Os soños na Gaiola

LETRAS GALEGAS 2020

Xa están aquí as Letras Galegas. Aínda que o coronavirus non nos deixa celebralo no cole e de forma oficial vanse celebrar en outubro, desde o Equipo de Dinamización da Lingua poñen á nosa disposición un montón de actividades e recursos para render homenaxe a ese día. Entre todos e todas conseguimos unha boa homenaxe.

Moitísimas grazas por todo este traballo!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020!

A NOSA HOMENAXE ÁS LETRAS GALEGAS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa por facernos chegar toda esta manchea de palabras para poder elaborar esta presentación a modo de libro. Agora temos este “Tesouro” que serve para contribuír a enriquecer o noso vocabulario, recuperar palabras esquecidas dos nosos maiores para que non desaparezan e, por suposto, un recurso que poder utilizar nas aulas e actividades futuras que fagamos.

Temos que coidar unha lingua que nos diferenza, que nos representa e que nos fai sentir orgullosos.

Como sorpresa e agradecemento pola vosa participación, deixámosvos dous xogos sobre Ricardo Carvalho Calero para que xoguedes en familia.

 

Moi agradecidos por tanta colaboración!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS!

 

OUTRAS ACTIVIDADES

RICARDO CARVALHO CALERO PARA PEQUENOS

Anímaste a cubrir este cuestionario sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, RICARDO CARVALHO CALERO?

FELIZ DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR!

Neste Día do Libro, deixa voar a imaxinación. Mergúllate nun libro e voa! FELIZ DÍA DO LIBRO!

(Preme no recadro superior dereito.)

Accede a numerosos recursos:

LEO, LEO, QUE LES?

ATOPANDO TESOUROS

CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE

LECTURAS "LOQUELEO"                (Mirade que fai Violeta Monreal!)

CÓMICS

HISTORIA CON LIBROS (Deputación Provincial da Coruña)

NO DÍA DO LIBRO, SANTILLANA COMPARTE LECTURAS

A editorial Santillana pon á nosa disposición unha serie de recomendacións lectoras e de  curtos vídeos nos que diferentes autores len pequenos textos. Indican tamén días e horas nas que van ler outros. Para acceder só tedes que premer aquí: LOQUELEO

Feliz Día do Libro!

LEO LEO, QUE LES? 23 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Como cada ano, o 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro, lembrando a morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare.

Invitámosvos a que nos mandedes unha foto dun libro e unha pequena gravación dun fragmento dese libro lido por vós. Faremos unha mostra nesta páxina con todo o que mandedes.

Pedimos que participedes nenos, nenas e adultos da familia. Así poderemos responder á pregunta: "Leo, leo, que les?

Podedes dicirllo a outras persoas, a ver se se animan e que envíen as aportacións ao correo:

osonosnagaiola@gmail.com

(Para avanzar de páxina premede na frecha da dereita e para acceder á pantalla completa, picar nos tres puntiños da parte baixa da dereita e despois na dobre frecha.)

Graciñas.

E xa temos aportacións:

 

ATOPANDO TESOUROS

Neste tempo de quedar na casa, non podemos ir de viaxe por aí adiante. Pero si podemos converternos en piratas que percorren mares en busca de tesouros.

Aquí tes un mapa no que irás atopando eses tesouros que diferentes editoriais e plataformas poñen á nosa disposición de forma totalmente gratuita. Navegar polas historias e mergullarse nelas para vivir toda a súa maxia. Fai click nos botóns e xa verás.

Atréveste?

BAÍA EDICIÓNS: acceso gratuito a contos por idades (dous deles son de Cristina, a profe de Inglés do cole).

KALANDRAKA TV: un conto contado cada día (haino en castelán e en galego).

BRUÑO: acceso gratuito a varios contos.

XERAIS: acceso gratuito a varios contos de distinto nivel.

CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE: contos contados do colectivo Biblos Clube de Lectura.

PANDEMIA DE CONTOS: vídeo contos para diferentes idades (infantil, familiar e adulto) do colectivo NOGA narración oral galega.

CONTO DE BRUNO: vídeo conto de Bruno e a súa nai.

BIBLOTECAS PÚBLICAS. GALICIA LE: plataforma para lectura electrónica e/ou visionado de películas desde a casa.

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL. AXÚDASNOS A CONTAXIAR A LECTURA?

Como en anos anteriores, o 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Faise conmemorando a data de nacemento de Hans Christian Anderse, autor de numerosos contos infantís como "O Parruliño feo", "A princesa e o chícharo", "A Sereíña", "O soldadiño de chumbo" e moitos máis.

O obxectivo desta celebración é fomentar a lectura infantil e xuvenil a través dos moitos bos libros que hai destas etapas.

Cada ano, un país se encarga de elaborar o cartel e a mensaxe deste día. Este ano, foi Eslovenia, cunha mensaxe de Peter Svetinai, ilustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) facilítanos a traducción ao galego que fixo o escritor Héctor Cajaraville.

Desde o Equipo de Biblioteca queremos propoñervos que para axudar a facer medrar a maxia da lectura e contaxiala a todos e todas que temos que estar na casa, nos fagades chegar o seguinte:

- Unha foto ensinando a cuberta dun libro que vos guste moito.

- Un pequeno vídeo recomendando unha lectura (e ensinándoa, claro).

Esperamos as vosas achegas.

Apertas lectoras.

E... xa chegan voando recomendacións. Moitísimas grazas!!

Premede en cada neno/a que está na casa e veredes a súa  achega.

 

Premede abaixo á dereita (primeiro, nos puntiños e despois nas dúas frechiñas) para ver a pantalla completa.

Moi bo traballo!!


 

O MOUCHO ABURRIDO (PAULA CARBALLEIRA)

A xenial Paula Carballeira deléitanos contando un conto titulado "O moucho aburrido". Aquí o tedes para que gocedes con ela.

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

Este ano, a Real Academia Galega dedícalle a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas.

Como nos últimos anos, o Seminario Galán preparou un extenso traballo dedicado á vida e obra do autor homenaxeado neste día, con actividades para realizar en papel e no ordenador adaptadas a Educación infantil e todos os cursos de Educación primaria.

Aquí tedes todos os recursos nestas dúas imaxes interactivas para ir aprendendo moito sobre Ricardo Carvalho Calero. 

Sin-t-tulo

Ademais, no portal da Lingua Galega tedes moitos recursos:

Sin-t-tulo

Recomendarvos tamén esta páxina “Primavera das Letras” con diferentes recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:

Sin-t-tulo

Desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra comparten connosco un amplo proxecto pensado para alumnado desde os 3 ata os 12 anos relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2020:

portadawebpitas

E no blog de Aulas Galegas temos varios recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:

Sin-t-tulo

Powered by Drupal - Design by artinet