Contido popular
Título | Resumo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Somos mensaxeiros da Paz | |||||
Concurso de poesía do Círculo Poético Ourensano |
O presidente do círculo poético entregoulle a Camino un trofeo, cunha placa co seu nome e o premio otorgado, así coma un lote de libros e un diploma. Tamén lle deron un diploma a todo o alumnado participante no concurso. A continuación Camino leu o seu poema para todos os nenos e Mestres que estábamos na biblioteca escolar, contando tamén coa presenza da súa nai. Para amosar a nosa gratitude ao Círculo Poético Orensano, por vir ao centro a entregarle a Camino o premio, regalámoslle un libro elaborado no colexio para festexar o día do libro, con poemas e contos inventados polos alumnos e alumnas do CEIP Manuel Sueiro, que tamén foron gañadores noutros concursos ao longo deste curso. O presidente do Círculo Poético pediulle aos nenos que llo asinasen como recordó.
Este foi o poema premiado: OURENSE TIERRA AMIGA |
||||
Magosto 2014 |
O luns, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiple actividades, entre as que destacamos as seguintes:
Viva o magosto!! |
||||
Elaboración de "Paus de choiva" |
Outra das actividades que tivo moito éxito de participación no alumnado foi a creación de “Paus de chuvia”. Estes instrumentos meteorolóxicos teñen a súa orixe nas culturas indíxenas de Norteamérica. Créese que eran utilizadas para atraer á chuvia en celebracións con rituais relixiosos dos indios norteamericanos. Os paus de choiva auténticos están feitos cos troncos secos de varias especies de cactus. O tronco baleirase, as espiñas arráncanse e logo crávanse cara o interior de tronco ao largo de toda a súa lonxitude. Despois introdúcese grava e péchanse os extremos. Ao inclinalo, a grava vai caendo dun extremo ao outro, golpeándose coas espiñas no seu camiño. Nós fixemos uns modelos destes paus a partir de tubos de cartón recheos de grava. O resultado foi espectacular!! |
||||
Realidade aumentada na biblioteca |
No CEIP Manuel Sueiro estamos experimentando coa realidade aumentada e buscándolle aplicacións educativas a estas apps que calquera pode descargar no seu móbil. As imaxes que teñen realidade aumnetada na nosa web, e nos corredores do centro, levan no pé da imaxe unha
Para ver como funciona a realidade aumentada, probade a enfocar coa aplicación Aurasma do voso móbil as seguintes imaxes. Parece máxico!! Celebración do Día da biblioteca 2016 |
||||
Cantarola dos nenos |
Ao longo das semanas previas ao Día da Paz todas as aulas do centro traballaron co poema de Neira Vilas titulado "Cantarola dos nenos".
Cada clase ilustrou unha estrofa do poema. Ao rematar os traballos elaboramos un libro ilustrado do poema que pasou a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
O Día da Paz recitamos, na entrada do centro, o poema .
GALERÍA DE IMÁXES
|
||||
Inauguración da estación meteorolóxica |
O día 1 de decembro foi a inauguración oficial da nosa estación meteorolóxica. Ese día, todo o alumnado implicado na recollida de datos baixou ata as instalacións da estación para ver en situ o procedemento a seguir para recoller os datos meteorolóxicos nas fichas de rexistro elaboradas para tal actividade. O alumnado de 6º curso, en grupos de 2 alumnos/as, será o encargado de recoller diariamente os datos, para o cal os mestres responsables do programa estableceron as oportunas quendas. De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro. |
||||
Baile tradicional |
O noso centro foi agasallado cun disco recopilatorio, un exemplar da revista "A Bugalla" e un diploma de participación. |
||||
O Sueiro, onde a lectura é arte |
Durante este curso, 2016-2017, o Sueiriño VI impregnou de arte todos os recantos e actividades do noso cole, co proxecto documenal integrado titulado:"O Sueiro: onde a lectura é arte". Seguindo as directrices marcadas pola Asesoría de bibliotecas para este curso, e visto que xa tiñamos realizado algún pequeno proxecto sobre pintura, decidimos dedicar o noso PDI ao mundo das artes en xeral. A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por área, curso, etapa, a todos os membros do claustro, e involucrou a membros da comunidade educativa. O traballo realizado por cada curso foi o seguinte:
|
||||
Día da Muller Traballadora |
Durante a semana do Día da Muller Traballadora realizamos diferentes actividades encamiñadas a fomentar a coeducación. O alumnado traballou sobre o seguinte tema: "Que quero ser de maior?” imaxinando se fosen homes ou mulleres. Parte do alumnado considera que a profesión escollida sería a mesma, independientemente de se fose home ou muller. Non se atopan diferenzas numéricas entre nenos e nenas. Pola contra, unha porcentaxe considerable do alumnado segue cos estereotipos de profesións exclusivas para home ou muller: por exemplo homes deportistas, policías … e mulleres perruqueiras e enfermeiras. Temos que seguir traballando moito para cambiar esta situación non só no colexio, senón que tamén nas familias e nos medios de comunicación. Asemade, o alumnado de 6º pescudou información sobre varias mulleres matemáticas e elaborou a súa biografía.
