Proxecto educativo

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - P.E.C.

SINAIS DE IDENTIDADE.

 

Este Proxecto Educativo do CEIP “Juan Fernández Latorre” de A Coruña consensuado  conxuntamente polo Claustro e Consello Escolar. Amósase nel o ideal educativo, as liñas comúns de actuación dende o compromiso colectivo que supón a súa elaboración conxunta, discusión e consenso. Pretendemos que sexa un marco real de referencia flexible e aberto no que se desenvolverá a práctica docente na que ademais se especifican aspectos de organización e xestión intimamente relacionados co modelo de educación que se pretende impartir.

É un documento que pretendemos que recolla tamén unha das características específicas do noso colexio como son a escolarización preferente de alumnado motórico co que levamos traballando dende vai moitos anos, así como a atención á diversidade.

. ·        O MARCO: Cremos que é un marco real porque se elabora dende a observación, a reflexión e a análise da realidade do Centro en canto a tipoloxía de alumnado que recibe, coas súas características xerais pero atendendo de forma permanente ás específicas; ó perfil do profesorado que imparte docencia no Centro; ós medios físicos e materiais; á participación e implicación das familias e sobre todo do APA e as propostas participativas do barrio no que estamos encadrados.

 

·  O CENTRO COMO COLECTIVO: O compromiso colectivo supón a aceptación de cada un dos apartados por parte do profesorado quen adoitará  a súa metodoloxía e hábitos de traballo en prol de acadar os obxectivos educativos xerais e participar nas xuntanzas das diferentes comisións pedagóxicas e organizativas que se establecen en cada curso coa fin de garantir a continuidade e estabilidade dunha liña de acción e actuación deseñada e dar coherencia ó conxunto de múltiples actividades do centro.

 

·    UN CENTRO FLEXIBLE E ABERTO: Pretendemos que sexa  un documento flexible e aberto en canto que se poderá revisar e modificar no momento que os membros da comunidade educativa o consideren necesario ou que se suscite calquera tipo de problemática nalgún dos seus apartados. Ó tempo o colectivo a través, fundamentalmente, da Comisión de Coordinación Pedagóxica e do Dpto de Orientación, ó longo de todos os cursos vai revisando, analizando  ou incorporando algún capítulo que nos axuda a acadar un plan de acción global, organizado e actualizado.

 

·  PROMOCIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS: Tras a decisión de optar pola xornada continuada en horario de mañá consideramos imprescindibles a adopción de medidas para favorecer a utilización do centro para actividades complementarias, lúdicas e de formación. Así en colaboración co Concello e con outras entidades o centro oferta un proxecto de actividades extraescolares todos os días en horario de 16:00 a 19:00 horas que son atendidas por monitores e educadores especializados.

Asemade pensamos que o coñecemento do contorno e a necesidade de ofrecer ó noso alumnado diversas posibilidades e ofertas educativo formativas lévanos a favorecer as saídas do centro. Impúlsase a participación en diferentes programas e visitas de tipo musical, teatral, educación vial, educación medioambiental, museísticas…

 

CONTEXTUALIZACIÓN.

 

O CEIP “Juan Fernández Latorre” está ubicado no concello de A Coruña, no barrio do Castrillón-Urb. Soto, un barrio da contorna da cidade , cunha formación un tanto anárquica e algo desestructurada, con accesos en periodo de transformación.

No periodo 88 – 90 producese un forte impulso na creación de vivendas, e a Consellería de Educación accede á construcción do Colexio. Na primaveira do 1992, a Delegación Provincial autoriza ós alumnos da zona, desperdigados en diversos centros máis ou menos amplios, a que poidan reservar praza no que será o novo centro do Castrillón.

Posteriormente e por unha Orde do 19-02-93 e a proposta do Consello Escolar, ó centro asinaselle o actual nome de Juan Fernández Latorre, fundador do xornal “La Voz de Galicia” e alcalde do Concello de Santa Mª de Oza quen o integrou no Concello de A Coruña.

Na actualidade o barrio está de novo a experimentar un forte crecemento a nivel urbanístico e poboacional que o están a converter nunha das zonas cun importante fluxo de nenos/as en idade de escolarizar.

A infraestructura de servicios sociais na zona estase tamén a completar coa renovación e ampliación da Biblioteca Municipal e do Centro Social ademais da construcción de novas edificacións educativas e culturais no entorno próximo.

O perfil sociolóxico-cultural das familias que integran o centro así como as influencias e modelos lingüísticos das mesmas está recollido no documento PEC do centro e son froito de enquisas realizadas no seo das nosas familias.

Asemade existen enquisas realizadas para coñecer os niveis de intregración, coñecemento e satisfacción das familias, resultados os cais resultaron ampliamente satisfactorios para o conxunto da nosa comunidade educativa.

PLANS DO CENTRO. 

 - PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO (PEC)

- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL (PAT)

- PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

- PROXECTO LINGÜÍSTICO

- PLAN DE CONVIVENCIA

- REGULAMENTO DO COMEDOR

Powered by Drupal - Design by artinet