Skip to Content

Varias

Eu son inspect@r urbanístico. Coido do Territorio. Coida do teu.

O 11 de febreiro visitou o noso centro o “Proxecto Terra” para o alumando de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria que leva por títuloEu son inspect@r urbanístico. Coido do Territorio. Coida do teu.

Esta actividade estivo dirixida por dous inspectores urbanísticos na que explicaron ao noso alumnado como Galicia ten unha paisaxe diversa e contrastada desde o punto de vista tanto físico, coma humano e económico. O resultado desta diversidade queda plasmado nunha chea de paisaxes que teñen características moi diferentes. Ademais, o ser humano, ao longo dos anos, foi transformando o medio natural e deulle forma á paisaxe que habitou ata facela súa. Esta pegada do ser humano ao longo da historia é o que precisamos coñecer para tratar de entender como é o territorio no que vivimos; todo iso, sen perder de vista que o que temos entre mans é algo vivo e cambiante.

A actividade dividiuse en dúas partes. A primeira centrouse nunha exposición a través dunha presentación na que se mostrou a paisaxe urbanística, tomando como referencia o CEIP Manuel Sueiro.

A segunda parte centrouse nunha actividade práctica na que puxeron en valor o aprendido na exposición oral.

Semana do amor e amizade

Celebramos a semana da AMIZADE.

A amizade é un sentimento desinteresado que une a persoas moi diferentes, rompe fronteiras, tende lazos de solidariedade. É tan poderoso pola súa natureza mesma de bondade.

Os amigos son as persoas que cada un eliximos para pasar tempo de lecer. Eles escóitannos, escoitámoslles, rimos e compartimos actividades que nos gustan. Confiamos neles para contar as nosas alegrías e as nosas penas. E sempre están aí cando lles necesitamos. Así que por que non celebrar o Día da Amizade na escola!!!.

No noso cole os alumnos e alumnas agasalláronse con fermosas cartas de amizade.

Grazas a todos e todas por este agasallo marabilloso.

Vémonos na próxima tolemia.

Un abrazo xigante.

 

Ponlle as pilas ao teu bocata

O 14 de febreiro realizamos na aula de usos múltiples un obradoiro sobre alimentación saludable coa finalidade de fomentar o consumo das conservas de produtos do mar.

Un bocata de conservas do mar leva dentro toda a enerxía que necesitas para alcanzar todas as túas metas.
As conservas do mar son ricas en proteínas, moi importantes para crecer. Levan vitamina B12 que é fundamental.

Xa son varios os anos que levamos participando neste programa que patrocina a Consellería de pesca e que tanto lle gusta ao noso alumnado e profesorado.

Viaxe a Bueu

O 31 de xaneiro de 2020 o CEIP Manuel Sueiro participou, na actividade "O sabor da aventura está no mar" organizada pola Consellería do Mar. Viaxamos ata a vila de Bueu, na provincia de Pontevedra, na que, grazas as monitoras da organización, visitamos:

  1. Porto de Bueu, na que nos amosaron diferentes instrumentos da arte da pesca que descoñecíamos como: o arranxo da redes, as nasas para pescar as nécoras, cando é o momento de pescar as nécoras, a arte de pesca do pincho,...
  2. Lonxa de Bueu, ensináronos o proceso de poxa dos produtos pescados na ría de Pontevedra sendo o produto estrala o polbo, ademais descubrimos aspectos tan interesantes dos polbos como: que non teñen 8 patas senón 4 patas e 4 brazos, que cambian de cor cando se comunican entre eles para avisar dos depredadores,... Na lonxa ademais de ensinarnos como se fai a poxa dos produtos tamén non ensinaron como se etiqueta os diferentes produtos.
  3. Praza de abastos de Bueu, na que nos amosaron os diferentes postos de venta de peixe fresco, el salmoira e en conserva. Para rematar nun magnífico xantar de produtos do mar consistindo nunha cata de produtos como: ensalada de produtos do mar, hamburguesa de peixe e iogurt.

Como derradeiro vos deixamos a foto de grupo na que posamos con estes gorros que nos agasallaron a todos, xa estamos desexando velos na próxima actividade na que visitarán o noso centro coa obra de teatro na que coñeceremos aos arroases. 

Visita da Apalpadora

O 20 de decembro, grazas á colaboración e financiación da ANPA Limiar do noso cole, tivemos a sorte de contar coa presenza de A Apalpadora na biblioteca do noso centro.

Contoulle ao alumnado o precioso que é o lugar onde habita na serra de Courel, en que consiste o seu traballo de carboeira e como noutros tempos se pasaba fame en moitos lugares de Galicia, de aí que unha das súas costumes sexa a de apalparlle a barriguiña aos nenos e nenas galegas despois do solsticio de inverno para deixarlles unha presa de castañas mentres están a durmir teñan fame ou non teñan.

Como fomos moi bos ao longo deste ano, ao remate da súa visita, deixounos uns agasallos para cada un dos nenos e nenas do cole.

 

 

Festival de Nadal

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis.

Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival.

O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)

 

O dente de Clara

O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou na Hora de ler o libro de titulado O dente de Clara de Ana Expóxito Valle.

A Clara, que aínda non fixo os oito anos, unha noite do mes de maio espertouna, de súpeto, unha voceciña: Afogo!..., afogo! Que afogo...! Era Pérez, un rato que levaba o enderezo equivocado para recoller un den te de leite, por iso está empeñado en arrincarllo a Clara. Dende aquel  momento, comezarían para ela unha serie de complicadas aventuras.

Como actividade de animación á lectura deste libro, tamén, realizaron un obradoiro de papiroflexia no que aprenderon a construír paraugas e rás. Cos traballos realizados fixeron unha exposición no recanto de plástica da súa aula.

 

Merenda de outono

O 20 de novembro, coincidindo co Día internacional da infancia, no noso centro realizamos unha merenda de convivencia con froitos de outono realizados polo alumnado e as súas familias.

Hai que mencionar o gran nivel de participación de toda a comunidade educativa que logrou que esta actividade fose todo un éxito… foi tal a aportación de viandas que teremos que continuar nos próximos días coa súa degustación.

Unha vez máis agradecemos a colaboración e implicación das familias nas actividades que desde o centro se están a desenvolver.

Bo proveito!!

 

Exposición magosto 2019

Durante o mes de novembro pódese visitar a exposición que realizamos na entrada do colexio cos traballos feitos polo alumnado e as súas familias con produtos do outono.

Traballos premiados polo alumnado

 

Celebración do magosto 2019

O 8 de novembro celebramos no polideportivo do centro a festa do magosto.

Este ano, a mestra de educación física organizaou sete estacións de xogos populares polos que fomos pasando todos os cursos do cole.

Unha vez que rematamos os xogos, disfrutamos do menú de outono que nos serviron e prepararon os nosos profres: bolos preñados, empanada, lacón asado, bica e as protagonistas da festa, as castañas, asadas con moita paciencia polo profe Alfonso.

Para rematar, coma sempre, pintámonos todos e todas cos tizóns dos restos da fogueira.

Pasámolo xenial!!

Distribuir contido


by Dr. Radut