Grupos

DESPEDIDA

Despedimos o curso cunha xornada de xogos e co concerto de Pablo Díaz.

Desexarvos a todos que pasedes unhas ......FELICES VACACIÓNS!!

 

Vémonos en setembro coas pilas cargadas!

 

Panxoliña universal con Pentatonix

 

Unha actuación memorable

Descrición alternativa: fotografía de grupo da aula completa de 5º A uns minutos despois de rematar as funcións e aínda co aderezo posto.27 cativos, nenas e nenos coma 27 soles traballaron duro e con ilusión para chegar ata aquí. A verdade é que pagou a pena porque o resultado e máis que digno para felicitalos a todas e todos eles. O pasado 21 de decembro tivo lugar o festival de nadal correspondente a este ano 2017. Cada aula estivo a preparar con moita ilusión a súa actuación; e a verdade é que este ano foi todo un éxito de todos os grupos notándose a alegría e o entusiasmo de todos eles e do propio público quen desfrutaba dende as gradas.

A nosa aula (5º A de Educación Primaria) estivo moi centrada en preparar unha actuación navideña que ten o seu punto de orixinal. A raíz dun vilancico clásico como é o Adeste Fideles, pero en versión inglesa O Come, All Ye Faithful e cantada polo grupo vogal: todas as súas cancións son unicamente con voz e sen instrumentos musicais, Sistema de canto coñecido como A Capella. Este famoso grupo coñecido como Pentatonix fai esta reinterpretación que trae sons africanos convertíndoa nunha peza moi especial.

Na clase quixemos aproveitar estes elementos e entre os propios alumnos deseñamos e puxemos en práctica unha coreografía que imita cascadas de auga nuns momentos e aves voando no horizonte noutro ademais dunha serie de decoracións visuais na roupa e na cara (aproveitando os efectos magníficos da luz negra) a modo de árbores lonxanas no horizonte africano.

Para que se poda entender todo o proceso, e ademais a nós nos quede como lembranza, deixamos aquí unha serie de vídeos nos que podemos ir vendo os primeiros ensaios, os preparativos de camerino e despois a actuación que fixemos, primeiro para educación infantil e despois para educación primaria. Aló imos!

Aclaración técnica

Se queredes ver os vídeos en pantalla completa, unha vez iniciado o vídeo a visualizar, clicade na palabra vimeo, e na páxina que se forma facédeo no debuxiño da parte inferior dereita para maximizar a pantalla.

 

 

Primeiros ensaios

Descrición alternativa: Un dos asuntos máis delicados ao deseñar o baile e pensar na coreografía, máximo se usamos a luz negra (sistema de luz violeta e ultravioleta que produce o efecto de convertir en emisores de luz todos os obxectos da zona que sexan brancos ou fluorescentes). Ese encargo quedou ao 100% a cargo do propio alumnado que axiña atopou o xeito de encaixar as diferentes partes da canción. Aquí vemos un pequeno ensaio xa coas luces postas e os guantes brancos en movemento como principais protagonistas visuais da canción. Houbo moitos fallos pero todos estabamos moi centrados en ilos mellorando e o noso profe de prácticas Adrián a cada pouco nos achegaba suxerencias do máis interesante para mellorar a peza.

 

 

Preparación no camerino improvisado

Pé de imaxe: no camerino. 1ª parte

 

 

Pé de imaxe: no camerino. 2ª parte

Descrición alternativa: Un dos momentos máis memorables para todas e todos nós, cando os propios alumnos se pintaban uns aos outros neste pequeno camerino improvisado, coas luces apagadas agás as luces negras e así poder calibrar axeitadamente que efecto causaba sobre a pintura corporarl fluorescente que aplicábamos nas caras (nada doada de atopar polas tendas por certo). Dicir tamén que o a execución desta pintura corporarl foi a cargo 100% dos propios alumnos cuxo deseño foi previamente consensuada entre todos.

 

 

A gran actuación

Descrición alternativa: Unha delicia de actuación, non hai máis que mirar as caras centradas e contentas á vez dos actores. Daba perfectamente a impresión de ser un pequeno grupo de árbores (apoiándonos no efecto luminiscente das cordas e da pintura corporal) que axitaban as súas pólas na sabana africana. Así como unha serie de paxaros que voaban sincronizadamente por entre eles (en base aos movementos das luvas das mans). Noutros momentos da actuación ese mesmo movemento das mans figuraban auténticas fervenzas de ríos lonxnos. Ver a todo o público que nos acompañaba tamén cos xestos de aplaudir nuns mommentos, ou paxaros e das fervenzas noutros non tiña prezo.

Felices festas todos e todas! ¡Graciñas por ser e por estar!

Distribución do alumnado 2017- 2018

 

 CURSO

 ALUMNADO

 4º ED. iNFANTIL A  25
 4º ED. INFANTIL B  26
 5º ED. INFANTIL A  25
 5º ED. INFANTIL B  25
 6º ED. INFANTIL A  25
 6º ED. INFANTIL B  25
 1º ED. PRIMARIA  A  26
 1º ED. PRIMARIA  B  26
 2º ED. PRIMARIA  A  25
 2º ED. PRIMARIA  B  25
 2º ED. PRIMARIA  C  24
 3º ED. PRIMARIA  A  25
 3º ED. PRIMARIA  B  26
 4º ED. PRIMARIA  A  25
 4º ED: PRIMARIA  B  25
 5º ED. PRIMARIA  A  27
 5º ED. PRIMARIA  B  26
 6º ED. PRIMARIA  A  25
 6º ED. PRIMARIA  B  25
 TOTAL  480

Powered by Drupal - Design by artinet