Actividades
23 DE FEBREIRO: RECORDAMOS A ROSALÍA
Sumámonos a Proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro.
Baixo o lema #SementadePensamentos, todo o alumnado animouse a agasallar a Rosalía con pétalos de pensamentos con versos dos seus poemas.
E así nos quedou, que grandes artistas!!!
Ademais, para conmemorar este día, o alumnado de Educación Infantil sementou pensamentos, a flor favorita de Rosalía.
FELIZ DÍA!!!
MANDADIÑOS DO MECO!!!
Comeza a semana de Entroido co Meco e os seus mandadiños.
Este luns 21 todo vale con tal de tapar a testa!!!
Moi atent@s aos seguintes mandadiños.
Grazas pola vosa colaboración familias!!!
Recoñecemento da RAG
A Real Academia da Língua Galega ven de recoñecer e valorar, de xeito extraordinario, o traballo desenvolto no colexio en prol da língua galega, especialmente o realizado sobre Xela Arias, autora homenaxeada no 2021. Dende aquí felicitamos ao integrantes do Equipo de Dinamización do centro, en especial a súa coordinadora Bea Doval. Tamén queremos agradecer ás familias as vosas colaboracións nas diferentes propostas realizadas.
FELIZ NADAL!
Queridas familias:coa tarxeta gañadora deste curso...
Queremos desexarvos unhas festas
cheas de bos momentos
e desexos feitos realidade.
BO NADAL
e PRÓSPERO ANINOVO!!!
EDUCANDO EN IGUALDADE
Queremos compartir con todas e todos vós unha pequena montaxe das actividades levadas a cabo con motivo do "Día Internacional contra a violencia de xénero". Porque nós berramos non a violencia á violencia, e ti?
O alumnado de infantil foi o encargado de curar con vendas cheas de amor todas as palabras feas que rompen o corazón en pedaciños.
E o alumnado de Primaria deseñou un cartel cun lema de rexeitamento da violencia de xénero en apoio da igualdade, e que utilizaremos para ilustrar o calendario escolar do próximo curso. Porque queremos 365 días de respecto e igualdade!!!
Aquí tedes un exemplo (evidentemente terá modificacións nalgúns días cando sexa publicada a orde do calendario escolar do vindeiro curso).
E dende o Equipo de Biblioteca fixeron unha selección de lecturas a prol da igualdade e contra a violencia:
Convidamos a todos aqueles familiares que así o desexen a realizar algunha das lecturas seleccionadas para a ocasión, convertendo así a igualdade nun obxectivo común e compartido de toda a comunidade educativa.
CHEGOU O SAMAÍN
Aquí tedes un pequeno vídeo da exposición de cabazas en cada aula, e do seu acendido.
Pasámolo de medo!!!
Moitas grazas familias pola vosa implicación tanto nesta actividade como na de contos de medo!!!
Bo Samaín!!!
CONCURSO ADHESIVOS DE SAMAÍN PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Tras a votación de todo o Claustro de Profesores, o debuxo seleccionado para facer o adhesivo de Samaín co que agasallamos a todo o alumnado foi o de Vera, do Laciño Vermello.
Parabéns Vera!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »