Os soños na Gaiola

A entrevista: Pablo Díaz e Olga Kirk.

O luns 20 de xuño de 2016, Pablo Díaz  eOlga Kirk acudiron ao centro a homenaxear a Manuel María, estiveron acompañados por nenos da A.C. Donaire e do colexio. Ademáis contamos coa presencia de Alberte Ansede, secretario da casa Museo Manuel María.

Antes da homenaxe os nenos e nenas de 6º de primaria fixéronlles unha pequena entrevista. En breve estará á vosa disposición a homenaxe a Manuel María. Mentres disfrutade da entrevista destes dous artistas cos que temos a sorte de poder contar.

 

PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA: ENQUISA SOBRE A NOSA BIBLIOTECA

Ola, rapaces e rapazas! Precisamos a vosa axuda para saber que pensades das actividades relacionadas coa Biblioteca do Colexio. Só así poderemos mellorar naquilo que sexa preciso. Grazas!

AS MOCHILAS VIAXEIRAS 2012-13

Como todos os anos, a nosa bruxiña preparou as mochilas viaxeiras para os nosos rapaces e rapazas e as súas familias. Representantes de todas as clases viñeron recollelas á biblio. Aquí vos deixamos as fotos da recollida das mochilas.

Día da Biblioteca

O luns 25 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión invitamos a Christian Magic, vello coñecido da escola, que fixo un espectáculo de maxia relacionado co fascinante mundo dos libros e as lembranzas dalgún deles cando él era neno.

Día da Biblioteca. Entrega de premios.

 GAÑADORES DO CONCURSO DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL:

1º Ciclo: Franco González 1ºB

2ºCiclo: Pablo Martínez 3º B

3º Ciclo Irene Cerqueiro

GAÑADORES DO CONCURSO DA PEGATINA:

1ºCiclo: Adrián Chans 1º B

2º Ciclo: Manuel Lijó 3º B

3º Ciclo Ariadna Mato 6ºA

   
   

PEGATINA GAÑADORA

Manuel María e os Soños na Gaiola

Unha das primeiras obras de Manuel María foi este libro de poemas, Os Soños na Gaiola, que da nome a nosa biblioteca.

Se queres máis información sobre o  libro e a obra deste gran autor galego preme no seguinte enlace:

Díptico dos soños na gaiola

Inauguramos a biblioteca

   

O pasado venres 6 de febreiro por fin inauguramos a biblioteca despois das reformas.

 Nova imaxen, máis libros, dvds, música, acceso a internet,... unha biblioteca para aprender e disfrutar. Grazas a todos os que o fixeches posible.

Ver Fotos

 

Powered by Drupal - Design by artinet