Activ. extraescolares

Actividades Extraescolares 19/20

Achegamos a circular remitida pola ANPA coa proposta inicial de actividades e as instruccións para realizar a inscripción.

 

CURSO 2019/2020

CÓXEGAS

O programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das
familias para poder conciliar a vida familiar e laboral ata o último día do curso escolar.
Os obxectivos do programa son os seguintes:
- Ofertar unha vía de conciliación familiar no propio centro educativo.
- Afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.
- Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade
dos nenos e das nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a
cada idade.

PERÍODO DE REALIZACIÓN
Período1: do 11 ao 30 de setembro de 2019
Período 2: do 1 ao 19 de xuño de 2020
HORARIO
De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h.
PERSOAS DESTINATARIAS
Nenos e nenas matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña,
precisando un mínimo de 10 escolares inscritos para a formación de grupo
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así coma
actividades lúdicas de animación teatral, plástica ... baixo un enfoque integrador onde os nenos
e as nenas serán os propios protagonistas, mediante a creación dunha aventura virtual nestas
tres semanas de duración.
PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
Período 1: a partir do 2 de setembro de 2019
Período 2: do 4 ao 8 de maio de 2020

On line: utilizando a ligazón https://forms.gle/ioajbL29PiKRHxjKA
Os escolares inscritos aboarán una única cota de 4 € en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de Anpas para o curso 19/20.
Estarán exentos de calqueira cota os nenos ou nenas que xustifiquen ser beneficiarios da beca comedor para o curso 19/20
COTA A ABOAR
Período Cota
Setembro 15€
Xuño 15€

CADRO ACTIVIDADES 18/19

 

            ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

CAMPAÑA NATACIÓN ESCOLAR 18/19

CAMPAÑA NATACIÓN  ESCOLAR 18/19 

      A Campaña de Natación Escolar vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.

      O número de prazas ofertadas é de 15.

      A Campaña levarase a cabo na Piscina de San Diego os xoves de 16:00 a 16:45h. 4. O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.

      Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias.

       O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria. 

       O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 19 de setembro

Listen & Speak CURSO 18/19

                  

 

Recordamos a todas as familias que a partir de terceiro de primaria podedes facer a preinscripción para este programa do Concello que terá lugar, de facerse grupo, os luns e os mércores de 17:00 a 18:00 horas

www.edu.coruna.es/coruna_educa_familias/listen_and_speak/

 

Actividades extraescolares 17/18

A partir do luns 2 de outubro comezan todas as actividades extraescolares. Podedes consultar o calendario facendo clic na imaxe.

Inicio das actividades extraescolares

Ao marxe do programa Cóxegas que comezó co inicio das clases, este luns 3 de outubro iniciamos toda a oferta de actividades extraescolares, tanto as propias da ANPA como as promovidas polo Concello.

O horario das mesmas, así como a súa ubicación e días, o podedes consultar facendo clic na imaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet