenos e nas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua.

Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe.

No vídeo de máis abaixo podedes observar o resultado do noso traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut