Secretaria

Saídas complementarias

Xa temos planificadas as primeiras saídas para este trimestre. Podedes consultalas no menú Calendario de saídas, que actualizaremos continuamente ao longo do curso. 

Circular de inicio de curso

Comezou o curso con normalidade. Como noutras ocasións aproveitamos este primeiro día para enviar moita información ás familias. A circular da ANPA coas actividades e horarios, a axenda para o alumnado de Primaria, a folla de actualización de datos de matrícula e a primeira circular do curso con información relevante sovaliacións, periodos non lectivos ou un resumo das NOF.

 

IMPORTANTE: O día 2 de maio será día lectivo, xa que o Concello elixiu o 8 de marzo como festividade local, o que sumado ao 7 de outubro, completa os dous festivos que ao coincidir en días lectivos xa non permite que os colexios elixan ningún día adicional.

Adscrición do profesorado

No primeiro claustro do curso realizamos adscrición de todo o profesorado. Podedes consultar facendo clic nos rótulos.

TITORES-AS              ESPECIALISTAS

Listaxes Definitivas de Fondolibros

Finalmente, hoxe 5 de xullo publicamos as listaxes definitivas de beneficiarios de Fondolibros. Os beneficiarios de 4ºEP recibirán entre 4 e 6 libros que aparecen detallados nesta listaxe (facer clic na imaxe). Entregaremos estes libros ás familias o martes 6 de setembro na secretaría do Colexio.

Aviso: cambios no enderezo da web

A Conselleria de Educación notificounos que dende o 04 de xullo a dirección da web do centro terá o formato www.edu.xunta.gal/centros/NOME_DO_CENTRO, é dicir, só cambia o 'es' por 'gal'. Ademáis, de xeito temporal, os accesos a través da dirección www.edu.xunta.gal/centros/NOME_DO_CENTROcontinuarán operativos, para que non deixen de funcionar os enlaces ás webs dos centros desde os buscadores de Internet, favoritos dos usuarios, etc.

Listaxes provisionais de Fondolibros

No enlace podedes descargar a listaxe de admitidos cos libros que recibirán o alumnado de 4º no mes de setembro. Os que aparecen na listaxe e non teñen libros asignados, os terán no listado definitivo. Ata o venres 1 de xullo pódese reclamar. Antes do 8 de xullo publicaremos as listaxes definitivas.

Resultado de imagen de banco de libros

Prazo de matrícula

Dende o luns 20 de xuño e ata o xoves 30 de xuño estará aberto o prazo para formalizar a matrícula do alumnado de NOVO INGRESO para o vindeiro curso. A documentación necesaria será a seguinte:

  • FOLLA DE MATRÍCULA DEBIDAMENTE CUBERTA (ou recoller na conserxería)
  • ENQUISA DO USO DA LÍNGUA GALEGA (ou recoller na conserxería)
  • CATRO FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS OU CERTIFICADO MÉDICO
  •  PRAZO DE MATRÍCULA:  DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2016

  LUGAR: SECRETARÍA DO COLEXIO EN HORARIO DE MAÑÁ

 Lembramos que o mércores 29 de xuño ás 17h teremos unha importante reunión coas familias do futuro alumnado de 3 anos.

Libros de texto para o curso 2016/17

Facendo clic na imaxe podedes consultar a listaxe de libros oficial para o vindeiro curso.

Xa temos auxiliar administrativa!!

Pois con moita alegría e satisfacción podemos, agora sí, facer oficial que xa contamos cunha auxiliar administrativa no Colexio, Rut Ferreiro. Unha vella demanda dos centros educativos coma o noso, que finalmente foi atendida e dotada pola Consellería de Educación. Pronto aumentaremos os tempos de atención ás familias en secretaría e por suposto, resultará de gran axuda nas tarefas administrativas internas, que ata agora realizábamos o equipo directivo, e que nos permitirá centrarnos máis en aspectos pedagóxicos.

Axudas para libros, material e Fondo público de libros no curso 2016/17

Publicouse a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17. O prazo será ata o 23 de xuño na Secretaría do Centro. e presentando unha única solicitude. 

Nos seguintes enlaces pódese atopar información de interese desta convocatoria para o alumnado de Primaria no vindeiro curso.

 

Powered by Drupal - Design by artinet