Actividades

PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Parabéns! Somos un dos tres colexios galegos premiados pola  Real Academia Galega como recoñecemento do traballo realizado para celebrar o Día das Letras Galegas.

                   

Deixamos aquí ligazóns da páxina da RAG e tamén dun xornal da nosa cidade que se fixo eco da nova.

Felicitamos os colexios de Cangas e de Lourenzá tamén premiados e damos as grazas a toda a Comunidade Educativa, especialmente ao Equipo de Dinamización da Lingua e á súa coordinadora naquel momento, Bea, polo traballo tan ben feito e de xeito colaborativo implicando a todo o alumnado e profesorado.

Parabéns para todos e todas nós!

PREMIOS NA RAG

NOVA NO XORNAL "EL IDEAL GALLEGO"

NOVA NO XORNAL DA CORUÑA

MES DAS LETRAS GALEGAS

  • Este curso quixemos celebrar o día das Letras Galegas coa actividade “Espallando as Letras polo barrio”.

Estimados-comerciante1-copia

O noso alumnado copiou, ilustrou e gravouse lendo textos de Francisco Fernández del Riego para poder dar con eles unha sorpresa á veciñanza do barrio.

Se escaneades os códigos QR podedes escoitalos.

Agardamos que as persoas que reciban este agasallo nos distintos comercios e entidades do barrio lles faga moita ilusión, pois está feito con moito agarimo polo alumnado do noso colexio. 

Nesta presentación deixamos fotos do noso alumnado repartindo as bolsiñas cos textos:

Grazas os comerciantes e entidades de proximidade por colaborar nesta iniciativa!!!

  • Entrega de premios ao alumnado que participou na actividade de Contos Compartidos en familia. Parabéns!!!

IMG-9745

1-CICLO-2

IMG-9776

IMG-9743

  • Contacontos en familia na escola. Grazas familias por tanta colaboración!!!

  • Agasallamos ao alumnado con marcapáxinas e díptico do Seminario Galán do que formamos parte.

marcapaginas-2023

  • E aquí tedes a nosa revista escolar con algunhas das noticias acontecidas este curso, esperamos que vos guste moito!!!

Que pasedes un feliz Día das Letras Galegas!!!!

LETRAS GALEGAS 2023 – FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas.

Aquí tedes diferentes recursos educativos para coñecer mellor a súa vida e obra. Recomendarvos:

  • A páxina do Seminario Galán, con gran variedade de xogos interactivos, actividades en papel, escolma de textos...

Sin-t-tulo-2

  • A páxina “Primavera das Letras”:

Sin-t-tulo-2

Destacar este fermoso filme “A orixe da nosa lingua guapa” producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea de Fina Casalderrey.

E a canción do libro-disco LINGUA GUAPA, Cantos que Contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, publicado pola Editorial Galaxia.


  • O Portal da Lingua Galega:

Sin-t-tulo-3

DÍA DAS ARTES GALEGAS

Con motivo da conmemoración do Día das Artes Galegas (1 de abril), aquí tedes distintos recursos para dar a coñecer entre o alumnado a figura e o legado do autor homenaxeado este ano, o trobador Martín Códax. 

O traballo inclúe unha unidade didáctica e varias actividades interactivas en formato Genially.

 

 
P-ginas-desde-UD-MART-N-C-DAX

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Velaquí o traballo de todo o alumnado do cole para conmemorar o Día de Rosalía de Castro e o 8 de Marzo, e que seguro vos sacará máis dun sorriso. Sementando Galego!!! 

BOLBORETAS-MENSAXEIRAS-POR-ROSAL-A-E-O-8-M

Rosalia1-P-gina-1

Rosalia2-P-gina-1

 Preme nas imaxes

UNIDADE DIDÁCTICA DÍA DA PAZ 2023

Achégase de novo o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia e poñemos á vosa disposición esta unidade didáctica para que vos axude no voso traballo.

Podedes visualizala coma nun libro e se queredes descargala ou realizar algunhas actividades interactivas (premendo nas ligazóns que aparecen nalgunhas páxinas), só tedes que premer AQUÍ.

 

CONTACONTOS DE MEDO EN FAMILIA

Grazas familias por compartir con nós estes contos para pasalo de medo.

Agradecémosvos moitísimo o voso esforzo, ilusión e colaboración!!!

Powered by Drupal - Design by artinet