|
||||
Artigo na revista ourensá "Verbas" | |||||
DO IT NOW! |
Non podemos esperar máis, temos que facelo agora xa. Por eso, para conmemorar o día internacional contra o cambio climático, o 24 de outubro, todos no noso cole puxemos as nosas voces para acadar que o noso planeta sexa a nosa HOME GREEN HOME. Non queremos pelexas, discusións, perdas de tempo, ..., queremos poñernos XA a mudar este xeito de vida contaminante por outro alternativo, máis limpo e GREEN. JOIN US TO CHANGE THE WORLD AND SING FOR THE CLIMATE! |
||||
A castaña que rebentou de risa |
Ao longo do mes de novembro a nosa castañeira fixo garda na entrada da biblioteca para repartir o conto de "A castaña que rebentou de risa" a todo o alumnado do cole. Un conto en formato minilibro para colorear co que descubrimos por que a castaña ten dúas cores. |
||||
Lecturas meteorolóxicas |
O alumnado de 6º curso todos os mércores na Hora de ler analiza a información meteorolóxica que aparece nos xornais que temos na biblioteca do centro: "La Voz de Galicia" e "La Región". Todos os traballos que van realizando nestas sesións quedan reflectidos no taboleiro de novas da clase destinado a Meteoroloxía. |
||||
Premiados no concurso de postais do Colexio de Economistas |
Dous alumnos de Ed. Infantil do noso centro resultaron premiados no concurso de postais que organizou o Colexio de Economistas de Ourense. Os premiados son:
Todos os premiados recibirán un diploma e un regalo acorde á súa idade que será entregado no centro. Asemade, o traballo de Eva Seoane resultou gañador do concurso a nivel de todas as categorías, motivo polo que a súa postal será a escollida para felicitar as festas de Nadal 2014 do Colexio de Economistas de Ourense.
|
||||
Xoves de comadres 2016 |
O xoves, 4 de febreiro, o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria participou na celebración do xoves de comadres que organizou a Concellería de Educación e animou a fabulosa "Sabela". Nas semanas previas, realizamos un obradoiro de elaboración de comadres e compadres que se desenvolveu na biblioteca do centro. Foi unha mañá moi especial xa que a maioría dos asistentes do noso centro era a 1ª vez que participaban nesta festa que abre o Entroido en Ourense. Pasámolo xenial, a pesar de que ningún de nós conseguiu salvar a súa comadre... todas acabaron escachizadas nas no solo da Praza Maior de Ourense. A prensa recolleu a nova nas súas edicións: Para o próximo ano volveremos!!! |
||||
O xinete das árbores: Baño de bosques |
O 5 de febreiro visitou a biblioteca do noso centro un home-árbore, un ser humano “boscoso”, un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que os verán asolan as terras da montaña, para que as nenas e nenos do CEIP Manuel Sueiro lle axudaran a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras, para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar. Con gaitas e peitoques de teixo, con frautas de pereira, pandeiretas de castiñeiro, e co burro Caramulo de madeira de bidueiro, as nenas e os nenos alimentados coa música das árbores viaxaron, dun xeito imaxinario, polo corazón de cada un para comprobar que os seus corazones están sans e fortes, como a mascota CARDIO. no seu peregrinar pola saúde deles. Con contos, cantigas, xogos, e moita risa rematamos “plantándonos” todas e todos con forma de árbores a favor dos nosos bosques, refuxio do oxixeno que alimenta o corazón, transformándonos en nenas e nenos xinetes das árbores, esperanza dos nosos bosques. |
||||
Monas de Pascua | |||||
Os valores na Biblia |
