Ed. física

Actividade de ciclismo

O 28 e 0 30 de abril disfrutamos na clase de educación física da presencia de Gonzalo Rabuñal, ex ciclista profesional galego, con participacións en moitas probas internacionais, entre as que destacan a Volta a España e o Giro de Italia.

Mostrounos aspectos de seguridade, técnicos, de vestimenta, curiosidades, en fin, un montón de cousas sobre o mundo do ciclismo.

SAÍDA A CAPELA

O xoves 23 de xaneiro, os alumnos/as de 2º A visitamos o CEIP Monasterio de Caaveiro na Capela. Xabier mestre de E. Fisica explicounos as actividades que iamos facer durante a mañá. Alumnos/as de 1º ciclo do colexio da Capela foron os encargados de dicirnos como tiñamos que facer nas distintas actividades. Fixemos  o recreo todos os  alumnos/as  e aproveitamos para coñecer outros xogos.

 

Campo a Través

Facede clic na imaxe para acceder á información das probas do día 30 de novembro.

Atletismo en pista

O 20 de novembro o alumnado de 6ºEP realizou unha xornada de atletismo nas pistas universitarias de Elviña, como colofón á unidade didáctica de atletismo na que traballamos dende o inicio de curso. A valoración foi moi positiva por parte de todos. Dende aquí agradecemos á Universidade da Coruña a cesión destas instalacións.

 

A visita dos xogadores do Basket Coruña

Aquí tedes un pequeno vídeo dos mellores momentos da visita que realizaron ao noso Centro o día 19 de novembro.

Actividade lúdica de judo

Os días 26 e 27 viñeron ao Colexio Alex e Juan profesores de judo que moitos xa coñecedes. Nesta ocasión a idea foi a de promocionar, unha vez máis, unha práctica deportiva que conta con moitos beneficios recoñecidos, e ademáis inculca importantes valores deportivos e sociais. O alumnado de 1º, 2º e 3º foi o obxectivo desta iniciativa. Continuaremos achegando a todos a posibilidade de coñecer diferentes disciplinas deportivas.

XOGOS POPULARES A CAPELA 4ºA

Este mércores 15 de maio, a clase de 4º A foi visitar o CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS, que está no CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO, A Capela.

Estivemos xogando e compartindo experiencias con Xabier, o seu mestre de E.F, e coa súa clase de 3º primaria, que fixeron de mestres e mestras estupendamente.

Aquí vai unha pequena mostra do ben que o pasamos e de todo ao que xogamos!!!!

 

CONCURSO DE GIMNASIA ARTÍSTICA 4º PRIMARIA

QUIERES VER NUESTRO CONCURSO DE GIMNASIA???

ENTRA EN EL BLOG:

"COSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA"

Powered by Drupal - Design by artinet