"PRÍNCIPAS E PRINCESOS" E "A PIRATA ESCARLATA"

"Faise saber que se buscan príncipes rosas e princesas azuis!!...

Así comezou hoxe a animación de Pablísimo para falar da igualdade de xénero. A través de diferentes contos e historias axudou ao alumnado do 1º Ciclo a caer na conta de que pode haber príncipes, princesas ou princesos de calquera tipo e que todos e todas son igual de importantes.

Pasámolo de marabilla e para mostra, este vídeo da adaptación do conto "A princesa e o chícharo", no que tamén participou parte do alumnado formando unha orquestra moi especial.

 

 

O día 26 de novembro tivemos un contacontos sobre a IGUALDADE DE XÉNERO. Contóunolo Marisa Irimia e isto é o que opinamos.

 

 

     

Powered by Drupal - Design by artinet