Secretaria

Becas comedor 2019-20

Dende o Concello de A Coruña trasládannos toda a información sobre esta convocatoria de becas para o vindeiro curso escolar. O prazo de solicitude é do 22 de abril ao 6 de maio, ámbolos dous días incluídos. Os impresos e solicitudes poderán obterse e tramitarse nos rexistros municipais, nos centros cívicos e na sede electrónica do Concello. Para ver toda a información detallada desta convocatoria facede clic na imaxe.

Listaxes provisionais do proceso de admisión 2019/20

O luns 8 de abril o consello escolar do centro foi informado do proceso de admisión de alumnado para o curso 19/20. Polo tanto a dirección do colexio fai públicas as seguintes listaxes provisionais de admitidos e non admitidos nos diferentes niveis. Informamos de que o prazo para presentar recurso a estas listaxes (con alegación xustificada de motivos), será ata o xoves 25 de abril, en horario de secretaría.

Terminado o periodo de reclamacións publicaremos a listaxe definitiva de admitidos. (sempre antes do 15 de maio). Nese momento, todas as solicitudes do alumnado que NON resultase admitido, enviarémolas á comisión de escolarización de A Coruña que procederá a asignar un colexio a todos-as eles antes do 20 de xuño, data na que se inicia o periodo de matrícula nos centros educativos de infantil e primaria.

Solicitudes presentadas

A continuación indicamos as solicitudes presentadas no proceso de admisión de alumnado 19/20.

CURSO VACANTES SOLICITUDES
4ºEI 50 72
5ºEI 0 2
6ºEI 1 3
1ºEP 0 3
2ºEP 0 2
3ºEP 2 2
4ºEP 0 1
5ºEP 0 1
6ºEP 0 0

Os solicitantes que non autorizaran o cruce de datos coa Axencia Tributaria teñen ata o 5 de abril para achegar documentación xustificativa. 

A publicación das listaxes provisionais de admitidos será, previsiblemente o martes 23 ou mércores 24 de abril. As listaxes definitivas antes do 15 de maio.

Admisión de alumnado 2019-20

A partir do venres 1 de marzo e ata o mércores 20 de marzo poderán presentarse as solicitudes de praza para o vindeiro curso na secretaría do centro. Así mesmo o trámite pode realizarse telemáticamente pola aplicación admisionalumnado. A continuación poñemos toda a información necesaria para este proceso a disposición dos interesados-as:

ADMISIÓN 2019-2020

Resultado das votacións

Este luns 26 de novembro tivo lugar a votación para elexir representantes de nais/pais e profesorado ao consello escolar do Colexio. Por parte das familias resultaron elexidas :

Por parte do profesorado:

  • Eva Fariñas
  • Ana Roca

Moitas gracias pola vosa participación.

Eleccións a representantes no consello escolar

Iniciamos o proceso electoral para renovar parcialmente aos representantes da comunidade educativa no consello escolar do colexio. Teremos que renovar dúas vacantes no sector de nais/pais e outras dúas no de profesorado. Ata o venres 16 podedes presentar a vosa candidatura na secretaría do centro. O 19 de novembro publicaremos as candidaturas presentadas e o luns 26 de novembro celebraremos a xornada electoral entre as 17h e as 20h. Agardamos a vosa colaboración e participación.

CIRCULAR SOBRE O PROCESO ELECTORAL PARA NAIS E PAIS.

Formación en primeiros auxilios para nais e pais

Dende o CFR Coruña (Centro de Formación e Recursos) siguen a programar actividades dirixidas exclusivamente para as familias. Nesta ocasión trátase dunhas xornadas de formación para a atención de urxencias sanitarias. Será os días 26, 27 e 28 de novembro en horario de 17,30h a 20,30h no mesmo CFR de Coruña. Para máis información facede clic na imaxe.

 

Elección de días non lectivos

O luns 15 de outubro o Consello Escolar ratificou a decisión do Claustro de elixir os días 2 de novembro de 2018 e 20 de maio de 2019 cono non lectivos. A elección destes dous días débese a que os dous días festivos locais que escolleu o Concello caen en días que non hai clases. Esta elección está consensuada cos centros da zona, especialmente co IES Monte das Moas.

Powered by Drupal - Design by artinet