2º Ciclo

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL

Estimadas familias de 4ºEP

No mes de setembro os tres futuros quintos pasarán a integrarse no Proxecto Edixgal. Levamos catro cursos traballando dentro deste proxecto cun alto grao de satisfacción. Algúns o coñecedes por ter fillos-as que pasaron por esta iniciativa. A maioría teredes dúbidas e preguntas que habitualmente as resolvíamos nunha reunión presencial no mes de xuño, que como comprendedes, esta vez non poderá ser posible. Intentaremos realizala no mes de setembro, pero mentres deixámosvos información a través dun folleto e un vídeo. Ata setembro non recibiran o portátil nin o acceso á plataforma, e tampouco tedes que facer ningunha xestión para participar no proxecto. Se precisades dalgunha aclaración, non dubidedes en poñeros en contacto co colexio a través do correo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal.

FOLLETO PARA FAMILIAS VIDEO EXPLICATIVO

MÁIS INFORMACIÓN.

O PAPAGAIO

Xornal para xente miúda. Pincha na imaxe para ler.

 

MARÍA REIMÓNDEZ NO COLE

Un día despois do Día Internacional do Libro Infantil tivemos a grande fortuna de compartir un tempo con María Reimóndez, unha escritora comprometida co mundo no que vivimos. Compartiu con nós, alumnado de 3º e 4º de Primaria un tempo no que falamos sobre o seu libro "O xeito das froitas". Un libro no que unha rapaza, Iris, a través das froitas vainos facendo percorrer e entender moitas cousas da vida. Un libro que mestura alegría, humor, ironía, tristura, realidade e moita imaxinación a un tempo. Un libro que nos animou a "dar vida a algunhas froitas, tamén".

Gustounos moito o libro e gustounos moito a visita de María.

Grazas!

MADAMAS E GALÁNS

 

Este ano dedicamos o Entroido a: “Madamas e Galáns”

 

As Madamas e os Galáns, foron frecuentes nos entroidos galegos; hoxe só se conservan nas parroquias de Santo Hadrián e Santa Cristina de Cobres, no Concello pontevedrés de Vilaboa.

A festa consiste nun baile que vai de casa en casa dos veciños recollendo doazóns para pagar os gastos da comparsa.

A danza é presidida polo “mordomo”, que dirixe o grupo, seguido polas parellas de madamas e galáns, que forman as parellas de “bonitos”, “as aldeas” e “as de branco”.

A comparsa empeza a facer o percorrido, casa por casa, o domingo de entroido, recollendo os donativos dos veciños. As parellas danzan pasodobres e muiñeiras ao son dos gaiteiros. Esta danza repítese os tres días de Entroido. O martes é o día grande e faise tamén “unha corrida do galo”. Para rematar lese o testamento do Entroido, onde se fai público o bo e o malo do acontecido no lugar ao longo do ano.

 

OS TRAXES

 

As madamas ían vestidas con varias enaguas, unha saia con moitos adornos, encaixes e volantes, unha blusa branca con encaixes e bordados e un chal. Sobre as roupas levan moitas xoias.

Os galáns vestían de pantalón e camisa branca e un chaleco negro con pequenos petos dos que penduraba a cadea dun reloxo antigo. Tamén levaban unha faixa azul ou vermella (hai quen cambia a faixa por mantóns de Manila) e un sombreiro de palla cunha cinta negra, da que penduraban outras cintas de cores.

As Plantas

 

Realizado Estefanía Rebollo, alumna do practicum II da UDC.

RECLAMACION

Sr Alcalde:

Somos os nenos e nenas de 4º de Primaria, do CEIP “Juan Fernández Latorre”. Fai  uns días fomos ao castro de Elviña e vimos algunhas  cousas que se poderían mellorar.

1º A herba está tan alta que non se ven os camiños, ademais pode destruír o Castro e é unha magoa, porque é moi bonito e ensínamos moitas cousas do noso pasado.

2º Non hai papeleiras e se tes algunha cousa que tirar e non hai papeleiras, pois… é un pouco incómodo. Un compañeiro noso estivo toda a visita cun pano de papel na man.

Polo que lle pedimos que corten a herba e poñan unhas papeleiras.

Atentamente o alumnado de 4º de Educación Primaria

 

A Coruña, 12 de xuño do 2017

 

Avaliación individualizada de 3ºEP

Convocouse para os días 30 e 31 de maio esta proba diagnóstica que afectará a todo o alumnado de terceiro de primaria. As competencias claves a avaliar serán a lingüística e a matemática. Son probas que non precisan de ningún tipo de preparación específica e que o resultado non ten repercusión nas notas do alumnado. O obxectivo é meramente diagnóstico.

Para o alumnado de 6ºEP non haberá probas este curso, xa que o noso colexio non foi seleccionado.

Powered by Drupal - Design by artinet