Música

CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL

Para máis información, premer no seguinte enlace.

 

                 

 

ECOPERCUSIÓN

 

O luns día 21 de novembro, veu unha muller que nos ensinou a facer percusión con materiais reciclados. Usamos cubos e unhas baquetas de madeira e púxose a ensinarnos e dicirnos como había que tocalos. Algúns nenos estaban moi distraídos e se lles caía o cubo todo o tempo. A muller era moi simpática e sobre todo con moita paciencia. A MIN ENCANTOUME!!

 

Aquí podedes ver un pequeno vídeo da nosa actuación.

 

 Adrían Santiago (6ºC)

 

AULA DE MÚSICA

Email da aula de música:

aulademusicafdezlatorre@gmail.com 

 

 

 

 

 

 

CONCERTO "EL VIAJE DE WALT"

O xoves 12 de maio os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria asistimos a un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia titulado "El viaje de Walt". Foi un pracer poder escoitar en directo a estes grandes músicos dirixidos polo mestre Dima Slobodeniouk. 

IAR

 

 

"RAPEANDO" (6º EP)

 

Vídeo realizado por alumnos de 6º de EP. Moita sorte a todos!!!!

APRENDENDO SOBRE O MUNDO DAS GAITAS

O pasado venres, día 24 de xaneiro viñéronnos dar unha charla sobre o mundo das gaitas. O taller foi impartido por X.C. Rilo Fraga. Nela explicounos as diferentes partes da gaita, así como, os diferentes tipos que podemos atopar no mundo. Tamén tocamos, coas nosas frautas, xunto con el, unhas pezas populares. Tamén trouxo distintos instrumentos populares galegos.

Pasámolo de marabilla!

 Carmela e Marta (6ºA)

Semana da Música

O mércores 25 tivemos a oportunidade de contar coa presencia da Banda de Música de La Fuerza Logística de la Región Noroeste. Un concerto didáctico do que puideron disfrutar o alumnado de 3 anos, 4º, 5º e 6º de Primaria. A Banda tocou un animado repertorio guiado polo Director da formación musical, que encargouse, xunto cos músicos, de que en todo momento o alumnado disfrutase da música.

Powered by Drupal - Design by artinet