Ed. física

Día da Educación Física en María Pita

Neste 2023 quixemos recuperar a idea non realizada do ano da pandemia polo COVID. Realizamos unha complexa organización entre os seis centros participantes para xogar entre todos-as a catro deportes emerxentes e novedosos que comezan a introducirse no ensino dende hai poucos anos, son Kinball, Noqball, Datchball e Tag Rugby. Así os colexios de Victor López Seoane, Salesianos, San Pedro de Visma, Novo Mesoiro, Curros Enríquez e Juan Fdez Latorre conmemoramos o Día da EF na rúa, solicitando máis horas de EF nos colexios e máis e mellores instalacións deportivas na cidade. Agradecemos a colaboración ao COLEF- Galicia, ao CRAT Coruña e ao Concello de A Coruña.

 

Mandalas corporales

Por segundo ano consecutivo, e por iniciativa das mestras de cuarto, e xa que estaban a traballar as mandalas dentro da asignatura de plástica, intentamos realizar en educación física, diferentes propostas de mandalas animadas co corpo e outros elementos materiais do ximnasio para crear composicións que podedes visionar no seguinte vídeo, e onde veredes que o alumnado de cuarto conta cunha excelente coordinación, ritmo, creatividade e tamén paciencia.

 

Quiddicht con 4ºEP

Aproveitando sinerxias, invitamos aos integrantes do equipo dos DEMENTORES de Coruña, campións de España de quiddicht, a que intentasen ensinarnos como xogar a este deporte que ten as súas raices nas películas de Harry Potter. E vaia que aprendemos! e gustou ao alumnado de cuarto, e seguro que tamén o practicaremos con outros alumnos-as doutros cursos. Deixamos unha pequena mostra no seguinte vídeo e agradecemos aos DEMENTORES a súa labor de divulgación deste deporte e dun xeito desinteresado.

Datchball con 4ºEP

Un novo deporte, inventado por un mestre de Aragón, e que está entrando con forza nos coles de toda España pola súa boa acollida por mestres e alumnado. Por primeira vez implementado nas aulas do Fdez Latorre, e polo éxito acadado, seguro que chegou para quedarse. O alumnado de 4ºEP, disfrutou ao máximo na xornada final do torneo celebrado o venres 25 de novembro. Aquí queda constancia nas seguintes imaxes.

 

Mini Olimpiada 6ºEP 2022

Terminamos a UD de atletismo con 6ºEP, e como é habitual dende hai 10 anos o celebramos cunha xornada lúdica nas pistas de atletismo da Universidade de A Coruña, entidade coa que colaboramos dende hai moitos anos. Cansados pero contentos, así podemos definir como terminou todo o alumnado de 6ºEP.

 

No Xacobeo con 5ºEP

Un curso máis o alumnado de 5ºEP participou nesta actividade física e cultural, que ademáis este curso coincide co Xacobeo 22, razón pola que decidimos extraordinariamente chegar ata Santiago e visitar a Catedral. Semella que a actividade foi todo un éxito e o podedes comprobalo visionando o vídeo despois de facer clic na imaxe.

Día da EF na rúa

Despois de dous anos de parón pola pandemia, o pasado venres 29 de abril celebramos, xunto con outros cinco centros educativos, o Día da EF na rúa na Praza de María Pita. Trátase dunha actividade que se realiza en toda España e que pretende visibilizar a necesidade e importancia de aumentar as horas de educación física no ámbito educativo. O alumnado de sexto de primaria foi o encargado de realizar diferentes actividades durante as dúas horas que durou o acto.

Mandalas co alumnado de cuarto

Con esta actividade complementamos o traballo realizado en plástica polo alumnado de cuarto. Esperamos que vos agrade.

Xornada de promoción do balonmán

Neste mes de novembro de 2021 un entrenador do equipo feminino de balonmán Brigantium de A Coruña estivo promocionando, nunha clase de educación física, este deporte colectivo entre o alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria. Moitos deles desfrutaron da experiencia e amosaron o seu interese en probar nos adestramentos do equipo feminino os martes e xoves de seis a sete na polideportiva do San Fco. Xabier.

Xornadas de atletismo 2021

Tras o parón do pasado curso pola COVID, este ano retomamos unha das nosas tradicionáis actividades de educación física. O alumnado de sexto de primaria, en dúas xornadas, puso punto e final á unidade didáctica de atletismo deste primeiro trimestre. O tempo acompañou e puidemos desfrutar das actividades previstas, coñecendo e recoñecendo unha instalación real de atletismo como é o estadio de atletismo do campus universitario da UDC, a quen lles agradecemos a cesión dos espazos para  realización da actividade.

Powered by Drupal - Design by artinet