Entrega de materiais e outras informacións.

Estimadas familias, xa podemos confirmar que non haberá regreso ás aulas do alumnado de infantil e primaria neste curso. O venres 19 de xuño finalizarán as actividades lectivas, e ademáis recibiredes as avaliacións de final de curso a través de Abalar Móbil, así como a circular de final de curso con importante información. Lembrade tamén, que ata o 19 de xuño podedes entregar as vosas solicitudes para acceder as axudas de libros e material escolar para o vindeiro curso, ben telemáticamente ou na secretaría do colexio en horario de 9,45 a 12h.

ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DO ALUMNADO.

Neste longo periodo de tempo de restriccións, algunhas familias solicitáchedes a posibilidade de recoller materiais das aulas. Agora, coa entrada de Galicia na fase 2 de desescalada, xa estará permitido que o profesorado acuda ao colexio a realizar algunhas tarefas como a de entrega de materiais. Por isto, entre o martes 26 e o venres 29 de maio, as familias que o necesitedes poderedes recoller o que consideredes imprescindible e necesario para terminar este curso, respectando o día e hora asignados na seguinte táboa,  e tendo en conta que haberá unha nova entrega final de todo o material e libros do alumnado na última semana de xuño, onde ademáis os libros e ordenadores en préstamo terán que ser devoltos.

DÍA DE 10 A 12H DE 12 A 14H
MARTES 26 1º EP 4º EP
MÉRCORES 27 2º EP 3º EP
XOVES 28 5 ANOS 4 ANOS
VENRES 29 5º EP 6º EP E 3 ANOS

PEDIMOS AOS QUE DECIDADES VIR AO COLEXIO A RECOLLER MATERIAIS, E/OU A ENTREGAR SOLICITUDES EN SECRETARÍA, QUE O FAGADES INDIVIDUALMENTE, CON MASCARILLA E MANTENDO A DISTANCIA SOCIAL DE 2 METROS CO RESTO DE PERSOAS. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet