1º Ciclo

Circular sobre o préstamo de libros para 3ºEP.

Estimadas familias de 2ºEP

Quero comunicarvos que o vindeiro curso, o alumnado de 3ºEP non poderá beneficiarse ao 100% do banco de libros Colexio-ANPA, tal e como o fixeron en cursos anteriores. Isto débese a que serán tres grupos en  terceiro, e o banco está dotado para abastecer a un máximo de dous grupos por curso. Como director non vexo factible unha inversión para ampliar o banco de libros para un único ano. Polo tanto, animo a todas as familias de 2ºEP, a que solicitudes a axuda de Fondolibros, para así poder acceder ao banco de libros de 3º cos criterios que establece a convocatoria oficial. Posteriormente publicaremos a listaxe das familias que se beneficiarán do banco de libros, indicando os libros que recibiredes. Lóxicamente os libros no alcanzarán para cubrir todas as solicitudes, e as familias que non sexan beneficiarias deberán adquirilos pola súa conta.

Sen outro particular, quedo a vosa disposición para calquera dúbida ou aclaración.

A Coruña, 31 de maio de 2018.

 

                                                                                                                                O Director

ILUSTRACIÓNS DAS LETRAS GALEGAS 2018

Para homenaxear de xeito especial a Mª Victoria Moreno, no cole ilustramos fragmentos de distintos libros dela. Traballamos  textos de "Eu conto, ti cantas", "Mar adiante" e "O cataventos" e con todos eles fixemos unha pequena exposición na entrada do Centro.

Aquí tedes o resultado.

 

A Saúde

 

Feito por Marta Vilela, alumna do Practicun II da UDC.

MACEDONIA

Para rematar a cuarta SEMANA DA FROITA as nenas e nenos de 2º degustamos unha rica macedonia.

 

SUEÑOS DE ARENA

As nenas e nenos do 1º ciclo asistimos ao espectáculo de arte con area, música en directo, marionetas e pintura rápida que presentou no Forum Borja González, da compañía "Ytuquepintas". Co movemento das súas mans e area, sobre un cristal, proxectou historias moi bonitas nunha pantalla. Pareceunos moi difícil de facer e aplaudímoslle moito cando rematou.

 

CONCERTO PEDRO E O LOBO

Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo asistimos ao concerto didáctico "Pedro e o lobo". O quinteto INVENTO interpretou unha adaptación do conto musical do compositor ruso Sergei Prokofiev. Esta obra une a palabra, a música e a imaxe para que os nenos e nenas poidamos entender a música clásica. Un narrador contou a historia e o quinteto interpretou a cada personaxe cun instrumento de vento: frauta, oboe, clarinete, fagot e trompa.

Para rematar o concerto os músicos fixeron un experimento: cambiaron  o instrumento que interpretaba a cada personaxe pero soaban mellor como os pensou Prokofiev. Estivemos moi atentos e gustounos moito.

 

Powered by Drupal - Design by artinet