INSTRUCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (2-4-20)

   

Instrucións do Departamento de Orientación para o período de confinamento

    Como xa se indicou nunha nota anterior nesta mesma páxina o servizo de orientación do centro continúa plenamente operativo coas limitacións lóxicas das actuacións presenciais. Segundo se vaian producindo novidades  en canto a instrucións de orde superior se adecuaría o que resultase necesario.

   Con esta nota, xúntase un documento anexo no que se explican con máis detalle as actuacións e a relación do departamento de orientación cos diferentes sectores da  comunidade educativa durante este período non presencial: alumnado, profesorado, familias e axentes externos.

   En calquera caso, o profesorado de apoio está dispoñible para adecuar a súa atención e axuda en función de cada caso, cada necesidade, tendo en conta as demandas da persoa titora, coa coordinación, se é preciso, do xefe do departamento de orientación.     

   En relación ás familias, sen posibilidade de citas presenciais, é posible facelo a través do correo electrónico do centro ou do teléfono (se está operativo); mesmo a través do profesorado titor, se é o caso. Desde aí será derivada a demanda ó orientador, que se poñería en contacto con esa persoa ou persoas para atender a petición na medida en que sexa pertinente e posible.

     Independentemente da atención directa de casos e consultas, durante este tempo, procurarase  deixar nesta páxina ou no blog persoal, algunha recomendación, reflexións ou enlace a asuntos de interese relacionados co ámbito da educación e o desenvolvemento.

    Polo tanto, a atención, o seguimento e a actividade continúan no marco das instrucións xerais e dos medios de que dispoñamos.

    Ánimo e un saúdo á toda a comunidade educativa do noso centro!

 

                                                                                                     A Coruña, 2 de abril de 2020

                                                                                         Luis Seijas Penas

                                                                                                                      Xefe do Departamento de Orientación

AdxuntoTamaño
INSTRUCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA O PERÍODO DE CONFINAMENTO-1.pdf290.12 KB

Powered by Drupal - Design by artinet