Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Os xogos populares como modo de aprendizaxe |
Este ano como actividade para o PDI do centro o alumnado de 2º curso traballou o tema “Os xogos populares como medio de aprendizaxe”. A partir do tema elixido, achegámonos ao mundo dos xogos populares galegos como medio de aprendizaxe e ao coñecemento básico de distintos xogos e a súa utilización como forma de aprender. Os xogos elixidos neste curso foron:
|
Pensando en equipo |
O curso escolar 2017/2018, a aula de 5º de Educación Primaria decidiu centrar o seu traballo anual, dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro “Cada latexo... un pensamento”, na temática do “Pensamos en equipo”. O porqué deste traballo resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
Traballamos os seguintes obxectivos:
O traballo comezou a finais do mes de setembro, no que o alumnado de 5º de Educación Primaria determinou os seguintes aspectos a desenvolver durante todo o curso.
As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:
1º trimestre:
2º trimestre:
3º trimestre:
Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas. |
Encontros con autores: Iria Misa |
O 19 de febreiro participamos en “Encontros coa autora” con Iria Misa, autora do libro “Mamá, quero ser Ziggy Stardust” e organizado pola concellería de educación nas instalacións do Liceo de Ourense co fin da promoción do hábito lector entre os escolares ourensáns e o traballo en valores. A actividade comezou coa dotación, por parte da Concellería dos libros seleccionados para este curso para a súa lectura na aula e o posterior encontro co autor do libro. Esta actividade ten dous importante obxectivos. Por unha banda poñer en contacto directo aos escolares cos escritores e ilustradores e por outra banda, dar a coñecer e preto o traballo dun escritor e ilustrador. Os libros foron entregados aos escolares no mes de decembro e hai unhas semanas e tras a lectura, realizouse o encontro con Iria Misa, momento no que o alumnado tivo a oportunidade de coñecela e conversar con ela sobre a temática do libro e as principais mensaxes que se achegaban coa súa lectura. Antes de asistir a estes encontros, o alumnado de quinto e sexto curso do noso cole xa fixera un traballo exhaustivo desta obra de Iria Misa. O resumo argumental do libro, trata da historia de Aine, quen naceu cun corpo aparentemente de nena, pero en realidade séntese neno. Aine conta cun amigo imaxinario chamado Thomas, como xeito de fuxida dunha realidade que o abafa. Nunha viaxe turística cos seus pais, Aine descobre a figura do músico David Bowie, coa que se identifica de inmediato. Desde entón, Thomas e Aine xogan a disfrazarse de Ziggy Stardust, o personaxe creado por Bowie, e a actuar enriba da cama coma se fose un escenario. O pai de Aine non comprende ao seu fillo. Pero Fran, a súa nai, pouco a pouco irá reaccionando e aceptando a Aine tal e como é, o que provocará a ruptura co seu home. Tampouco a familia extensa de Aine se amosa moi comprensiva co que ven como unha simple teima dunha nena por vestirse e comportarse como un rapaz. Aine visitará a psicólogos, e sufrirá o rexeitamento de moitos compañeiros de escola, e das súas familias, na escola. Pero finalmente conseguirá realizar o seu soño: vivir de acordo a como sente a súa identidade de xénero e actuar na festa de fin de curso do colexio. Neste libro profundan na transexualidade. Aine é un neno trans que loita por poder mostrarse ao mundo tal e como se sente. Destaca tamén David Bowie como exemplo. A figura do músico está moi presente na novela como referente de persoa de éxito malia non encaixar sempre nos canons impostos socialmente, e é usado por Aine para afirmarse nun mundo que non quere aceptalo tal e como é. Os escolares tiveron que realizar unha serie de actividades antes e despois da lectura. Primeiro tiñan que observar a portada e razoar a partir de aí sobre que pensaban que trataba o libro. Tamén tiveron que responder a cal foi o último libro que leron e o que máis lles gustou. Tras a lectura, discutiron na clase sobre como a presión social e as súas convencións condicionan a liberdade individual e o dereito á diferenza. Outro dos aspectos que tiñan que respostar tiña que ver con David Bowie, comentar a súa figura e a súa música na clase. |
Premio a un alumno do colexio |
O Concello de Ourense cada ano convoca un concurso de postais. Esta vez participaron os nenos e nenas de infantil. Quedou demostrado que temos uns artistas no noso colexio, pois unha vez máis o premiado saiu das nosas aulas. O 18 de decembro veu unha representación do Concello ao noso centro para facer entrega ao gañador do concurso cun estupendo premio. A postal gañadora foi creada polo neno de infantil de 3 anos:
Ademais do agasallo para el, a súa postal foi a que empregou o Concello para felicitar as festas de Nadal.
