Actividades

E por fin, a festa do SAMAÍN

Un curso máis temos que calificar a Festa de Samaín de extraordinaria. Polas cabazas increiblemente decoradas, polos disfraces, polo número de participantes e pola implicación e colaboración de todas e todos. Grazas!!

Aquí tedes duas presentacións, a primeira adicada ás cabazas decoradas e a segunda que amosa aos participantes ben caracterizados. Norabóa!!

Contos Terroríficos

Nestes días de celebración do Samaín na escola, introducimos esta actividade na que implicamos unha vez máis as familias. E unha vez máis encontrámonos desbordados, tanto pola cantidade de propostas imaxinativas, como pola calidade dos contacontos e a ilusión que poñedes na actividade. Grazas familias!!

A casa do tío Nicanor. Pirilampo, libro-cd Lucecús.

A editorial Galaxia na súa coleción Sonárbore, ven de publicar en youtube a colaboración que os nenos e nenas de infantil 5 anos fixeron co grupo Pirilampo no seu disco Lucecús co tema "A casa so tío Nicanor"

Desfrutade!

 

O noso primeiro Lip Dub

Para poñer o broche de ouro á Semana das Letras Galegas, e despois de catro ensaios, por fin o venres 29 de maio fixemos a grabación do lip dub que promoveu o Equipo de Dinamización da Língua Galega do Colexio. Como veredes un traballo absolutamente entusiasta e colectivo de alumnado e profesorado. E todo coa canción "En galego, meu o mundo é", de Paco Nogueiras, do seu libro-disco: Brinca Vai!

 

Intercambio lingüístico e cultural.

O pasado 19 de maio os nenos e nenas de 4º de primaria do colexio realizamos a excursión de fin de ciclo, aproveitamos para facer un  roteiro pola costa da morte na compaña do alumnado de 4º de primaria do CEIP Labarta Pose de Baio.

Foi un xornado moi divertida na que fixemos un intercambio lingüístico e cultural, todos aportamos algo e recibimos algo.

A experiencia foi moi positiva, aqui tendes un pequeno video co transcurrir da xornada.

 

A moneca de Xosé Filgueira Valverde no CEIP Juan Fernández Latorre por Icía Díaz Kirk

A moneca é un texto de Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2015. O noso mestre de música: Antonio Mandía adaptou o texto e musicouno para que a alumna de 5º de primarria Icía a interpretará no festival das letras do colexio. Desfrutadea!

 

Festival das Letras Galegas

Celebrámolo o luns 25 de maio no Salón de Actos do Colexio. Realizamos dous festivais, o primeiro para os máis pequenos e o segundo para o resto. queremos agradecer a todos os participantes a implicación e o empeño posto para as diferentes actuacións; alumnado e profesorado.

Semana das Letras Galegas

Entre o luns 18 e o venres 22 de maio deste 2015 celebramos unha semana especial, desenvolvendo actividades moi relacionadas coa expresión da nosa cultura  e tradición. Nesta ocasión falamos da actividade de xogos tradicionais que durante todos os recreos tivo lugar no patio para o alumnado de primaria. Contamos coa colaboración da A. C. "A Modiño" que prestounos parte do material utilizado, e tamén coa implicación de alumnado de 6ºEP na monitorización dos xogos. A outra actividade, consistía na realización de talleres de oleiros, impartidos por un experto artesán de Buño, e como protagonistas, o alumnado de infantil e 6ºEP. Ademáis a exposición do autor homenaxeado, e como guinda teremos o Festival das Letras o vindeiro luns 25.

Letras Galegas 2015

 

Xosé Filgueira Valverde  
 

caricaturta

Este ano 2015 o autor homenaxeado no día das Letras Galegas é Xosé Filgueira Valverde.

Nace na Praza do Peirao de Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Os seus país foron a granadina Araceli Valverde Yaquero e Xosé María Filgueira Martínez, médico pontevedrés.

De neno estudou en Pontevedra e sempre sacou boas notas. Despois licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Tamén se doutorou en Filosofía e Letras na universidade de Zaragoza cunha tese sobre unha das Cantigas de Santa María de Alfonso X, titulada «La cantiga CIII. Noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval»

No ano 1923 foi un dos membros fundadores do Seminario de Estudos Galegos. Exerceu como profesor de Lingua e Literatura Española en diferentes institutos de Barcelona, Lugo e Pontevedra. Foi director do Instituto masculino de Pontevedra desde o ano 1946 ao 1976

En 1942 ingresou na Real Academia Galega. Tamén foi alcalde da cidade de Pontevedra no periódo comprendido entre o ano 1959 e o 1968.

Dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra.

En 1981 foi nomeado Consellerio de Cultura da Xunta de Galicia, defendendo o bilingüismo nas aulas e sendo o encargado de implantar o galego no ensino.

Foi presidente do Consello da Cultura Galega desde o ano 1990 ata o seu falecemento no ano 1996 con 90 anos de idade.

Recibiu númerosos premios entre os que destacan, o Premio da Crítica das Letras e das Artes, a Medalla de Ouro da provincia de Pontevedra,  Fillo predilecto de Pontevedra e Doutor Honoris Causa por distintas universidades españolas.

 Algunhas das súas publicacións son:

 Seis cantigas de mar in modo antico.

A lírica medieval galega

O vigairo

Farsa para rapaces

Agromar

Quintana viva

Marta Fernández, 4º A

 

Powered by Drupal - Design by artinet