Dpto. de Orientación

Semana de sensibilización

Nesta primeira semana de decembro de 2015 realizamos diferentes actividades co alumnado para  achegarlles o día a día das persoas coas que convivimos, e que teñen algunha discapacidade. Nesta ocasión contamos con dúas accións diferenciadas; por unha banda a Fundación Abrente desenvolveu a actividade do Proxecto ENKI que patrocina a Fund. María José Jove relacionada co deporte adaptado, dirixida ao alumnado de 6ºEP. Por outra banda a especialista en linguaxe de signos, Ana Espinosa, realizou actividades de contacontos para infantil, 1º e 2º. Agardecémoslles dende aquí a implicación e o esforzo desinteresado nestas actividades.

Enquisas sobre a convivencia

No marco de mellora da convivencia escolar nos centros educativos galegos realízase unha recollida de datos masiva que ten por obxecto detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que foran necesarias para establecer o novo Plan de Convivencia en cada colexio.

Para isto, todos os membros da comunidade educativa(alumnado de 5º e 6º, profesorado, familias e persoal de administración e servizos) terán a oportunidade de participar nesta masiva recollida de datos, a través dos formularios correspondentes e utilizando a clave aleatoria que contén a folla recibida no Colexio. Tedes ata o 30 de novembro e podedes acceder facendo clic na imaxe de abaixo.

Grazas pola participación e colaboración.

Gracias Mercedes

 

Tras 38 anos de traballo como mestra e orientadora, Mercedes acaba de poñer punto e final a súa traxectoria profesional na docencia. Queremos aproveitar para agradecer públicamente o seu traballo neste Colexio, recordando, ademáis, que era a única profesional en activo das que inauguraron o Colexio en 1992. Desexámoslle unha merecida xubilación chea de saúde e felicidade. Moitas gracias COMPAÑEIRA!! e moitos parabéns.

 

Puxémonos no seu lugar

Para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade, este curso decidimos realizar unha actividade na que o alumnado tivo a oportunidade de experimentar coas sensacións, e sobre todo limitacións das persoas con discapacidade visual, motriz ou da linguaxe. Todos, dende 3 anos a 6º de Primaria   realizaron un circuito axudados polos propios compañeiros. Esta actividade, un curso máis, organizouna o Equipo de Dinamización da Convivencia do Colexio, coa colaboración dos profes de educación física.

Semana da Interculturalidade

 Durante esta semana, derradeira de maio, celebramos a Semana da Interculturalidade. Trátase de facer visible ante o alumnado a existencia de  compañeiros de diferentes nacionalidades e culturas, poñendo en valor as súas tradicións, música, xogos, comida, etc. Actividades que van dende a elaboración dun mural conmemorativo, pasando por contacontos na biblioteca o venres, exposición de libros sobre a diversidade das diferentes culturas no mundo, xogos do mundo o xoves, actuación dun grupo africano o mércores, así como outras actividades a desenvolver nas aulas coa axuda do departamento de Orientación, promotor desta actividade.

Presentación "Paises do Cole"

Bandeiras

Concienciados nas discapacidades

Este curso adicamos a conmemoración anual con motivo do Día Mundial das Persoas con Discapacidade a aquelas que teñen limitada a súa capacidade visual. Todo o alumnado de primaria e algúns de infantil tiveron a oportunidade de realizar un circuito cos ollos vendados, poñendose así, por uns instantes, na pel das persoas con discapacidade visual.

 

ORIENTACIÓNS A PAIS E NAIS PARA FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE

No seguintes documento podedes ver unhas pequenas orientacións para estimular a linguaxe nos primeiros anos.


 

TÉCNICAS DE ESTUDO

Para estudar mellor existen diferentes técnicas.


Deixamos unha páxina web para estudar mellor e obter bos resultados.



 

Funcións do Departamento de Orientación

¿QUÉ É O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN? 


             É un servicio que forma parte da actividade educativa co fin de asesorar ó alumnado, ás familias e ó profesorado.


  ¿QUENES O FORMAN? 


             -A xefa do Departamento (orientadora).


             -Profesorado de Pedagoxía Terapéutica.


             -Profesorado de Audición e Linguaxe.


             -Os/as coordinadores/as de ciclo.


    ¿QUÉ SERVICIOS PRESTA? 


a)      Valora-las necesidades educativas do alumnado e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.  


b)      Elabora-las propostas (según as directrices da Comisión pedagóxica) :


-        do Plan de Orientación


-        do Plan de acción titorial


Coordina-lo profesorado e dar soporte técnico para o desenrolo destes plans.


c)      Participar na elaboración dos proxectos educativo e curricular.


 


Incidindo :


-        Nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención


ó alumnado con necesidades educativas especiais.


-        Nos principios de avaliación formativa.


-        Nos criterios de promoción.  


d)      Deseñar accións encamiñadas a :


 


  -   atención temperá.


 


 - prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe do alumnado.


 


             Derivadas de:


 


   - condicións desfavorables


 


   - ou altas capacidades (sobredotación).           


 


       e) Participar:


 


                                        -  Na avaliación psicopedagóxica


 


  - Deseño e desenvolvemento de medidas de atención a diversidade.


 


 


                f)  Facilitarlle ó alumnado apoio e asesoramento para enfronta-los momentos


 


                    máis decisivos ou de maior dificultade.


 


-        ingreso no centro


 


-        cambio de ciclo ou etapa


 


-        resolución de conflictos de relación interpersonal


 


 


g)    Impulsa-la participación do profesorado en Programas de:


 


-   investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a:


 


-   hábitos de traballo intelectual


 


                                       -   programas de encinar a pensar


 


                                   -   habilidades sociais


 


            -   técnicas de dinámica de grupos...


 


                   h)   Promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no


 


             proceso educativo dos seus fillos/as:


 


-        estimulación da motivación e intereses.


 


-        Adquisición de hábitos de hixiene e autonomía


 


-        Desenvolvemento motriz e da linguaxe.


 


-        Relacións interpersonais


 


-        Aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado.

Powered by Drupal - Design by artinet