|
XXII encontros de teatro escolar de Bande |
O alumnado de 4º de Ed. Primaria participou, o día 16 de maio, nos prestixiosos encontros de teatro infantil que organiza o Concello de Bande coa colaboración dos centros educativos da vila. Este ano, o noso alumnado, representou a obra "Comerei dous" adaptada de xeito maxistral polo seu titor. A posta en escena da mesma fixo disfrutar a todo o público presente, resultando ser un gran éxito. Desde o noso cole, queremos felicitar á comunidade educativa do CEIP de Bande e ao Concello por esta iniciativa cultural que xa é, desde hai tempo e por méritos propios, un referente na semana das Letras Galegas. |
Hora de ler de 4º de Ed. Primaria |
Ao longo deste curso, na aula de 4º de Ed. Primaria, levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura no tempo destinado á Hora de ler. Limos na aula o libro “DELFINES AMIGOS” e traballamos a comprensión lectora do mesmo axudando aos alumnos/as extraer as ideas principais. Levamos a cabo “CONCURSOS DE LECTURA”. Limos na aula en voz alta RITA Y LADRONES DE TUMBAS”. Fixemos preguntas de cada capítulo que entraban a concurso dando os puntos correspondentes a cada participante que as contestase correctamente anotándoos nunha lista. O concursante que acadou máis puntos ao final da lectura dos libros conseguiu un agasallo que consistiu nun libro. Traballamos o poema “A Margarita Debayle” memorizando as súas estrofas para poder recitalo. Outra das actividades consistiu na lectura do libro “¿Quién usa las papeleras”?. Ademais, como estamos a participar no proxecto de meteoescolas, do plan Proxecta, tamén limos unha serie de libros relacionados coa meteoroloxía:
A partir do libro da atmosfera, grabamos un video sobre o aire . Para que serve o aire? Ademáis tamén traballamos:
Traballamos a poesía de Pura Vázquez e participamos na homenaxe que lle fixeron polo seu centenario na ínsula dos poetas. |
Premio mellor xornalista Prensa Escuela |
A alumna, do noso cole, Lara Vidal Seara, de 6º de Ed. Infantil, acadou o Primeiro Premio, de Galiza, ao Mellor Xornalista Infantil (Nivel 1). Desde Prensa-Escuela, invitaron á gañadora a asistir á festa fin de curso de Voz Natura, que o xornal "La Voz de Galicia" celebra o 3 de xuño, no parque de Acea de Ama (Culleredo-A Coruña) e que é o marco elixido para entregar os galardóns do programa. A gañadora recibirá un premio que consiste nunha fin de semana no Parque Warner, en Madrid, con todos os gastos pagados para 4 persoas. Asemade, tamén resultou premiada a mestra Ana Mª Carballo, que recibirá como premio unha cámara de fotos dixital. Moitos parabéns, para as dúas!! |
Cando chove é un bo día | |
O PDI estivo presente no Festival de Nadal |
No Festival de Nadal o alumnado de segundo curso e o de 6º curso realizaron actividades relacionadas co PDI que estamos a desenvolver este ano: Humor matemático representado polo alumnado de 2º curso Interpretación con coreografía da canción de Gene Kelli "Singing in the rain". |
Pescudando sobre Leonardo da Vinci |
O alumnado de 6º de Ed.Infantil estivo pescudando, ao longo deste curso, sobre a vida e obra de Leonardo da Vinci para contribuir ao traballo desenvolvido no PDI "O Sueiro, onde a lectura é arte". O "Home de Vitruvio" e a "Mona Lisa" foron as obras nas que centraron maior esforzo, e foron quen de trasladar a súa clase en máis de 500 anos no tempo. Foi un traballo moi motivador para todo o alumnado. Cando empezamos pareceunos un pouco serio o traballo, pero a medida que avanzamos vimos que cada vez o alumnado se sentía máis motivado. O que máis lles gustou foi facer o cadro de Mona Lisa, da que aprenderon moito...en que museo está, porque foi pintada, como fora roubada... Outra cousa que lles chamou a atención é que o Home de Vitruvio aparecese nas moedas de euro italianas. Buscamos en internet distintos euros para poder comparar. Na galería de imaxes podemos observar parte do traballo realizado... PARABÉNS!! GALERÍA DE IMAXES |
O raposo e a mestra |
