Actividades

Homenaxe a Rosalía de Castro

Un traballo realizado polo Equipo de Dinamización da Língua Galega do colexio en colaboración co alumnado e profesorado. 

UN ENTROIDO CON MOITA MARCHA!!!

Foi este venres soleado do 21 de febreiro cando os 489 alumnos-as do colexio acompañados do profesorado e as familias demostraron todo o seu poderío. Aquí no seguinte vídeo e galería de imaxes podedes ver unha boa selección dos mellores momentos. Norabóa!!

 

ALBUM DE FOTOS

POLA IGUALDADE

Para lembrar que o 25 de novembro é o Día Contra a Violencia de Xénero,  compuxemos un mural no que en dúas mans fomos escribindo accións e/ou actitudes ás que dicimos SI! porque favorecen a igualdade e outras ás que dicimos NON! por ser sexistas ou violentas.

Día da Biblioteca - Mochilas viaxeiras e Chapas

24 de outubro Día das Bibliotecas, e no colexio aproveitamos para o reparto das mochilas viaxeiras, unha actividade de animación á lectura para disfrutar en familia. Dúas mochilas por curso con diferentes libros e un caderno para pensar en voz alta.

Un traballo do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Língua Galega. Parabéns!!

INVESTIGAMOS XOGOS NAS LETRAS GALEGAS

PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE

 

XOGO: ÁS ESCONDAS DUN CENCERRO

 

A MEIGA CHUCHONA

 

O RAPOSO, A BUBELA E A ABELLA

Conmemoramos o Día das Letras Galegas

Xornada de xogos tradicionais, onde os maiores ensinaron e axudaron aos máis pequenos na recuperación de xogos de sempre. Logo entrega de diplomas e premios para alumnado e familias participantes nos contos compartidos.

Powered by Drupal - Design by artinet