MES DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e, como cada ano por estas datas, celebrámolo realizando diferentes propostas educativas co noso alumnado.

  • Velaquí un Audio-Conto feito polo alumnado de Primaria sobre o libro inédito “Non te amola!” de Xela Arias publicado pola editorial Galaxia e ilustrado por Luz Beloso. Desexamos que vos guste!!!!

  • Xela Arias estivo comprometida dende sempre coas causas ecoloxistas, non dubidou en poñer a súa voz  e a tinta para defender o medio ambiente, por iso como homenaxe o alumnado de Educación infantil elaborou este fermoso mural con material de refugallo. Premede na imaxe para ver un pequeno vídeo onde nos contan algunha cousiña desta escritora.

IMG-4694

 

  • Contacontos en familia

Que ben o pasamos nas sesións de contacontos, aínda que teñan que ser de maneira virtual.

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!!

  • Por medio destes xogos podedes coñecer moitas cousas sobre esta escritora. Animádesvos a xogar?

QUE-SABEDES-DE-XELA-ARIAS

 

BIOGRAF-A

  

INFANTIL

  

A-FRAGA

 

A-TRADUCI-N

 

OS-HOMES-DE-MANTEIGA

 

UN-CONTO

  • E para non parar de bailar,propoñémosvos unha viaxe polos versos de Xela da man da Banda da Loba, grupo de música galega.

Sin-t-tulo

  

inten

Tamén Samuel Soto compón esta peza coa vida e obra de Xela.

canci-n

  

dar

E outra canción do poema “Ningún coma ti” do seu libro “Darío a diario” interpretado por Carlos García Casás e con ilustracións de Alejandra e Carlota Díaz García.

dario

A bailar!!!

  • Os libros sóbense a cabeza, dando a cara polo galego. Moitas grazas familias!!! 

  • Almanaque do mes de Maio con recomendacións lectoras por parte do alumnado de libros en galego.

  • Marcapáxinas

MARCAXELALATORRE-P-gina-1

MARCAXELALATORRE-P-gina-2

  • E aquí tedes un adianto da revista da nosa escola.



Agardamos que pasedes un Feliz día das Letras Galegas!!!


Powered by Drupal - Design by artinet