Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Da man de Baldomero, a pintura e escultura imos coñecer. |
Comenzamos o traballo observando pinturas de Baldomero Moreiras e pintámola porta da nosa aula a semellanza dun cadro deste autor “Cando chove é un bo día" que nos servirá tamén para o proxecto de Meteoroloxía. Da mesma maneira fomos facendo “Bolas de neve” con relación ás distintas actividades desenroladas no centro, utilizando distintas técnicas creativas. Despois de estudar distintos estilos de pintura realizaron na area de plásticas algunhas actividades: paisaxismo, retrato, modernismo, etc. Tivémola sorte de que Baldomero Moreiras quixera estar con nós para realizar un obradoiro plástico co que confeccionamos un cadro de pombas. Asemade, puidemos facecerlle unha entrevista. No entroido disfrazámonos das esculturas ourensás de Ramón Conde: Construimos a estatua de Joan Miró “Mujer y Pajaro”. Para terminar buscaron documentación sobre escultura en distintas épocas e plasmámolo nun Power Point. O traballo realizado foi moi satisfactorio e cumpliu cos obxectivos propostos no PAL. |
||||||||||||||||||||
Día da Paz 2016 |
Ao longo da semana do Día da Paz traballamos nas aulas con recursos educativos compilados polo equipo de biblioteca. O alumnado de 5º e 6º curso traballou sobre o exilio e as diferenzas culturais a través da unidade didáctica "La pequeña Carlota"de ACNUR. O alumnado de 2º traballou sobre o respecto, a educación e a tolerancia. O alumnado de 3º e 4º volveu a traballar sobre a historia de Malala e a súa defensa da educación para todo o mundo. Unha das actividades centrais foi a interpretación da canción BLOWIN IN THE WIND de Bob Dylan polo alumnado de 1º,2º,5º e 6º na biblioteca do centro. |
||||||||||||||||||||
Premiados no Concurso da Constitución |
Cinco alumnos e alumnas de Ed. Infantil, do noso centro, resultaron premiados no concurso da Constitución deste ano. O día 6 de decembro, recolleron o seu galardón na Festa da Constitución que se celebrou no Auditorio provincial, ante as autoridades de Ourense. Parabéns para todos os premiados!!!
Entrega de premios |
||||||||||||||||||||
Metereoloxía na aula de apoio |
O alumnado da aula de apoio recolleu ao lomgo de todo o curso os datos metereolóxicos nun calendario. Nei ían reflectindo o estado atmosférico de cada día. Ao rematar o mes facían un reconto de todos os estados e reflexionaban sobre como foi o tempo dese mes. A final de curso comparamos os valores dos estados atmosféricos dos diferentes meses.
|
||||||||||||||||||||
Irma Ruth del Ángel visita a nosa biblioteca |
O 6 de outubro tivemos o privilexio de contar na biblioteca do noso centro coa poetisa Irma Ruth del Ángel grazas á colaboración que ano tras ano nos ofrece o Círculo poético ourensán.Ao longo da semana o alumnado realizou diferentes traballos de documentación nas súas aulas sobre Irma Ruth e o seu pobo de orixe: San Luís de Potosí. Acollemos a Irma amosándolle todos os traballos que realizaramos cos nosos mestres. O acto estivo presidido por un dos animaliños que máis lle gustan á escritora: "Os gatos". Contounos que ese cariño cara os micos, venlle de cando era moi pequena xa que o seu pai lle regalara un co que xogaba a todas horas. Na actualidade ten dous gatos. Na Asociación Libre San Luís de Potosí, que ela preside, dedícanse a coidar e recoller os gatos da rúa e a dalos en adopción a outras familias. Tamén nos falou do traballo que realizan na fundación de rehabilitación de adictos que ela creou fai anos. Emprega a poesía para traballar con estas persoas e así animalos a retomar os seus estudos. Ademais de escribir, quédalle tempo para dar clases en diferentes universidades, nunha delas ensina criminalística e balística aos futuros policías. Sacounos de dúbidas sobre a Cova das Andoriñas, xa que nos dixo que os paxaros que alí habitan son morcegos que de día se pegan ás paredes da gruta e de noite saen pola súa boca de entrada. Por último, descubrimos que un dos pratos típicos de San Luís de Potosí é a "enchilada de frijoles con aguacate". Irma é unha persoa polifacética. Unha actividade coa que ela desfruta moito é contando contos. A nós deleitounos cunha fermosa historia mexicana que nos ensina o "Por que os coellos teñen as orellas tan longas?". Pasámolo xenial escoitándoa e véndoa en acción. Desde aquí queremos dar as grazas a Irma e aos membros do Círculo Poético por este encontro na nosa biblioteca. |
||||||||||||||||||||
Proxecto Meteoarte |
O proxecto desenvolvido ao longo do curso pasado, polo alumnado de 6ºde Ed. Primaria, dentro do programa de Meteoescolas, e titulado "Meteoarte", foi valorado polo xurado composto por membros da Consellería de Educación e de MeteoGalicia cunha calificación de "Programa de Excelencia". Todos as actividades realizadas están reflectidas no blog "Meteosueiro" que manteñen os membros do equipo de metereoloxía. Os nosos parabéns para todos e todas os compoñentes do Equipo de metereoloxía: |
||||||||||||||||||||
O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas |
O 4 de febreiro visitou a bilioteca do noso centro o escritor Iago López para contarnos a historia de "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", libro do que é tamén autor. "Celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo". Coma sempre, pasámolo xenial coas súas historias. |
||||||||||||||||||||
Horario curso |
|
||||||||||||||||||||
Concurso de postais 2014 |
Un ano máis, o EDL do colexio, en colaboración co Equipo de biblioteca, convocaron unha nova edición do concurso de postais con mCotivos navideños. Hai que destacar a elevada participación do alumnado, así como a excelente calidade da maioría dos traballos presentados que lle puxeron moi difícil ao xurado a elección das postais gañadoras. Algunhas desa postais foron as que o colexio empregou para elaborar as felicitacións de Nadal. As mellores postais, segundo o xurado, foron as seguintes:
Na seguinte galería de imaxes podedes observar todas as postais presentadas: |
||||||||||||||||||||
Obradoiro de Viaqua: Aqualoxía |
O 23 de maio realizamos a actividade que leva por título “Aqualoxía”. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os cales descubriron como é o ciclo da auga nas cidades. No obradoiro experimentamos a través do xogo con míltiples recursos didácticos, tales como: bombas de vacio, coadores,… Ao final de dita actividade, fomos agasallados cun diploma e unha mochila pola nosa participación. Xa estamos agardando a que volvan no curso que ven. Pasión pola auga!! |
||||||||||||||||||||
Día da Poesía 2015 |
A celebración do Día da poesía no noso centro durou máis dunha semana. Ao longo deste tempo realizamos múltiples actividades co fin último de fomentar o gusto e a lectura de poesía. Unha das principais actividades foi a realización dun obradoiro/concurso de poesía onde todo o alumnado do centro que traía unha poesía (inventada, copiada, con axuda dos pais,...) recibiu un agasallo. Colgamos na entrada do centro un cartaz "Se un agasallo queres ter, poema has de traer" para motivar aos nenos/as. No tempo destinado á Hora de ler traballamos lecturas de poemas e fixemos actividades variadas. Realizamos unha exposición no centro das poesías feitas polo alumnado. O propio día da poesía, que o celebramos o venres 27 de marzo, todo o alumnado e profesorado asistiu na biblioteca a un fantástico recital de poemas, onde os alumnos e alumnas de Educación Infantil recitaron unha poesía "Chegoua primavera" e adiviñas de contidos matemáticos relacionadas co PDI. Unha vez finalizado o recital,os alumnos e alumnas foron ás aulas, onde os seus titores lle deron o agasallo a todos os que fixeran a poesía. Para rematar, formamos grupos de dúas clases para ir ver a exposición das poesías. Cada grupo amosoulle ao outro grupo as súas poesías, recitando os que quixeron en voz alta os seus poemas. |
||||||||||||||||||||
VI Concurso de poesía do Círculo poético Ourensán |
O 29 de abril falláronse os premios da VI edición do Círculo poético ourensán que este ano tiñan que versar sobre "Sentimentos na escola". Un alumno do noso centro, Diego J. García González, resultou finalista, polo que o seu traballo formará parte da antoloxía que será publicada para a próxima edición do concurso. Esta, estará formada polos 20 mellores poemas de Ed. Primaria e os 20 mellores de ESO. O evento tivo lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Ourense, quedándose pequeno para acoller ao numéroso público presente no acto que estivo presidido pola directiva do Círculo poético. Asemade, tamén se entregou o poemario "Inspiracións" cos poemas finalistas da "V edición do concurso" do ano pasado, no cal hai dous poemas creados polos alumnos do noso centro Diego García González e María López Randolfe. |
||||||||||||||||||||
Exposición de viraventos |
Unha das actividades que tiveron un gran éxito de participación foi a Exposición de viraventos que realizamos ao longo do mes da meteoroloxía. Moitos dos traballos realizalos polo alumnado coa axuda das súas familias presentan unha de gran calidade e orixinalidade. Parabéns para todos os participantes nesta actividade!!!. |
||||||||||||||||||||
Pescudando sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas |
Imos realizar unha gincana sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Para elo empregaremos códigos QR e tablets. Para resolver todas as preguntas da gincana, teredes que ir resolvendo as cuestións que se propoñen. Nos códigos QR atoparedes a información e pistas necesarias para a súa resolución. Unha vez resolta a pregunta iredes compretando o formulario que se achega ao final desta nova. Cuestións: Pista 1
Pista 2
FORMULARIO
ACTIVIDADES DE LECER PARA OS QUE REMATEN |
||||||||||||||||||||
Clarinetarium |
O 13 de abril participamos no Auditorio un concerto de clarinetes titulado Clarinetrium. Clarinetarium é un espectáculo en formato concerto que combina a aproximación histórica ao clarinete cunha aproximación de carácter científico. Tubos de plástico, tesoiras e trade, canas e todo tipo de ferramentas para descubrir como é e como funciona un clarinete. Clarinetarium propón un percorrido pola historia da música para descubrir de que xeito a evolución do instrumento vai ligada á evolución da música. Ademais, para entender o funcionamento do clarinete e os seus principais características (e por extensión o de todos os instrumentos de vento), realizáronse algúns experimentos que axudaron a facerse unha idea máis precisa. Nalgún deles participou algún alumno do noso.
|
||||||||||||||||||||
Día dos corazóns |
O 14 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día de San Valentín celebramos no cole o día dos corazóns. Os corazóns do Manuel Sueiro Que latexan cun mesmo son: O son dos Rainbow Hearts E do Amor Eterno O alumnado de 5º interpretou en inglés o "Rainbow Hearts" e o alumnado de 4º curso recitou o poema de Gustavo A. Becquer "Amor eterno".
|
||||||||||||||||||||
Entrega de premios Concurso de logos |
O 27 de febreiro tivo lugar a entrega de premios do Concurso de logos para representar ao colexio. Todos e todas os/as participantes recibiron un diploma acreditativo como agradecemento á súa colaboración co centro. Asemade, o traballo gañador recibiu unha tablet. Desde aquí volvemos a dar as grazas a todos!! |
||||||||||||||||||||
Nadal 2015 |
O último día de clase deste primeiro trimestre fixemos entrega dos seguintes premios e diplomas na biblioteca do colexio.
Asemade, realizamos unha sesión fotográfica de todo o alumnado ante ostraballos de Nadal que elaboramos ao longo do mes de decembro. Dito reportaxe foi publicado no Especial de Nadal do Xornal Escolar de La Región. Na seguinte galería podedes atopar todas as imaxes desta actividade. |
||||||||||||||||||||
YOU´LL NEVER WALK ALONE 2018 |
GALERÍA DE IMAXES
|
||||||||||||||||||||
Somos mensaxeiros da Paz | |||||||||||||||||||||
A recipe in my head |
Literalmente, tivemos a receita nas nosas cabezas, mellor dito, nos nosos cookeryhats. Durante dúas sesións da área de inglés aprendimos o vocabulario necesario para elaborar a nosa receita especial: CRAZY CATS. E na terceira, puxémonos mans á obra: Con yoghurt fixemos a face, con kiwi a mouth, con grapes a nose, con strawberries as ears e con cookies os eyes E velaí o resultado: DELICIOUS!!!!! |
||||||||||||||||||||
Gañadoras do Concurso da Constitución 2013 |
Queremos dar a noraboa ás alumnas do noso centro que resultaron gañadoras do Concurso da Constitución 2013:
Felicitar ás mestras de plástica, Ana Mª Carballo Martínez e María Pilar Carballo Martínez polo traballo realizado. |
||||||||||||||||||||
II Concurso "CEIP Manuel Sueiro" |
Ao mesmo tempo, tratamos de fomentar en grupo, tanto na aula, no ciclo ou no centro, mesturando diferentes niveis educativos e buscando a implicación do maior número posible de alumnado e profesorado. Consiste en elaborar unha ADAPTACIÓN CON TEXTO E ILUSTRACIÓNS DUNHA OBRA DA LITERATURA UNIVERSAL que elixirá o Departamento de Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Manuel Sueiro de Ourense. BASES PARA PARTICIPAR
INSCRIPCIÓNS Enviando un correo electrónico, indicando o desexo de participar a: Vídeo da entrega de premios da edición do ano pasado a cargo do Conselleiro de Educación e Cultura
|
||||||||||||||||||||
Exposición de imaxes meteorolóxicas |
Unha das actividades que realizamos ao longo do curso foi a recolleita de imaxes de fenómenos meteorolóxicos que os membros da comunidade educativa nos ían achegando. No mes de marzo, coincidindo co Día da meteoroloxía fixemos unha exposición nos corredores do colexio con todas as imaxes recibidas. A verdade é que son espectaculares!! |
||||||||||||||||||||
Premio á excelencia do Proxecto meteoescolas |
O traballo realizado ao longo do curso 2015/2016 en torno á nosa estación meteorolóxica foi premiado cun Diploma á excelencia polos reponsables da súa valoración na Consellería de Educación.
Parabéns para todo o equipo de meteorólogos do Sueiro!!!
O traballo que realiza o equipo de meteoroloxía do colexio pódese seguir no seu blog.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »