Taboleiro

Simulacro

Este venres 5 de outubro realizamos o simulacro anual de evacuación do edificio. Nesta ocasión baixo a supervisión da empresa especializada Gesplan que ademáis axudounos a introducir un elemento que fixo máis real e creible o simulacro, o fume. A evacuación foi realizada con éxito en 4 minutos e 30 segundos, e non rexistramos ningún incidente.

Rúas coruñesas con nome de muller

O 8 de marzo é o día internacional da muller traballadora, no CEIP Juan Fernández Latorre consideramos que todo o ano debemos recoñecer ese traballo, por iso dende o EDLG do Colexio propuxemos a realización dun traballo interdisciplinar ao longo do curso.

Agora que xa rematamos, mostramos un recompilatorio de todo o traballo, lembrar que os nenos e nenas do laciño vermello xa vós ensinaron o seu traballo con motivo das Letras Galegas.

Agora tedes á vosa disposición o resto de traballos neste video.

Gracias a todas ás mulleres traballadoras do noso rueiro e, en especial, ás da nosa comunidade educativa.

Disfrutade das vindeiras vacacións de verán que ben merecedes un descanso.

Homenaxe a Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o festival das Letras Galegas no colexio, os nenos e nenas do laciño vermello adicandelle este pequeno video en homenaxe a Rosalía, a escritora que iniciou o rexurdimento das nosas letras.

Lembramos que un 17 de maio foi publicado o seu libro Cantares Gallegos.

 

Letras Galegas 2016

O vindeiro 17 de maio celebramos o día das nosas letras, festividade na que podemos comprobar que as nosas letras están vivas todo o ano.

Desde o EDLG do CEIP Juan Fernández Latorre propoñemos unha serie de actividades para traballar ao longo do ano a nosa lingua, tanto a nivel oral como escrito. (Contos en familia, contos compartidos, canle de youtube para divulgar os nosos traballos, actividades interactivas elaboradas polo profesorado e polo noso alumnado...)

Este ano 2016 o autor homenaxeado é o polifacético Manuel María.

Aqui vos deixamos unha escolma dos traballos realizados e diferentes páxinas web onde podedes atopar recursos didácticos e información sobre Manuel María.

Homenaxe Manuel María

 Os soños da gaiola polos nenos e nenas de 5ºA na nosa canle.  Homenaxe a Manuel María nenos e nenas 3º primaria na nosa canle.
 Edilim Manuel maría seminario galán 
 Actividade interactiva alumnado 3ºA.  Seminario Galán do CEIP Galán de Arteixo.
 cas museo Manuel María Coordinadora galega EDLG
 
 Casa Museo Manuel María.  Monográfico Letras Galegas 2016. Coordinadora galega EDLG.
 Telexornal sobre Manuel María  O portal da lingua
 Telexornal sobre Manuel María do CPI dos Rices-Rois.  O portal da lingua. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
   
   

 

 

Simulacro de evacuación

O mércores 29 de abril realizamos, como está establecido anualmente, o simulacro de evacuación do Colexio. Destacamos unha vez máis, o escaso tempo que foi necesario, 3 minutos e coarenta segundos. 

Destacamos ao alumnado - 475 -, que realizou a evacuación do edificio seguindo as normas establecidas, colaborando co profesorado na correcta realización desta actividade.

Implantación da LOMCE

Dende o inicio do presente curso implántase a LOMCE en 1º, 3º e 5º de Primaria, deixando para o curso 15/16 a extensión da nova Lei Educativa a toda a etapa de Primaria. Queremos deixar aquí ampla información, por un lado a circular informativa básica do Centro para as familias afectadas, e por outro un enlace a toda a documentación sobre a LOMCE que se atopa no portal educativo da Consellería.

Formación en Primeiros Auxilios

Este luns 15 de abril o profesorado do Centro e as nais do ANPA tivemos a oportunidade de asistir a unha pequena xornada de actualización e formación no ámbito das emerxencias, impartida por AGATE (Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias) . A primeira parte da charla abordamos o xeito de atender urxencias derivadas de alerxias alimentarias, diabetes e ataques epilépticos. Na segunda parte realizamos prácticas de RCP (reanimación cardio-pulmonar), atendendo as dferencias entre lactantes, nenos e adultos. Dende aquí agradecemos á directiva da ANPA as xestións realizadas para a celebración desta actividade formativa, e como non, á colaboración desinteresada dos técnicos de emerxencias.



 


 


 


 


 

Powered by Drupal - Design by artinet