De acordo ao PDI deste curso “A cada latexo un pensamento” e tendo en conta que cada pensamento provoca un sentimento e unha actitude que move as nosas condutas e comportamentos, e que estes están conectados con valores, a área de relixión traballou sobre os valores na Biblia. A materia de relixión capacita ao alumnado para adquirir unha visión integral da persoa humana e as habilidades necesarias para vivir en sociedade a través dos ensinos bíblicos, que son un conxunto de valores que incitan aos individuos para actuar de maneira correcta facendo un mundo mellor e non provocar danos a quen nos rodea. Traballouse primeiramente coa técnica de choiva de ideas sobre o termo valor para saber que entendían e coñecían sobre este. Cada idea foise anotando para logo definir con máis precisión que é un valor e que representa no diario vivir. E para isto eles buscaron información na internet sobre o concepto de valor guiados polas súas profesoras na procura das páxinas. Tamén se traballou co libro Valores para la Convivencia de Esteve Pujol da biblioteca escolar. Como, así mesmo, cos libros Sapienciales da Biblia que son un grupo de libros do Antigo Testamento que ensinan valores e comportamentos e que axudan a reflexionar sobre a vida. Repartíuselle ao alumnado material para traballar os distintos valores en distintas situacións e problemas tanto de índole persoal, familiar ou social, o que llespermitiu a moitos deles asocialos a determinadas condutas , que previamente non os vinculaban. Presentáronselle distintas imaxes en papel e pantalla dixital con personalidades moi coñecidas como ser: Xesucristo, Gandhi, Martin Luther King, Teresa de Calcuta, e outros, realizando tarefas humanitarias onde eles deben describir o valor fundamental de cada situación. Seguidamente, dialogamos entre todos, para explicar cando practican o valor comentado anteriormente na súa vida cotiá, dando exemplos das accións que deben realizar para tal labor. Durante o desenvolvemento deste proxecto observouse que tanto a lectura dos libros Bíblicos coma as tarefas a realizar, foron unha boa fonte de motivación que os levo a realizar os traballos con moito interese, colaborando e compartindo moito entre eles, dialogando e reflexionando sobre a actividade desempeñada podendo gozar tanto os profesores coma os alumnos dun clima de harmonía e gratificación. |
||||
Nadal 2018 |
Xa chegou o Nadal ao CEIP Manuel Sueiro!! Estades todos e todas convidados a presenciar todo o que está a acontecer nos corredores do noso cole... iso si, se vindes ver o cole, traede unha cámara fotográfica para inmortalizar o voso careto no espectacular photocall que temos na entrada. Esperamos que sexa do voso agrado. |
||||
Presentación do programa Meteoescolas |
O alumnado de 6º curso distribuíuse en dous grupos para realizar unhas sesións informativas, dirixidas a todo o alumnado do centro, e dar a coñecer o traballo que están a desenvolver no proxecto de Meteoescolas en colaboración con outros centros de Galicia. Un grupo traballou co alumnado de Ed. Infantil e Primeiro Ciclo de Ed. Primaria e o outro co resto do alumnado do centro. A primeira sesión formativa foi dirixida aos máis cativos do centro. Os encargados deste traballo empregaron como medio de exposición a representación dunha obra teatral que tivo como fío condutor o libro de "Bos días árbore! As estacións", publicada por edicións Sálvora. Os espectadores gozaron enormemente coa fabulosa interpretación dos artistas de 6º curso e coas súas recitaxes dos diferentes poemas relacionados coa meteoroloxía. A segunda sesión informativa tivo un carácter moito máis académico. Informouse ao alumnado do centro do proceso que se está a seguir para a recollida de datos meteorolóxicos e de como interpretar un mapa do tempo dos que aparecen na web de Meteogalicia. A exposición de contidos tamén estivo acompañada coa lectura de varios poemas relacionados con diferentes meteoros. Como remate destas dúas sesións informouse en que ían consistir as dúas actividades/concurso destinadas a toda a comunidade educativa:
Vídeo da clase informativa:
|
||||
Vídeo resumo do curso 2017/2018 |
Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2017/2018. Esperamos que sexa do voso agrado...
|
||||
Samaín 2020 |
O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaín dun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID. A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade. Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror... Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografías de cancións propias desta celebración. Pasámolo xenial!!
|
||||
Visita ao supermercado Eroski |
O 15 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º curso visitou as instalacións do supermercado Eroski, situado no barrio das Lagoas, para ver en situ as diferentes seccións das que se compón un supermercado e cambiar impresións con diferentes empregados do mesmo. Descubriron curiosidades do seu traballo que descoñecían totalmente, como por exemplo os aparellos de seguridade que se empregan na carnicecía. Previamente, unha empregada da cadea Eroski, chamada Dª. Eva, e acompañada polo responsable do centro das Lagoas, D. Manuel, ensinounos de xeito moi didáctico e ameno a estrutura e organigrama do super. Asemade, con ela repasamos os diferentes tipos de nutrientes que son imprescindibles para levar unha dieta equilibrada e san. Posteriormente, no super, vimos as diferentes seccións onde podemos atopar estes produtos alimenticios. Unha vez finalizada a visita, fomos agasallados cunha exquisita degustación de pinchos elaborados a partir de froita fresca polos empregados do super. Durante os petiscos, realizáronnos varios xogos moi divertidos nos que tiñamos que adiviñar, por medio dos sentidos do tacto ou do gusto, de que alimentos se trataban. Algunha das froitas que probamos era a primeira vez que as víamos. Ao remate da actividade recibimos outro agasallo consistente nunha mochila con produtos alimenticios do super. Desde aquí queremos agradecer a todos os membros do supermercado Eroski do barrio das Lagoas a atención e paciencia que nos prestaron durante a visita e especialmente a Dª Eva e D. Manuel polo ben que tiñan organizada a actividade. |
||||
Roberto Reséndiz Carmona |
O 20 de xaneiro tivemos a sorte de contar coa presenza, na nosa biblioteca, do poeta mexicano Roberto Reséndiz. Naceu en Zitácuano, Michoan México, no ano 1954. É director do Encontro Internacional de poetas e creador do Festival do Chongo Zamorano. Participou en diversos Festivais e Encontros de poetas en diversas cidades americanas e europeas. A súa obra foi publicada en varios países de todo o mundo, sendo traducidos os seus textos ao italiano, francés e sueco. Con el realizamos un dinámico obradoiro de poesía, no que fomos intercambiando fermosas lecturas de poemas feitos por el e por nós. Fixémoslle unha longa batería de preguntas moi persoais sobre a súa obra e os seus gustos, que el foi contestando amablemente ao longo de dúas horas. Así descubrimos que xa empezou a escribir desde moi cativo, aos sete anos, e que cando tiña 18 xa era un poeta consumado. Grazas á poesía é capaz de realizar incribles viaxes, tanto metaforicamente coma fisicamente e grazas a eles coñecer cidades e persoas de medio mundo. Vive na cidade mexicana de Zamora na que todos os anos organiza un festival de poesía reunindo a poetas amigos cos que visita as escolas para acercar a poesía aos cativos. En relación ao proxecto de meteoescolas que estamos a desenvolver no centro, dentro do PDI "ergullámonos nun mar de números" pregúntamoslle sobre como era o clima do seu pobo. Dixo que era unha das cousas que máis botaba de menos cando viaxaba fóra do seu país, e máis de viña a Galiza, xa que aquí é moito máis frío e húmedo. Comentounos que, aínda que naceu e viviu toda a vida en pobos do interior de México, lle gusta escribir á “Mar” porque a primeira vez que viu o mar quedou impresionado da súa grandeza. A Mar crea vida, del naceron os seres vivos. Da poesía dixo que o que máis lle gusta é a imaxe e a metáfora...é dicir, o que se pode dicir con outras palabras. Quedou abraiado a primeira vez que leu os poemas de amor de Pablo Neruda. Gústalle cantar e bailar, aínda que non sabe, pero sobre todo o rir e compartir... Os seus primeiros poemas foron publicados en xornais de Zamora no ano 1975. Empezou a escribir porque dábanlle medo as mulleres. Coa escritura dos seus pensamentos sentíase moito máis seguro. Por iso usaba a poesía para acercarse a elas. Coa escritura el perdeu o medo, por iso nos animou a escribir sempre que teñamos medo a algo. Asemade, comentounos que o importante é escribir, non importa no medio que se faga. El incluso chegou a facer poemas en mensaxes SMS de 150 carácteres. Animounos a escribir poesía e estará encantado de atopar, nun futuro próximo, a un de nós nalgunha das xuntanzas do Círculo poético de Ourense. Para comezar animounos a participar no concurso de poesía deste ano que convocou o Círculo poético. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »