Ed. física

Almorzos con beizos brancos

É o nome da campaña que desenvolve a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias coa axuda da Obra Social La Caixa, e na que participamos co alumnado de 5ºEP, para continuar o traballo de aprendizaxe e concienciación do alumnado no ámbito das actividades e hábitos de vida saudables. Neste caso, o almorzo saúdable e con produtos da terra, foi o eixe da actividade. Despois dunha charla cunha nutricionista o alumnado puido degustar unha merenda-almorzo a base de leite, cacao, mel, pan, aceite de oliva e mandarinas.

Charlas saudables

A Asociación Española de loita contra o cancro colaborou con nós, impartindo unhas charlas para todo o alumnado de 5º e 6º de primaria, promocionando os hábitos de vida saudables, especialmente a actividade física e a alimentación.

Atletas por un día

Como cada ano, terminamos a UD de atletismo co alumnado de 6ºEP, realizando unha actividade nas pistas de atletismo da UDC, na que o alumnado pon en práctica o traballado nas últimas semanas nas clases de EF.

Actuación de malabares e cordas no Festival das Letras

Actuación preparada nas clases de Ed. Física de 4º de Primaria.


Encontro coa tradición en A Capela

Aquí tedes un resumo da actividade levada a cabo na Capela coa alumnado de 6ºEP. No vídeo utilizamos a técnica de chroma key, coa que estamos a traballar este curso, a proposta do EDLG.

Escola da Bici

A proposta de Stop Accidentes a asociación Escola da Bici impartíu un taller teórico e práctico sobre o uso axeitado das bicicletas e a súa promoción. Unha vez máis 6º de Primaria tivo a sorte de participar neste Taller do que amosamos algunhas imaxes.

Xornada de Atletismo

Un ano máis co alumnado de 6º, finalizamos a UD de atletismo con esta xornada lúdico deportiva no estadio de atletismo da UDC en Elviña.

Powered by Drupal - Design by artinet