Actividades
ENTREGA DE PREMIOS
Hoxe, venres 21, realizamos a entrega de agasallos para o alumnado e familias participantes nas diferentes actividades: Contos de medo, Contos en familia e Concurso de Contos compartidos.
Grazas familias polo esforzo e ilusión que poñedes nestas actividades!!!
MES DAS LETRAS GALEGAS
O vindeiro 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e, como cada ano por estas datas, celebrámolo realizando diferentes propostas educativas co noso alumnado.
-
Velaquí un Audio-Conto feito polo alumnado de Primaria sobre o libro inédito “Non te amola!” de Xela Arias publicado pola editorial Galaxia e ilustrado por Luz Beloso. Desexamos que vos guste!!!!
-
Xela Arias estivo comprometida dende sempre coas causas ecoloxistas, non dubidou en poñer a súa voz e a tinta para defender o medio ambiente, por iso como homenaxe o alumnado de Educación infantil elaborou este fermoso mural con material de refugallo. Premede na imaxe para ver un pequeno vídeo onde nos contan algunha cousiña desta escritora.
-
Contacontos en familia
Que ben o pasamos nas sesións de contacontos, aínda que teñan que ser de maneira virtual.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!!
- Por medio destes xogos podedes coñecer moitas cousas sobre esta escritora. Animádesvos a xogar?
-
E para non parar de bailar,propoñémosvos unha viaxe polos versos de Xela da man da Banda da Loba, grupo de música galega.
Tamén Samuel Soto compón esta peza coa vida e obra de Xela.
E outra canción do poema “Ningún coma ti” do seu libro “Darío a diario” interpretado por Carlos García Casás e con ilustracións de Alejandra e Carlota Díaz García.
A bailar!!!
-
Os libros sóbense a cabeza, dando a cara polo galego. Moitas grazas familias!!!
-
Almanaque do mes de Maio con recomendacións lectoras por parte do alumnado de libros en galego.
LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS
Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Xela Arias o Día das Letras Galegas.
Aquí iremos deixando diferentes recursos educativos para coñecer mellor a súa vida e obra. Recomendarvos:
-
A páxina “Primavera das Letras”.
Premede na imaxe.
-
O portal da lingua galega.
Premede na imaxe.
-
Diferentes recursos do Seminario Galán.
Premede na imaxe.
- Unidade M+C (muller e ciencia) de Galicia.
Premede na imaxe.
- Especial Letras Galegas 2021 (Aulas Galegas):
Premede na imaxe.
ROSAS A ROSALÍA
Homenaxeamos a Rosalía de Castro cun agasallo moi especial: 24 rosas cos seus poemas das 24 aulas do noso centro, para recordar o 24 de febreiro, a esta escritora e muller que tanto fixo pola nosa Lingua.
FELIZ DÍA!!!
Venres de Mecos e mandadiños
Este ano faltou o noso tradicional festival, que agardamos recuperar no vindeiro curso. Mentres os deixamos imaxes de todos os grupos co Meco, celebrando este venres de Entroido no colexio.
A RAG premia ao colexio
A Real Academia Galega da Língua Galega ven de conceder ao noso centro un dos tres premios convocados no concurso "Contádenos o voso día das Letras Galegas". Como explica a RAG na súa web "exemplo do gran labor do profesorado e das familias durante o confinamento para facer realidade a celebración das Letras Galegas. Entre outras propostas, o alumnado de 5 anos gravou dende a casa unha dramatización do devandito relato, inspirado na infancia do autor e moi empregado nas aulas do alumnado de infantil o do primeiro ciclo de primaria de toda Galicia pola súa idoneidade para estas etapas. O equipo de dinamización lingüística tamén se implicou de cheo na celebración e preparou dous xogos sobre Carballo Calero, baseados no xogo da ruleta e nos birlos".
Parabéns a todas e todos os que participáchedes dun xeito ou outro, especialmente ao EDLG do colexio por poñer a iniciativa e a proposta en marcha.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »