Secretaria

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 24-25

Entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2024-2025. A presentación pode realizarse tanto por vía telemática, como presencialmente na secretaría do noso colexio en horario de atención ao público. (Non é necesario solicitar cita previa). A continuación tedes toda a información actualizada necesaria para preparar e presentar as vosas solicitudes.

Xornada de Portas Abertas 2024

Como sabedes entre o 1 e 0 20 de marzo abrirase o prazo para solicitar praza escolar no vindeiro curso 2024-25. Por este motivo o luns 4 de marzo, ás 18h, estaremos a vosa disposición no colexio para que coñezades as nosas instalacións, e de paso, procuraremos resolver as vosas dúbidas sobre a escolarización e o proceso de admisión.

Proceso de admisión de alumnado para o curso 24/25

Dende o 15 de xaneiro actívase o procedemento de admisión de alumnado para colexios e institutos públicos e concertados. Nunha primeira fase corresponde facer a reserva de praza para os centros adscritos. No noso caso todo o alumnado de 6ºEP interesado en continuar estudos de secundaria no IES Monte das Moas (instituto ao que estamos adscritos) terá garantizada a praza sempre que realice o trámite de reserva de praza antes do 5 de febreiro, e o número de solicitudes non supere ás prazas ofertadas. (o colexio enviará documentación ás familias nos vindeiros días)

No caso de solicitude de prazas para 4ºEI (3 anos) ou para calquera outro curso, ou cambio de centro, o prazo será do 1 ao 20 de marzo. Para esta parte do proceso de admisión, publicaremos as vacantes e información e instruccións detalladas na segunda quincena de febreiro.

INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN - NORMATIVA LEGAL

Convocatoria de Fondolibros e axudas de material escolar

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de publicar a convocatoria anual para beneficiarse dos libros gratuitos en primaria, así como as axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2023-24. O prazo está aberto ata o 21 de xuño de 2023, e a presentación da solicitude pode ser presencial na secretaría do Colexio entregando os anexos I e II debidamente cumprimentados, ou ben presentando estes anexos-solicitude telemáticamente a través da aplicación Fondolibros ou en Chave 365.

Listaxes definitivas de admisión curso 23-24

Estimadas familias, informamos que dende o 15  de maio podedes consultar no taboleiro do colexio as listaxes definitivas de admitidos-as e non admitidos-as para o vindeiro curso 23-24. Para a vosa tranquilidade avisamos de que non varían respecto das provisionáis.

MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO: Lembrade que é imprescindible matricular no centro ao novo alumnado admitido, entre os días 20 e 30 de xuño. A documentación necesaria e horarios de atención ao público dispoñibles facendo clic na imaxe.

 

Solicitude de praza escolar para o curso 23-24

Entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2023-2024. A presentación pode realizarse tanto por vía telemática, como presencialmente na secretaría do noso colexio en horario de atención ao público. (Non é necesario solicitar cita previa). A continuación tedes toda a información actualizada necesaria para preparar e presentar as vosas solicitudes.

Portas abertas. Admisión de alumnado 23-24

Este ano retomamos a plena normalidade e polo tanto realizaremos a tradicional XORNADA DE PORTAS ABERTAS O VINDEIRO LUNS 6 DE MARZO ÁS 18,15H. Tamén poñemos a vosa disposición dúas presentacións de imaxes das instalacións do colexio, unha delas con fotos en 360º. Tamén un lip dub feito hai uns anos, pero que fai un divertido percorrido polo colexio. Por último contades cun tríptico e un documento de preguntas frecuentes que aportan moita información sobre o funcionamento, dependencias e persoal. 

Inicio do proceso de admisión 2023-24

A partires de hoxe 16 de xaneiro actívase este procedemento de admisión de alumnado para colexios e institutos. Nunha primeira fase corresponde facer a reserva de praza para os centros adscritos. No noso caso todo o alumnado de 6ºEP interesado en continuar estudios no IES Monte das Moas (instituto ao que estamos adscritos) terá garantizada a praza sempre que realice o trámite de reserva de praza antes do 6 de febreiro (o colexio enviará documentación ás familias nos vindeiros días) e o número de solicitudes non supere ás prazas ofertadas.

No caso de solicitude de prazas para 4ºEI ou calquera outro nivel ou cambio de centro, o prazo será do 1 ao 20 de marzo. Publicaremos vacantes e información e instruccións detalladas na segunda quincena de febreiro.

Resultados das eleccións ao Consello Escolar

Celebrada a votación o luns 28 de novembro de 2022 os representantes candidatos elixidos foron:

SECTOR PROFESORADO: Alfonso González López e Luis Seijas Penas

SECTOR FAMILIAS: Rubén Cuellas Vázquez e Ramiro Eduardo Maceira Martínez

Tamén aproveitamos esta ocasión para agradecer a súa implicación e participación ás representantes saíntes, que son as nais María García e Mónica Scandura, e as mestras Eva Fariñas e Ana Roca.

Powered by Drupal - Design by artinet