Ed. física

Campionato de balonmán 2018

Un curso máis, 50 alumnos de 6ºEP, agrupados en 6 equipos, 8 sesións de iniciación ao balonmán, 3 sesións de competicións en EF e a xornada final. Ano tras ano, un éxito de traballo colaborativo coa aprendizaxe do balonmán e as súas habilidades, como escusa.

Xogos con materias reciclados

O alumnado de 1º a 4º de primaria e o profesorado realizaron moitos dos xogos que vedes nas fotos, baixo a coordinación de Juan, o profe de EF. Unha actividade máis do Proxecto Deportivo do Centro.

 

Reparto de froita e leite

Como nos cursos pasados, continuamos co reparto de froita. Este curso foron dúas semanas seguidas para a froita. Segue a ser un éxito entre a maioría do alumnado, aída que temos que recoñecer que unha pequena parte todavía ofrece certa resistencia ao consumo habitual de froita e leite. Seguiremos favorecendo a implantación de medidas que  consoliden hábitos saudables de alimentación durante os recreos.

Día da Educación Física na rúa.

Por primeira vez participamos nesta conmemoración que se celebra o 25 de abril. Impulsada polo Colexio de Licenciados en Ed Física de España, pretende poñer en valor as actividades que se realizan nas aulas de educación física e reclamar máis horas semanais para potenciar a actividade física e os hábitos saudables. 

O Victor López Seoane, Curros Enrríquez, San Pedro de Visma, Juan Fdez. Latorre e Alfonso X el Sabio de Cambre realizamos unha actividade conxunta con exhibicións incluidas e terminando cun mosaico de rpaces co logo +EF. Todo un éxito, que agardamos se repita cada ano con maior participación.

GALERÍA FOTOGRÁFICA EN LA VOZ DE GALICIA

 

https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/escolares-coruneses-celebran-plaza-maria-pita-dia-educacion-fisica-calle/20180426001647371542.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/04/26/gimnasia/1285355.html

Valores no deporte

Dentro das actividades que promovemos no colexio para o fomento dunha vida saudable e activa, levamos a cabo a elaboración deste vídeo que conta coa colaboración do alumnado de 6ºEP, as familias, monitores e profesores, xa que cada quen tivo que grabar a súa participación elixindo a palabra que consideraba máis axeitada. O resultado é esta montaxe tan motivadora. A idea sacámola dun vídeo do CSD.

 

Actividade física e conciencia social

Onte, 4 de decembro de 2017, no colexio, os nenos de 5º de primaria puideron realizar unha actividade en educación física que levou a cabo Adrián Devesa, o noso profe de prácticas. Tratábase de meterse no corpo dunha persoa cega e as actividades que realizan. Nos fixemos dúas actividades: na primeira tivemos que tapar os ollos e facer grupos de tres, a actividade que tíñamos que facer tratábase de tirar unha pelota que dentro contiña uns cascabeis e tíñamos que escoitar e collela. A segunda tratrábase de taparnos os ollos e de ir con un bastón camiñando facendo un circuito sen axuda de ninguén. Foi unha moy boa experiencia!

Enma Buján Mouriño 5ºA.

Atletismo en INEF (novembro 2017)

El alumnado de sexto participamos, en las pistas de atletismo del INEF, en la actividad final de la unidad didáctica de atletismo. Al llegar las visitamos y hablamos de todas las partes que tiene una pista de atletismo. Después hicimos nuestra mini-olimpiada. Esta constaba de cinco pruebas: correr 40 metros lisos, hacer salto de longitud, hacer carreras de relevos de cuatro corredores, cada uno hacía 40 metros lisos, hacer lanzamiento de peso y por último correr 1.000 metros como prueba de resistencia. Sin duda que ahora sabemos bastante más del deporte del atletismo.

Alba Díaz 6ºA

 

Os de 5º facendo o Camiño

O luns 22 de maio foi a data elixida neste curso para realizar esta 12ª edición da actividade Ecolares no Camiño. Nesta ocasión Turismo de Melide quiso deixar constancia da nosa visita no seu espazo web.

Powered by Drupal - Design by artinet