Secretaria

Listaxes definitivas da admisión de alumnado

Finalizado o prazo de reclamacións e resoltas as solicitudes de alumnado con necesidade de apoio educativo, pasamos a publicar as listaxes definitivas de alumnado que solicitou praza para o curso 2015-16 (admitidos e non admitidos). Ante estas listaxes pódese recurrir cun recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación, no prazo dun mes a partir de hoxe 13 de maio.

 

O prazo para formalizar a matrícula das solicitudes admitidas será do 20 ao 30 de xuño na Secretaría do Colexio. Quen non formalice a matrícula dentro deste período, perderá o dereito á praza, en detrimento dos seguintes da listaxe.

Informamos tamén, de que a reunión coas familias do alumnado admitido de 4º de Infantil (3 anos) terá lugar o día 25 de xuño ás 17h no Salón de Actos do Colexio.

 

 

Listaxes provisionais de alumnado admitido no curso 2015-16

Rematado o proceso de revisión e valoración da documentación alegada nas diferentes solicitudes, pasamos a publicar as listaxes de solicitantes, admitidos e non admitidos, nos diferentes cursos.

3 anos 4 anos 5 anos
1º Primaria 3º Primaria 4º Primaria

 

Ata o mércores 29 de abril, pódense formular reclamacións na secretaría do Centro. Antes do 15 de maio publicaremos os listados definitivos, onde xa poderemos asignar as 50 prazas en 4º de Infantil, unha vez que a Comisión de Escolarización de A Coruña tome unha decisión sobre as solicitudes de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Solicitude de praza para o curso 2015-16

 A partires do luns 23 de febreiro as familias interesadas terán a súa disposición, na conserxería do Colexio, un sobre coa solicitude a cumprimentar e toda a información relacionada co proceso de admisión. Entre os días 2 e 23 de marzo poderase solicitar praza para o vindeiro curso, presentando a solicitude e demáis documentación na Secretaría do Centro.

Tamén podedes consultar toda a información a través dos diferentes enlaces que a continuación relacionamos:

- SOLICITUDE (anexo II) 

- INSTRUCCIÓNS E VACANTES

- PLANO DE ZONAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS

RELACIÓN DE RÚAS DO ÁMBITO DE INFLUENCIA DESTE COLEXIO

- HORARIO DE SECRETARÍA PARA ENTREGA DE SOLICITUDES

- O COLEXIO ASIGNARÁ UN PUNTO A TODAS AS SOLICITUDES QUE SOLICITEN EN PRIMEIRO LUGAR UN CENTRO PÚBLICO.

- A XORNADA DE PORTAS ABERTAS SERÁ O LUNS 9 DE MARZO ÁS 18H. 

- LEXISLACIÓN APLICABLE

 

Segundo Trimestre

Iniciamos 2015 e co novo ano chega o inicio do segundo trimestre. Esta parte central do curso chegará ata o 27 de marzo, día no que se entregarán as notas e comezarán as vacacións de Semana Santa. Pero antes quedan por diante moitos días de cole, coas súas rutinas e actividades complementarias, todas igual de necesarias; visitas, concertos, teatro, Día da Paz, Entroido, etc, etc.

Aproveitamos para deixar aquí o calendario de saídas deste trimestre.

Resultados das votacións para o Consello Escolar

Celebradas as eleccións de membros do Consello Escolar, detallamos os resultados finais.

Representantes de nais/pais elixidos:

  • Ana Paula Eitor Bandín - 21 votos
  • María García Estévez - 14 votos

Representantes do profesorado elixidos:

  • Benjamín Prieto Ballestín - 14 votos
  • Mª Azucena Dopico Viña - 8 votos

O luns 1 de decembro constituiremos o Consello Escolar cos novos membros e os que continúan. Moitas grazas a todos-as.

Implantación da LOMCE

Dende o inicio do presente curso implántase a LOMCE en 1º, 3º e 5º de Primaria, deixando para o curso 15/16 a extensión da nova Lei Educativa a toda a etapa de Primaria. Queremos deixar aquí ampla información, por un lado a circular informativa básica do Centro para as familias afectadas, e por outro un enlace a toda a documentación sobre a LOMCE que se atopa no portal educativo da Consellería.

Empezan as clases

Día 10 de setembro, primeiro día de escola para o alumnado no Fdez Latorre. Afortunadamente coas obras terminadas, o cal é de agradecer, algúns cambios lexislativos ( a entrada da LOMCE en 1º, 3º e 5º), novo profesorado, novo alumnado, novas familias, nova empresa de comedor, como vedes hai novidades, e sempre na procura da mellora global do funcionamento do Colexio.

Queremos deixaros aquí os seguintes documentos, que seguro serán do voso interese:

  1. Circular de inicio de curso
  2. Circular da ANPA
  3. Proposta de actividades extraescolares
  4. Menú de setembro do comedor

Powered by Drupal - Design by artinet