Igualdade

Contidos para promocionar a igualdade real entre homes e mulleres.

POLA IGUALDADE

O 25 de novembro nós tamén quixemos sumarnos a recordar o Día contra a Violencia de Xénero. Para iso enchemos un panel con "novas" positivas nas que homes e mulleres traballan en conxunto e son valorados por igual.

Tamén compuxemos un mural no que en dúas mans fomos escribindo accións e/ou actitudes ás que dicimos SI! porque favorecen a igualdade e outras ás que dicimos NON! por ser sexistas ou violentas.

 

 

"PRÍNCIPAS E PRINCESOS"

"Faise saber que se buscan príncipes rosas e princesas azuis!!...

Así comezou hoxe a animación de Pablísimo para falar da igualdade de xénero. A través de diferentes contos e historias axudou ao alumnado do 1º Ciclo a caer na conta de que pode haber príncipes, princesas ou princesos de calquera tipo e que todos e todas son igual de importantes.

Pasámolo de marabilla e para mostra, este vídeo da adaptación do conto "A princesa e o chícharo", no que tamén participou parte do alumnado formando unha orquestra moi especial.

DÍA DA BIBLIOTECA

Con motivo da celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, deixamos aquí un resumo dunha fermosa historia de Jeanette Winter, baseada nun feito real: "A bibliotecaria de Basora". De como o amor polos libros pode movernos para facer cousas extraordinarias.

 

 

Educando en igualdade: Resultados das enquisas

Dende o colexio e a plataforma veciñal PICUS estamos a traballar e implementar actividades que fomenten a igualdade. No pasado curso elaboramos unhas enquisas para o alumnado de 3º a 6º de primaria, nelas pretendíamos recoller un ábano de respostas sobre diferentes aspectos das súas relacións e como e con que instrumentos pasan os seus momentos de ocio. Os resultados os podedes consultar de forma gráfica e moi visual facendo clic na imaxe, que por certo é unha convocatoria para unha charla pública que se fai dende a plataforma PICUS para dar a coñecer os resultados e facer unha breve valoración e posterior reflexión.

BONITAS

Entendemos todos e todas o mesmo por "bonitas"? Fíxate neste libro e...

 

Powered by Drupal - Design by artinet