Secretaria

Implantación da LOMCE

Dende o inicio do presente curso implántase a LOMCE en 1º, 3º e 5º de Primaria, deixando para o curso 15/16 a extensión da nova Lei Educativa a toda a etapa de Primaria. Queremos deixar aquí ampla información, por un lado a circular informativa básica do Centro para as familias afectadas, e por outro un enlace a toda a documentación sobre a LOMCE que se atopa no portal educativo da Consellería.

Empezan as clases

Día 10 de setembro, primeiro día de escola para o alumnado no Fdez Latorre. Afortunadamente coas obras terminadas, o cal é de agradecer, algúns cambios lexislativos ( a entrada da LOMCE en 1º, 3º e 5º), novo profesorado, novo alumnado, novas familias, nova empresa de comedor, como vedes hai novidades, e sempre na procura da mellora global do funcionamento do Colexio.

Queremos deixaros aquí os seguintes documentos, que seguro serán do voso interese:

  1. Circular de inicio de curso
  2. Circular da ANPA
  3. Proposta de actividades extraescolares
  4. Menú de setembro do comedor

Axudas para libros de texto 2014-15

Ata o mércores 2 de xullo de 2014, pódense solicitar no Colexio as axudas económicas para mercar libros de texto para o vindeiro curso. Como novidade esta convocatoria establece a obrigatoriedade de comprar co vale, exclusivamente libros de texto, e ademáis entregalos en bo estado ao final de curso no Colexio. Podedes descargar aquí a circular, e na imaxe acceder a toda a información.

Axudas libros de texto

Listaxes definitivas de admitidos

Comunicamos a todos os interesados que, finalizado o prazo de reclamacións, procedemos a publicar as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2014-15. Estas listaxes non sufriron ningunha variación con respeto ás provisionais. Podedes consultalas aquí.

O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño na Secretaría do Colexio. Debedes entregar, entón:

  1. Folla de matrícula cuberta (a recoller no Centro)
  2. Catro fotos tamaño carné
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria
  4. Certificado médico ou fotocopia do libro de vacinas.

Admisión Alumnado 14-15: listaxes provisionais

O pasado luns 7 de abril, o Consello Escolar referendou as listaxes provisionais que a continuación publicamos. Agora ábrese un periodo - ata o 25 de abril- para que as familias disconformes co resultado poidan presentar recurso na Secretaría do Centro. Pasado este tempo publicaremos as listaxes definitivas, coas instruccións para o proceso de matrícula de novo alumnado.

Admisión de novo alumnado no curso 2014-15

Comunicámoslles as familias interesadas en matricular aos seus fillos-as neste Colexio que entre o 6 e o 20 de marzo de 2014 poderán entregar a solicitude de praza debidamente cuberta, na Secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Colexio, que teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación achegamos os seguintes documentos de interese para este proceso de admisión.

- SOLICITUDE (anexo II)

- INSTRUCCIÓNS E VACANTES

- PLANO DE ZONAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS

- RELACIÓN DE RÚAS DO ÁMBITO DE INFLUENCIA DESTE COLEXIO

- HORARIO DE SECRETARÍA PARA ENTREGA DE SOLICITUDES

- INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS

- INSTRUCCIÓNS DA XEFATURA TERRITORIAL DE EDUCACIÓN

- ORDE REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

 - O COLEXIO ASIGNARÁ UN PUNTO A TODAS AS SOLICITUDES QUE SOLICITEN EN PRIMEIRO LUGAR UN CENTRO PÚBLICO.

Comezan as clases de PROA

A partires do xoves 16 de xaneiro e ata o mes de xuño desenvolveremos no Colexio esta actividade de reforzo e apoio ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. As clases serán de luns a venres, con diferente horario segundo o grupo. O profesor contratado pola Consellería de Educación chámase Adrián, e coordinará o seu traballo cos diferentes titores-as e coa Xefa de Estudos. Estamos convencidos, que un curso máis, esta actividade será de gran axuda para o progreso do alumnado participante.

Powered by Drupal - Design by artinet