Actividades
MES DAS LETRAS GALEGAS
Celebramos o día das Letras Galegas con diferentes propostas educativas para o noso alumnado:
- Cintas de cores con mensaxes a prol da Lingua Galega e cos versos de Florencio Delgado Gurriarán.
Como ben di Fina Casalderrey no vídeo adxunto, Florencio escribía notas de amor a Galicia en papeliños nos que se amosa un poeta namorado da súa terra no exilio mexicano.
Por iso, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega lanzamos a proposta de escribir en cintas de cores mensaxes a prol da lingua galega e versos deste poeta, proposta á cal se sumaron a Escola Infantil Carricanta, a Asociación de Veciños IAR e a Biblioteca Municipal e o Centro Cívico do Castrillón.
Que colorido e alegre está o noso cole e o noso barrio!!! Sementando Galego!!!
- Xogos de corda coa poesía “Domadora de Serpes” de Florencio Delgado (Poesía musicada polo noso mestre de música Antonio Mandiá).
- En Educación Infantil celebramos tamén a Festa dos Maios.
Bailamos e cantamos ao redor dos Maios coa fermosa poesía “Aí vén o Maio” de Florencio Delgado Gurriarán.
Representamos dous tipos de Maios:
O maio tradicional, elaborado polo alumnado de 5 anos con fiúncho, xestas e moitas flores e o maio artístico, feito polo alumnado de 4 anos con elementos de refugallo (tapóns de plástico, rolos de papel hixiénico e caixas de ovos).
- Entrega de premios ao alumnado que participou na actividade de Contos Compartidos en familia. Parabéns!!!
-
CONTACONTOS EN FAMILIA na escola. Grazas familias por tanta colaboración!!!
-
Agasallamos ao alumnado co marcapáxinas do Seminario Galán personalizado co noso mural de Rosalía de Castro, feito por todo o alumnado do centro, posto que a pegada rosaliana arrinca en Florencio nas súas lecturas xuvenís.
-
E un adianto da revista da nosa escola:
- E se queredes ver se coñecedes algúns contos en galego... probade aquí. Seguro que acertades moitos!
Que pasedes un feliz Día das Letras Galegas!!!!
DÍA DAS ARTES GALEGAS
O noso colexio convértese nun museo a través da recreación de cadros do pintor galego Laxeiro por todo o alumnado, que sempre reivindicou a forma de pintar dos nenos e nenas.
No seguinte vídeo pódese admirar o marabilloso traballo realizado:
LETRAS GALEGAS 2022 – FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Florencio Delgado Gurriarán o Día das Letras Galegas.
Aquí iremos deixando diferentes recursos educativos para coñecer mellor a súa vida e obra. Recomendarvos:
- A páxina “Primavera das Letras”:
Premede na imaxe
- O portal da lingua galega:
Premede na imaxe
- Diferentes recursos do Seminario Galán:
Premede na imaxe.
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Para todas esas mulleres que foron, son e serán un referente na nosa vida con moito cariño esta homenaxe.
Grazas por estar presentes na nosa vida!!!
23 DE FEBREIRO: RECORDAMOS A ROSALÍA
Sumámonos a Proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro.
Baixo o lema #SementadePensamentos, todo o alumnado animouse a agasallar a Rosalía con pétalos de pensamentos con versos dos seus poemas.
E así nos quedou, que grandes artistas!!!
Ademais, para conmemorar este día, o alumnado de Educación Infantil sementou pensamentos, a flor favorita de Rosalía.
FELIZ DÍA!!!
MANDADIÑOS DO MECO!!!
Comeza a semana de Entroido co Meco e os seus mandadiños.
Este luns 21 todo vale con tal de tapar a testa!!!
Moi atent@s aos seguintes mandadiños.
Grazas pola vosa colaboración familias!!!
Recoñecemento da RAG
A Real Academia da Língua Galega ven de recoñecer e valorar, de xeito extraordinario, o traballo desenvolto no colexio en prol da língua galega, especialmente o realizado sobre Xela Arias, autora homenaxeada no 2021. Dende aquí felicitamos ao integrantes do Equipo de Dinamización do centro, en especial a súa coordinadora Bea Doval. Tamén queremos agradecer ás familias as vosas colaboracións nas diferentes propostas realizadas.