Ed. física

Masterclass de baloncesto

Hoxe, 22 de febrero do 2024, veu o pai de Claudia (unha alumna de 6ºB) a darnos unha clase de baloncesto. Entrena equipos de baloncesto dende hai case 30 anos, un auténtico apaixoado deste deporte.  Primeiro, deunos unha pequena charla sobre a historia do baloncesto, sobre o diferente tamaño do balón en diferentes edades, sobre a altura da canasta... Logo, nos dividimos entre grupos de 6, e fixemos entradas. Despois, probamos a tirar parando en un tempo, posicionandonos debaixo do balón.
A continuación, fixemos un 3x3, e dicir, 3 atacan e 3 defenden. Nos colocamos por filas, e tíñamos que correr ata a outra canasta e tocar a línea de
fondo, e despois xogar un pequeno partido.
Por último, o pai de Claudia regalounos uns llaveros de baloncesto (canastas, canchas, balóns de baloncesto...).
Despois de sacarnos unha foto con él, agradecímoslle cun forte aplauso a súa colaboración e regresamos para casa. Menuda xornada tan divertida! Moitas gracias!! (Claudia Codesido 6ºB)

Clase de sexto A con Javier, pai de Claudia Codesido, no patio de recreo.

Actividade de sensibilización

Poñéndonos na pel das persoas invidentes comprobamos aos grandes retos cos que enfrontan día a día, e a naturalidade con que o fan.  

Datchball 23

Segundo curso que ponemos en práctica está UD chea de motivación e dinamismo. O éxito está garantido.

UD ATLETISMO

Nun chuvioso día nas pistas de atletismo da UDC en Elviña, dimos por rematada a UD de iniciación ao atletismo cos 50 alumnos-as de 6ºEP. Fixemos modificacións nas probas previstas, pero as gañas e a ilusión por participar fixeron o resto. Bravo por eles e por elas!!

Coñecendo o deporte da esgrima

Durante tres días deste mes de outubro o mestre de EF e profesor de esgrima Antonio, amosou ao alumnado de 3ºEP a 6ºEP, as principais características deste deporte. O certo que a maioría desfrutaron moito con esta actividade, e algúns e algunhas continuarán participando na actividade extraescolar do centro. Finalmente agradecemos a Antonio a súa boa predisposición para realizar esta actividade.

UD Balonmán - Sport Education

Baixo a metodoloxía de educación deportiva realizamos esta derradeira UD coas tres aulas de sexto. Elección de capitáns, de xogadores-as, roles en cada equipo, adestramentos, equipacións, pancartas, trofeos... Un reto para amosar que o traballo en equipo e moito máis que xogar e gañar partidos. 

Xornada no Camiño

Outro curso e outro grupo de quinto que disfruta desta actividade no Camiño de Santiago. Unha ruta entre Furelos e Ribadiso, complementada este ano coa visita a Santiago de Compostela. Unha xornada completa de actividade en grupo con moita actividade física na natureza e tamén cultura e tradicións. Deixámosvos unha pequena mostra das vivencias da xornada.

Actividade náutica con sexto

Vela Sexto B y C de Pablo Rey

 

"Atlantico, parte de ti" é o nome da actividade de bautismo de mar no ámbito da vela que organiza por segundo ano consecutivo o Concello de A Coruña en colaboración cos clubes de vela da cidade. Nesta ocasión, foi o clube de vela de Oza o que recibíu na praia de Oza ao alumnado de sexto A. Fixemos vela en barcos optimist e tamén windsurf. Como veredes o pasaron xenial e o disfrutaron moito. O alumnado de B y C foron en maio á zona do Dique de Abrigo e tamén aprenderon a navegar a vela no seu bautismo de mar.

 

A toda vela!! de Pablo Rey

Powered by Drupal - Design by artinet