Actividades
E TEMPO DE MAGOSTO!!!
Este curso non podemos celebrar a tradicional festa do Magosto como o viñamos facendo, pero queremos que sigades aprendendo e divertíndovos!!!
Aquí tedes xogos, unha unidade didáctica, lecturas recomendadas e cancións para que esta tradición non se perda.
SAMAÍN VIRTUAL 2020
Tal e como está o panorama dos últimos tempos, pedimos axuda as nosas queridas Meigas do Castrillón para que co seu conxuro nos ceiben desta pandemia: CORONAVIRUS FÓRA!!!
Grazas Meigas por facer que o noso Samaín sexa especial!!!
E aquí tedes un pequeno vídeo do acendido das cabazas, que cada aula tallou e decorou, porque o noso alumnado non podía quedar sen esta noite máxica, aínda que sexa dunha maneira virtual…
Preme na imaxe
E aquí unha super exposición virtual de cabazas. Grazas familias pola vosa participación!!
Bo Samaín a tod@s!!
CONTACONTOS DE SAMAÍN EN FAMILIA
Imos pasalo de meeeeedooooo!!!
Grazas familias pola vosa colaboración!!!
PROPOSTA DE ACTIVIDADES SAMAÍN 2020
Aquí vos deixamos un resumo das diferentes iniciativas que levaremos a cabo para celebrar a festividade de Samaín.
Grazas a todos pola vosa colaboración!!!
A NOSA HOMENAXE ÁS LETRAS GALEGAS
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa por facernos chegar toda esta manchea de palabras para poder elaborar esta presentación a modo de libro. Agora temos este “Tesouro” que serve para contribuír a enriquecer o noso vocabulario, recuperar palabras esquecidas dos nosos maiores para que non desaparezan e, por suposto, un recurso que poder utilizar nas aulas e actividades futuras que fagamos.
Temos que coidar unha lingua que nos diferenza, que nos representa e que nos fai sentir orgullosos.
Como sorpresa e agradecemento pola vosa participación, deixámosvos dous xogos sobre Ricardo Carvalho Calero para que xoguedes en familia.
Moi agradecidos por tanta colaboración!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS!
OUTRAS ACTIVIDADES (LETRAS GALEGAS 2020)
Outras actividades levadas a cabo nesta semana, porque non hai nada que nos pare!!
- Dramatización do conto “As pitas baixo a choiva” (alumnado 5 anos).
- As nosas historias na nosa lingua (alumnado 1ºA)
- Cuestionario para pequenos Ricardo Carvalho Calero
- Os xogos tradicionais.
- Libro 3ºA "Palabras de nove letras".
- Libro 3ºB "Palabras de nove letras".
- Conto por teléfono (alumnado 3ºA).
- Debuxos do conto “As pitas baixo a choiva” (alumnado 3ºB).
- Mensaxe das “Meigas do Castrillón” polas Letras Galegas.
E recordade que aquí tedes información e diferentes actividades interactivas para seguir aprendendo moito sobre o noso homenaxeado das Letras Galegas.
ARGALLANDO COUSIÑAS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos propoñervos con motivo da Celebración do Día das Letras Galegas esta proposta:
Convidámosvos a todos (alumnado, profesorado e familias) a participar nesta celebración. Animádevos!!!
Tamén deixamos esta canción “Fálame” de Paco Nogueiras como motivación a esta proposta.
Premede no arquivo adxunto para escoitala. Esperamos que vos guste!!!
LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO
Este ano, a Real Academia Galega dedícalle a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas.
Como nos últimos anos, o Seminario Galán preparou un extenso traballo dedicado á vida e obra do autor homenaxeado neste día, con actividades para realizar en papel e no ordenador adaptadas a Educación infantil e todos os cursos de Educación primaria.
Aquí tedes todos os recursos nestas dúas imaxes interactivas para ir aprendendo moito sobre Ricardo Carvalho Calero.
Ademais, no portal da Lingua Galega tedes moitos recursos:
Recomendarvos tamén esta páxina “Primavera das Letras” con diferentes recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:
Desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra comparten connosco un amplo proxecto pensado para alumnado desde os 3 ata os 12 anos relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2020:
E no blog de Aulas Galegas temos varios recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »