Secretaria

Saídas no segundo trimestre

Iniciamos este 2º trimestre que terminará o 23 de marzo coa entrega dos boletíns correspondentes. De momento, xa podedes consultar as actividades complementarias que xa están confirmadas, facendop clic no seguinte enlace.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/taxonomy/term/17

Calendario de reunións

Presentamos os días e horario destas reunión. Observade que houbo un intercambio de horas o día 25 entre 4 e 5 anos e 5º e 6º de primaria, con relación ao que figura na circular de inicio de curso.

 

18 de setembro -16 h. - 3 anos e 1ºEP

18 de setembro -17 h -  3ºEP e 4ºEP

25 de setembro -16 h. - 5ºEP e 6ºEP

25 de setembro -17 h. - 2ºEP

25 de setembro -18 h.  - 4 anos e 5 anos

 

Empezan as clases do curso 2017-18

Este luns 11 de setembro iniciamos as clases do presente curso no horario habitual de 9 a 14h. ünicamente o alumnado de 3 anos terá un horario reducido para dar cumprimento ao periodo de adaptación, que durará dúas semanas.

Comezan tamén os servizos de madrugadores e comedor. 

En canto as actividades extraescolares, durante este mes de setembro, funcionará exclusivamente a proposta lúdica do Concello de conciliación, CÓXEGAS, cun horario entre as 16 e as 18h de luns a venres. A partir de outubro iniciaremos o resto das actividades.

 

Curso 2017-2018

Benvidos!!. Tras o descanso do verán, xa estamos preparando o inicio do curso. O día 1, venres informaremos nesta web dos novos titores e titoras. Estade atentos tamén, porque publicaremos as listaxes de material e os días e horas de entrega para infantil e 1º e 2º. Tamén outras novas, como o calendario, reunións cos titores, etc, as colgaremos neste espazo web. Tamén lembramos que as clases darán comezo o luns 11 de setembro ás 9h.

Dende o Equipo Directivo desexamos a todos-as un feliz curso.

Listaxes definitivas de Fondolibros

OS LIBROS DE 4ºEP, ENTREGARÉMOLOS A CADA RESPONSABLE DO/A BENEFICIARIO/A O 6 DE SETEMBRO NA SECRETARÍA.

AVISO: O LIBRO DE INGLÉS QUE ENTREGAREMOS AOS BENEFICIARIOS DE FONDOLIBROS É O QUE FIGURA NA LISTAXE OFICIAL DE LIBROS DO CENTRO. O ISBN QUE FIGURA NA LISTAXE DE FONDOLIBROS NON É CORRECTO.

TODO O ALUMNADO DE 3ºEP RECIBIRÁ OS LIBROS EN PRÉSTAMO O DÍA 11 DE SETEMBRO NAS AULAS. ÚNICAMENTE HAI QUE COMPRAR O ACTIVITY BOOK.

Axudas para libros de texto e material escolar:17/18

A Consellería de Educación ven de convocar as axudas para adquisición de libros de texto para o alumnado que cursará 1º e 2º de primaria. Na mesma convocatoria, e utilizando a mesma solicitude, tamén se accede ás axudas para comprar material escolar para calquera dos cursos de primaria, así como para optar ao Fondolibros (banco de libros solidario para o alumnado que curse 3º e 4º de primaria o vindeiro curso).

O alumnado de 5º e 6º de primaria utilizará un ano máis libros dixitáis dentro do proxecto Edixgal (gratuito para todos).

As solicitudes e documentación entréganse na secretaría do Colexio, e o prazo termina o venres 23 de xuño.

 

Admisión de alumnado 17/18: Listaxes definitivas

Hoxe, 12 de maio de 2017 publicamos as listaxes definitivas do proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2017-2018.

ADMITIDOS NON ADMITIDOS

Entre o 20 e o 30 de xuño, tedes que formalizar a matrícula na secretaría do Colexio, en caso contrario perderedes o dereito á praza obtida. Esta é a documentación necesaria:

  • FOLLA DE MATRÍCULA DEBIDAMENTE CUBERTA (ou recoller na conserxería)
  • ENQUISA DO USO DA LÍNGUA GALEGA (ou recoller na conserxería)
  • CATRO FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS OU CERTIFICADO MÉDICO
  •  PRAZO DE MATRÍCULA:  DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2016

  LUGAR: SECRETARÍA DO COLEXIO EN HORARIO DE MAÑÁ

 

Admisión de alumnado 17-18: Listaxes provisionais

Para ver as listaxes co alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso, basta con facer clic na imaxe. Lembrade que trátase dunhas listaxes provisionais, as definitivas publicarémolas antes do 15 de maio. Para terminar, informamos de que tedes cinco días para presentar calquera reclamación, por escrito e na secretaría do Colexio.

Solicitudes presentadas no proceso de admisión.

Terminado o prazo de presentación de solicitudes informamos aos interesados-as, do número presentado:

4º Ed. Inf. 52 solicitudes 
5º Ed. Inf. 4 solicitudes
6º Ed. Inf. 1 solicitude
1º Ed. Prim. 2 solicitudes
4º Ed. Prim 1 solicitude
5º Ed. Prim 2 solicitudes

Xa que hai máis demanda que prazas ofertadas, será necesario baremar escrupulosamente todas as solicitudes, polo que pedimos ás familias solicitantes que acheguen a documentación acreditativa dos criterios alegados. No caso da renda (se foi debidamente cuberta na solicitude) e o domicilio non será necesario, sempre e cando asinaran na solicitude a autorización para a verificación de datos por parte da Axencia Tributaria. Ata o 5 de abril poderanse presentar estes documentos na Secretaría do Colexio.

 Antes do 25 de abril publicaremos as listaxes provisionais de admitidos.

Admisión de alumnado 17-18

Dende o 1 de marzo na aplicación admisionalumnado, e dende o día 2 no Colexio, pódese solicitar praza para o vindeiro curso. Este prazo remata o día 20 de marzo. A continuación deixamos aquí toda a información relativa a este proceso:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet