Novas

CAMPACOLES NADAL

NON ESQUEZADES FACER A INSCRICIÓN ONLINE NO SEGUINTE ENLACE

fedapascoruna.org/inscripciones

 

 

COMEZO ACTIVIDADES

COMEZO ACTIVIDADES XANEIRO 2021

O vindeiro día 11 de Xaneiro está previsto o comezo das actividades. Pregamos ás familias a súa colaboración á hora de aplicar as normas e medidas de prevención ante a situación actual. A Continuación recordamos algunhas desas normas e os grupos de actividades cos accesos que correspondan:

As familias NON poderán acceder ó recinto. Tampouco na actividade de Patinaxe.

Se son usuarios de comedor e pasan directamente á actividade deben notificalo vía wass ou correo electrónico a ANPA

Haberá un monitor en cada un dos accesos previstos para as actividades que tomará a temperatura aos participantes antes da entrada ao recinto.

 

ENTRADAS:

 

INFANTIL (Porta de acceso: porta principal)

Xogos rítmicos (Luns e mércores)

Colorín colorado (Martes e xoves)

 

1º, 2º e 3º PRIMARIA (Porta de acceso: portal corredera  Avenida Concordia)

Patinaxe (Luns e venres) Os dous días no colexio.

Xenios (Martes e xoves)

Baloncesto (Martes e xoves)

 

4º, 5º e 6º PRIMARIA (Porta de acceso:porta Casanova de Eirís (gradas))

Escape Room (luns e mércores)

Patinaxe (Luns e venres) Os dous días no colexio.

Baloncesto (Martes e xoves)

 

A realización das actividades está suxeita aos posibles cambios nos protocolos vixentes pola evolución da pandemia.                                                        

CURSO 2019/2020

Bos días a todos! Xa estamos na conta atrás para

o comezo do curso 2019/2020, feliz despegue!!

  • Xa está aberto o prazo de inscrición do programa de conciliación CÓXEGAS

       que se desenvolverá no mes de SETEMBRO.(Máis información no apartado de actividades)

       Os interesados poderán anotarse na seguinte ligazón  https://forms.gle/ioajbL29PiKRHxjKA

  • O cadro das actividades anuais (outubro a maio) publicarase nos vindeiros días (pendente das confirmacións oficiais) e recibirédelo en papel nos primeiros días de colexio
  • No apartado de Comedor atoparedes o comunicado da empresa Jardanay para as familias solicitantes da beca comedor do Concello

Xornada para nais e pais: Educar en igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

 

Dirixímonos a vostedes para solicitarlles a súa colaboración na difusión, entre a comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias e profesorado, desta actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

 

Xuntamos o programa das xornadas. Tamén contaremos cun servizo de atención a menores  baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

 

Para intentar facilitar a asistencia ás familias, ó profesorado e o público en xeral, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).

 

A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312. Achegámoslle o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na nosa páxina web http://igualdade.xunta.es/

Agradecéndolle de antemán a súa colaboración, e agardando que lle dea a máxima difusión posible a esta información, envíolle un saúdo cordial.

 

Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade

Secretaria Xeral da Igualdade

Edif. Administrativo San Lázaro s/n.

15781  Santiago de Compostela

Festa Nadal 2018

FESTA NADAL 2018

CAMPACOLES NADAL

            CAMPACOLES NADAL 18/19

NOITE DE SAMAÍN 2018

¡¡NOITE DE SAMAÍN 2018!!

Powered by Drupal - Design by artinet