Actividades
RECLAMACION
Sr Alcalde:
Somos os nenos e nenas de 4º de Primaria, do CEIP “Juan Fernández Latorre”. Fai uns días fomos ao castro de Elviña e vimos algunhas cousas que se poderían mellorar.
1º A herba está tan alta que non se ven os camiños, ademais pode destruír o Castro e é unha magoa, porque é moi bonito e ensínamos moitas cousas do noso pasado.
2º Non hai papeleiras e se tes algunha cousa que tirar e non hai papeleiras, pois… é un pouco incómodo. Un compañeiro noso estivo toda a visita cun pano de papel na man.
Polo que lle pedimos que corten a herba e poñan unhas papeleiras.
Atentamente o alumnado de 4º de Educación Primaria
A Coruña, 12 de xuño do 2017
Letras Galegas 2017
CARLOS CASARES
1941-2002
…Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verde mar. Ademais non di cacaracá, senón cocorocó. E isto ten moi preocupadas as autoridades.
A Galiña azul
ACTIVIDADE INTERACTIVA PARA 1º E 2ºEP | ACTIVIDADE INTERACTIVA PARA 3º E 4º EP |
Visitounos Chinto
Este venres 24 de marzo, o alumnado de 3º e 4ºEP disfrutou da visita do escritor Chinto (Pinto e Chinto). No vídeo podedes ver unha entrevista realizada por dous alumnnos.
Gañadores contos compartidos 2016
Este ano presentáronse ao concurso un total de 27 traballos, estes foron os gañadores que recibiron os seus agasallos no Festival das Letras Galegas 2016.
Vera Otero Sánchez e a súa nai Mary Infantil 5 anos B
Laura Sobrino Galego e a súa nai Lucía. 1º A
María Aguión Lamas e Marta Lamas Castro. 2º B
Enara e a súa nai Annabel 3ºB
Eduardo Barros Escudero e Mónica Barros Grela de 4º A
Daniel Seara Cortés e a súa nai Ángeles Cortés Mouriño de 5º A
Encontros con autores: Érica Esmorís
Érica tivo un encontro cos alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Juan Fernández Latorre. Como xa é habitual, aquí tendes a entrevista dentro da serie de encontros con autores deste curso 2015/16
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »