Os soños na Gaiola

O MOUCHO ABURRIDO (PAULA CARBALLEIRA)

A xenial Paula Carballeira deléitanos contando un conto titulado "O moucho aburrido". Aquí o tedes para que gocedes con ela.

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

Este ano, a Real Academia Galega dedícalle a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas.

Como nos últimos anos, o Seminario Galán preparou un extenso traballo dedicado á vida e obra do autor homenaxeado neste día, con actividades para realizar en papel e no ordenador adaptadas a Educación infantil e todos os cursos de Educación primaria.

Aquí tedes todos os recursos nestas dúas imaxes interactivas para ir aprendendo moito sobre Ricardo Carvalho Calero. 

Sin-t-tulo

Ademais, no portal da Lingua Galega tedes moitos recursos:

Sin-t-tulo

Recomendarvos tamén esta páxina “Primavera das Letras” con diferentes recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:

Sin-t-tulo

Desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra comparten connosco un amplo proxecto pensado para alumnado desde os 3 ata os 12 anos relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2020:

portadawebpitas

E no blog de Aulas Galegas temos varios recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:

Sin-t-tulo

ALGUÉN SE ANIMA A RECITAR?

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. Desde aquí invitámosvos a que gravedes  audios recitando algún pequeno poema (ou os escribades se preferides) e os enviedes ao correo "osonosnagaiola@gmail.com". Poñerémolos para que os demais poidan escoitalos. Non ten que ser hoxe. É mellor ir facéndoo pouco a pouco, cando atopemos algo que nos guste. Cando gravedes dicide primeiro o voso nome e curso. Despois o título do poema (se o ten) e a recitar!  A ver se se anima alguén!

 Pois aquí temos a primeira. Grazas, Lucas.  Recita un anaco do poema "Parejas" de Gloria Fuertes e propón un reto. Este Lucas!

(Se ao picar non vos deixa ver o vídeo, facede clic no recadro da parte superior dereita; aí non hai problema.)

 

Agora é Martina quen nos achega un fragmento de "La canción del pirata". Graciñas! Así dá gusto!

 

Eu tamén quero compartir un poema con vós. Aquí queda.

 

Bianca envíanos dúas poesías. Recítaas en rumano e como nós non o entendemos explicanos de que fala cada unha.

A primeira é sobre a chuvia, do seu son, do seu ritmo, de como cae sobre todas as cousas. Mirade que bonita!

A segunda poesía que nos manda Bianca fala dunha gatiña que está na finca da avoa. Supoñemos que estará moi feliz pola finca adiante.

 

 

Poema "O NENIÑO E O RATIÑO". Moi ben Marco. Grazas por envialo.

 

POEMAS DE 2º A

POEMAS CON NOMBRES 2º B

 

 

 

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o Día da Poesía, que se celebra o 21 de marzo, deixamos aquí un vídeo de Juan Carlos García Ramos e Antonio García Teijeiro, dous poetas, na canle KALANDRAKA TV.

Esperamos que vos guste!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

Con motivo da celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, deixamos aquí un resumo dunha fermosa historia de Jeanette Winter, baseada nun feito real: "A bibliotecaria de Basora". De como o amor polos libros pode movernos para facer cousas extraordinarias.

 

 

INVESTIGAMOS XOGOS NAS LETRAS GALEGAS

PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE

 

XOGO: ÁS ESCONDAS DUN CENCERRO

 

A MEIGA CHUCHONA

 

O RAPOSO, A BUBELA E A ABELLA

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Un ano máis non queremos deixar de lembrar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO neste 23 de abril. Que sería do mundo sen os libros? Un mundo sen libros sería un mundo sen vida.

Velaquí o díptico editado desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que a Asesoría de Bibliotecas Escolares pon á nosa disposición.

 

Achégase o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019.

 

Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre, quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida  a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

 

 

DÍA DO LIBRO INFANTIL

Un ano máis queremos lembrar o 2 de abril a Hans Christian Andersen, autor de numerosos contos infantís que naceu nese día. Desde 1967 esta data é conmemorada como DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL. 

Velaquí o fermoso material que desde Bibliotecas Escolares de Galicia poñen á nosa disposición. 

Grazas e Moi Feliz Día do Libro Infantil!

Coma en anos anteriores, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril,  data  de nacemento  de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2019 correspondeulle a Lituania.A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: Os libros fannos acougar.

GalixAsociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.

MOCHILAS EN SAÍDA!

Un ano máis, aproveitamos a celebración do Día da Biblioteca para poñer en marcha as 38 mochilas do noso Centro.

Mochilas cargadas de ilusión, novidades para compartir toda a familia.

Boa andaina!

                 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet