Secretaria

Listaxes definitivas de Fondolibros - Entrega de vales

Hoxe 8 de xullo publicámolas no taboleiro da entrada do colexio, ahí poderedes consultar as listaxes definitivas cos libros que lles corresponden a cada alumno-a (ata o venres 10 de xullo estará aberto ao público). Tamén podedes consultar na aplicación Fondolibros se tedes Chave 365 ou certificado electrónico.

No caso de 3ºEP, os/as beneficiarios-as, recibiredes os libros o luns 7 de setembro en secretaría.(ENTREGAREMOS OS LIBROS AO ALUMNADO NA AULA O PRIMEIRO DÍA)

No caso de 4ºEP todo o alumnado recibirá os seis libros en préstamo. As titoras entregarán os libros o primeiro día de clase na aula.

ENTREGA DE VALES DE MATERIAL E DE ADQUISICIÖN DE LIBROS DE 1º E 2ºEP ATA O VENRES 10 DE XULLO EN SECRETARÍA, OU DE NOVO A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO.

Listaxes provisionais de Fondolibros e vales

Xa podedes consultar as listaxes provisionais  no taboleiro do colexio, ou accedendo ao estado da vosa solicitude na aplicación Fondolibros coa Chave 365 ou certificado electrónico. Indícase nestas listaxes provisionais o número de libros que recibirá cada alumno-a, e nas de vales se está concedido ou non. Nas listaxes definitivas de Fondolibros aparecerán os libros concretos para cada alumno-a. Non obstante, onde vexades que recibides 6 libros corresponderán a Galego, Castelán, Mate, Inglés, Sociais e Naturais. Os que recibides catro serían Galego, Castelán, Mate e Inglés. As entregas serán en setembro nos días indicados na circular de final de curso. Os libros de música, o "activity" de inglés e relixión non entran no fondo e polo tanto cada familia debe adquirilos.

AVISO PARA 4ºEP: Ao marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 4ºEP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, 6 libros en préstamo que serán os de mate, lengua, língua, inglés, sociais e naturais. 

Cambios de data en Fondolibros e vales

As listaxes provisionáis de alumnado beneficiario do préstamo de libros de 3º e 4ºEP as publicaremos o 2 de xullo, e as definitivas o 9 de xullo. As listaxes poderán consultarse únicamente no taboleiro na entrada do colexio. As datas de entrega serán as previstas en setembro.

A entrega de vales para adquisición de libros de texto para 1º e 2ºEP e/ou material escolar (de 1ºEP a 6ºEP), será entre o luns 6 de xullo e o venres 10 de xullo en horario de 9,45h a 12h na secretaría do colexio.

Estes cambios están motivados por alteraciones nas aplicacións informáticas nas que xestionamos toda esta documentación, debido á situación creada de retrasos nos trámites administrativos pola crise do coronavirus.

Listaxes definitivas de admisión

Hoxe 22 de xuño procedemos á publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 20/21. (non sufriron variacións sobre as provisionáis)

Podedes consultar as listaxes no taboleiro na entrada do colexio, e tamén con chave 365 e/ou certificado electrónico na aplicación admisión de alumnado.

PARA OS ADMITIDOS: Tedes que formalizar a matrícula na secretaría do centro entre o 1 e o 10 de xullo (horario de 9,45h a 12h). A documentación a presentar é a seguinte:

PARA OS NON ADMITIDOS: A comisión de escolarización asignará praza nalgún dos centros solicitados, se teñen vacantes. No caso contrario asignará un colexio que teña vacantes e que esté o máis cerca posible ao domicilio ou centro de traballo alegado. Deberíades de recibir o aviso do colexio finalmente asignado antes do 1 de xullo.

Libros de Texto no curso 2020-21

Publicamos a nova listaxe de libros para o vindeiro curso. Hay cambios nos cursos de infantil e 1ºEP, pero sobre todo no curso de 3ºEP no que cambiamos case todos os libros despois de seis anos cos mesmos.

Advertimos a todas as familias que garden os libros do presente curso que teñan sen utilizar, xa que é probable que algúns se utilizen no inicio do curso

(Clic na imaxe para acceder á listaxe)

 

ADMISIÓN 20/21: Listaxes provisionáis

Dende hoxe venres 5 de xuño (a partires das 12h), podedes consultar as listaxes provisionáis de admitidos e non admitidos para o curso 2020-2021. Seguindo instruccións da Consellería de Educación, este curso NON podemos publicar as listaxes na web por temas de protección de datos.

Como podedes consultalas? :

  1. PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro, na entrada principal. (de 9,30h a 14h)
  2. TELEMÁTICAMENTE: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
  3. NON PODEMOS PROPORCIONAR INFORMACIÓN TELEFÓNICA SOBRE ESTES DATOS.

Ata o día 10 de xuño poderanse presentar reclamacións na secretaría do colexio.

As listaxes definitivas as publicaremos previsiblemente o 22 de xuño. O prazo para formalizar a matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

Entrega de materiais e outras informacións.

Estimadas familias, xa podemos confirmar que non haberá regreso ás aulas do alumnado de infantil e primaria neste curso. O venres 19 de xuño finalizarán as actividades lectivas, e ademáis recibiredes as avaliacións de final de curso a través de Abalar Móbil, así como a circular de final de curso con importante información. Lembrade tamén, que ata o 19 de xuño podedes entregar as vosas solicitudes para acceder as axudas de libros e material escolar para o vindeiro curso, ben telemáticamente ou na secretaría do colexio en horario de 9,45 a 12h.

ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DO ALUMNADO.

Neste longo periodo de tempo de restriccións, algunhas familias solicitáchedes a posibilidade de recoller materiais das aulas. Agora, coa entrada de Galicia na fase 2 de desescalada, xa estará permitido que o profesorado acuda ao colexio a realizar algunhas tarefas como a de entrega de materiais. Por isto, entre o martes 26 e o venres 29 de maio, as familias que o necesitedes poderedes recoller o que consideredes imprescindible e necesario para terminar este curso, respectando o día e hora asignados na seguinte táboa,  e tendo en conta que haberá unha nova entrega final de todo o material e libros do alumnado na última semana de xuño, onde ademáis os libros e ordenadores en préstamo terán que ser devoltos.

DÍA DE 10 A 12H DE 12 A 14H
MARTES 26 1º EP 4º EP
MÉRCORES 27 2º EP 3º EP
XOVES 28 5 ANOS 4 ANOS
VENRES 29 5º EP 6º EP E 3 ANOS

PEDIMOS AOS QUE DECIDADES VIR AO COLEXIO A RECOLLER MATERIAIS, E/OU A ENTREGAR SOLICITUDES EN SECRETARÍA, QUE O FAGADES INDIVIDUALMENTE, CON MASCARILLA E MANTENDO A DISTANCIA SOCIAL DE 2 METROS CO RESTO DE PERSOAS. 

 

Axudas para libros e material escolar no curso 20-21

Hoxe martes 19 de maio publícase no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de fondolibros de cara ao vindeiro curso 2020/21. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Ed. Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico. O prazo comeza o 20 de maio e durará ata o 19 de xuño. Preferentemente realizarase a presentación de solicitudes por vía telemática. Tamén pode facerse presencialmente na secretaría do colexio en horario de 9,45h a 12h, respectando as medidas sanitarias en vigor, e as establecidas polo propio centro.

A continuación deixamos enlaces con información de interese para esta convocatoria.

CIRCULAR INFORMATIVA DO COLEXIO

SOLICITUDE PARA DESCARGAR

ACCESO A APLICACIÓN FONDOLIBROS

 

Powered by Drupal - Design by artinet