O alumnado de 2º realizou unha nova sesión do "Concurso de animación á lectura". Nesta ocasión o libro traballado foi "El zorro y la maestra" de Manuel Rivas. O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día. Nesta ocasión as gañadoras do concurso foron Eva e Elisa. Patabéns para todos polo traballo realizado!! |
Memoria gráfica da biblioteca | |
Semana polo clima |
HOW DARE YOU? Hoxe, todos os nenos e nenas do noso cole, unímonos a Greta Thunberg facendo a mesma pregunta a todos e todas os que nos queiran escoitar. Como se atreven a contaminar o noso fermoso planeta? Como se atreven a non coidar os nosos mares, o aire que respiramos, os bosques cada vez con menos árbores? Pois nós si que nos atrevemos a poñer o noso gran de area para darle a volta a todo, porque: “Queremos a nosa Terra Coas nosas mellores ferramentas, os green crayons, e a nosa voz, berramos ben forte: GO GREEN GO! Unímonos así ás accións promovidas pola organización Teachers for future, que ten como único obxectivo mellorar a saúde do noso planeta e de todos os seus habitantes. WE LOVE THE EARTH Na seguinte galería de imaxes podedes observar a nosa peculiar mobilización... |
Concursos de outono 2014 |
Ao longo do mes de novembro os equipos de Actividades complementarias/extraescolares, EDL e Biblioteca convocaron conxuntamente dous concursos/exposicións relacionados co outono: "A castana disfrazada" e "Centros de outono". É de salientar a ampla participación nos mesmos de todo o alumnado do centro, así como da implicación das súas familias. Desde o centro queremos dar os nosos parabéns a todos eles pola calidade de todos os traballos presentados. O último día do mes de novembro fixemos entrega dos Diplomas de recoñecemento a todos e todas los participantes. Na seguintes galerías de imaxes podedes ver as imaxes dos traballos e da entraga de diplomas: A castaña disfrazada Centros de outono Entrega de premios
|
Exposición de calacús |
Estimadas familias, con motivo da Festa do Samaín & Halloween que celebraremos, o xoves 27 de outubro, no CEIP Manuel Sueiro, animámosvos a que colaboredes cos vosos fillos e fillas na decoración dun calacú (Cabaza) para participar na exposición que se realizará ao longo da próxima semana no colexio. Grazas pola vosa colaboración. Atentamente, |
Formación no Primeiro Ciclo de EP |
O alumnado de primeiro ciclo traballou os seguintes temas ao longo do primeiro trimestre:
|
A cebra Camila |
O alumnado do CIFP Portovello representou, no teatrillo de guiñol, unha adaptación, feita por eles mesmos, do conto "A cebra Camila", escrito por Marisa Núñez, ilustrado por Ocar Villán i editado por Kalandraka. O público infantil, e non tan infantil, foi cutivado pola historia que lle aconteceu á cebra Camila, e disfrutou da fantástica posta en escena deste precioso conto. Camila é unha cebra moi traste que desobedece a súa nai e non se abriga. Un día, ao saír de casa, o vento levoulle as raias do vestido. Ela chorou bágoas de pena, polas raias perdidas. Nesta historia acumulativa, Camila foi recuperando as súas raias a medida que ía atopando personaxes polo camiño (unha araña, unha serpe, o arco da vella, un pato, un caracol,...) que lle axudaron co que puideron, sen esperar nada a cambio, logrando, con cada agasallo, que Camila chorara menos e esquecera a súa pena... A cebra Camila é un conto que fala sobre a importancia que teñen na nosa vida o resto de persoas e a axuda, o afecto, o respecto... que nos poden facilitar para ser felices. Este conto é moi adecuado para traballar as emocións, a solidariedade e a amizade. Moitos parabéns para o alumnado do CIFP Portovello pola súa elección e representación. Como remate, desta actividade de animación á lectura, divertímonos bailando e imitando os movementos das personaxes que apareceron na historia... Pasámolo xenial!!! |
Un selo para Ourense |
O 21 de abril a alumna do noso centro, Yadira Gabarri Vázquez, acudiu ao Auditorio Provincial de Ourense para recoller o premio recibido no concurso de debuxo “Un Selo para Ourense”, que organizou a Concellería de Educación en colaboración con Correos. Hai que destacar o traballo presentado por Yadira, xa que segundo os membros do xurado da Organización o nivel amosado nesta edición, por todos os participantes ,foi moi alto, tanto en número como en calidade. Moitos parabéns para Yadira!! |
PLAMBE 2015/2016 |
Un ano máis o proxecto de biblioteca do noso centro foi moi ben valorado na convocatoria para o curso 2015/2016, cunha dotación económica de 900 € (seica hai crise), motivo que nos enche de gran satisfacción e que pon de manifesto a valía de todo o traballo realizado ao longo destes últimos anos desde a biblioteca do centro. Moitos parabéns para toda a comunidade educativa, xa que a maioría de vós tendes que ver, unha vez máis, con este recoñecemento. Para este curso o lema escollido pola Consellería de Cultura e Educación é o seguinte "Biblioteca escolar, base de exploracións". Leo xa está deseñando o traballo que realizaremos ao longo do curso i en breve teremos noticias do mesmo.
|
Estación meteorolóxica de Leo |
A finais de novembro, e grazas a colaboración de varios membros da comunidade educativa do cole, foi instalada a nova estación meteorolóxica do CEIP Manuel Sueiro. Dita estación está situada na zona norte do colexio nunha parte despexada do recinto para recoller coa mallor precisión posible os datos meteorolóxicos do noso barrio. Os rexistros que cada día indiquen os aparellos da estación, serán reflectidos na nosa web e na web oficial que Meteogalicia pon a disposición dos centros que participan no programa de Meteoescolas. De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro. |
Traballando con climogramas |
Ademais de construír o climograma do no cole cos datos recollidos na estación meteorolóxica ao longo de todo o curso 2014/2015, o alumnado na Hora de ler consultou distintas páxinas web para observar e comparar climogramas de lugares con climas distintos: Reikiavic. Dubai, Helsinki, Dakar, bos aires. Asemade construiron climogramas das catro capitales de provincia galegas cos datos que recolleron ao longo do curso no xornal La Voz de Galicia. |
VI concurso internacional de poesía |
Os días 2, 3 e 4 de outubro celebrouse en Ourense a VI edición do prestixioso encontro internacional de poesía que organiza o Círculo poético ourensán. Na gala do día 3 de outubro estiveron presentes os gañadores do IV Concurso escolar de poesía, entre os que se encontra a ex-alumna do noso cole CAMINO ALONSO FUENTE, alumna de 6º de Primaria o curso pasado, que acadou nada menos que o segundo lugar co poema titulado “Ourense Terra amiga”. |
Meteorólogos do Sueiro |
O equipo de meteorólogos do Sueiro explícanos a composición do aire, a formación de nubes e o tipo de precipitacións máis abundantes que hai na nosa zona. Para elo, traballaron cunha metodoloxía "maker" na que eles foron quen de dar solucción ao reto proposto que consistía en crear un programa audiovisual informativo sobre meteoroloxía entre todo o grupo de 4º de Ed. Primaria. GALERÍA DE IMAXES
|
Axente Riciños |
Na semana da Paz, Iago López, o contacontos co que Ed. Xerais nos agasallou este ano, realizou unha sesión de contacontos para os máis cativos do cole na nosa biblioteca. O título do conto foi "Axente Riciños" Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno. O público infantil disfrutou con Martiño e as historias de Riciños. Esperamos que volva pronto á nosa bilioteca. |
Xoves de comadres |
O Xoves de comadres o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria desprazouse ata a Praza Maior de Ourense para participar na actividade que organizou a Concellería de Educación para celebrar o Xoves de comadres. Nesta ocasión foron as nenas as que correron detrás dos nenos para destruirlles as súas comadres. Poucos foron quen de deixar intacta a súa comadre. As comadres nos medios de comunicación
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »