EDUCANDO EN IGUALDADE

Queremos compartir con todas e todos vós unha pequena montaxe das actividades levadas a cabo con motivo do "Día Internacional contra a violencia de xénero". Porque nós berramos non a violencia á violencia, e ti?

O alumnado de infantil foi o encargado de curar con vendas cheas de amor todas as palabras feas que rompen o corazón en pedaciños.

E o alumnado de Primaria deseñou un cartel cun lema de rexeitamento da violencia de xénero en apoio da igualdade, e que utilizaremos para ilustrar o calendario escolar do próximo curso. Porque queremos 365 días de respecto e igualdade!!!

Aquí tedes un exemplo (evidentemente terá modificacións nalgúns días cando sexa publicada a orde do calendario escolar do vindeiro curso).

Calendario-22-23-1

E dende o Equipo de Biblioteca fixeron unha selección de lecturas a prol da igualdade e contra a violencia:

Convidamos a todos aqueles familiares que así o desexen a realizar algunha das lecturas seleccionadas para a ocasión, convertendo así a igualdade nun obxectivo común e compartido de toda a comunidade educativa.

Powered by Drupal - Design by artinet