Actividades

Contos en familia

Como cada curso dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración coa biblioteca, estamos a organizar as sesións de contacontos "Contos en Familia".

 Aqui vos deixamos unha mostra dalgunha das historias que nos están contando, moitas gracias a todas as familias que colaboraron nesta actividade.

 

Entrevista coa escritora Ledicia Costas

O venres 10 de abril, estivo co alumnado de 5º e 6º de Primaria unha xoven escritora, Ledicia Costas, que, a pesares da súa xuventude ten xa publicados varios libros e conseguido numerosos premios. Aínda que é avogada, decidiu dedicarse por completo á literatura e, moi comprometida coa nosa lingua, escribe sempre en galego. Pasámolo moi ben, resultou moi divertida e, ademais como sabía escoitar moi ben, todos e todas puidemos falar con ela, facerlle preguntas sobre a súa obra e sobre ela mesma e expresar as nosas opinións. Despois de asinar varios libros, permitiunos realizarlle esta entrevista que podedes ver neste vídeo.

Animando á lectura

Como colofón a este segundo trimestre, contamos coa visita do escritor Anxo Moure, onde o alumnado de 1º e 2º de primaria disfrutou da divertida sesión que preparou este orixinal escritor, co que xa contamos noutras ocasións.

Despóis, no recreo, vistáronnos sete alumnos-as do CEIP S. Francisco Javier, que están enrolados nunha campaña de voluntariado en bibliotecas escolares, e que viñeron a contarnos un relato elaborado por eles, "O rato Iago", do que poideron disfrutar todos no salón de actos.

ENTROIDO 2015

A PINTURA, este foi o tema central sobre o que tratou o Festival de Entroido celebrado o venres 13 de febreiro. O certo é que o único que non acompañou foi o tempo, pero como dí o refrán, "a mal tempo boa cara", e o resultado foi excelente. Unha vez máis, o traballo en conxunto deu os seus froitos, e poidemos disfrutar dunhas actuacións magníficas, con excelentes e orixinais coreografías e uns disfraces sorprendentes e cheos de colorido. Grazas ao alumnado, profesorado e familias pola colaboración e o entusiasmo posto nesta actividade.

Construindo cultura de Paz

Día de inverno este 30 de xaneiro de 2015, Día Escolar pola Paz. Por suposto que non impedíu, que despóis de dous días de mercadillo solidario de xoguetes, culmináramos a conmemoración cun bonito acto, todos xuntos, no corredor do edificio. Construímos a nosa persoal cadea de compromisos por un mundo en paz, toda unha declaración de principios que pretendemos manter durante todo o ano. Grazas pola colaboración, e agardamos pronto contaros que coa vosa aportación os nenos de Guinea Bissau teñen unha nova escola na súa aldea.

ANIMACIÓN Á LECTURA DE MANOLO RIVAS

Manolo Rivas, acompañado pola Ce orquestra pantasma, representou ao raposo Pindo protagonista do seu libro o "Raposo e a Mestra".

Foi moi animada, xa que ademais de actuar cantou e escoitamos música con instrumentos e diversos obxectos.

 

Visitóunos Manolo Rivas

O luns 26 de xaneiro, ás 12h chegaba ao Colexio o escritor galego con máis sona na actualidade. Prestixio gañado coa súa producción literaria, pero tamén como cidadán comprometido, como o que máis, coa xustiza social e a igualdade. Veu acompañado dun magnífico músico, e xuntos realizaron unha animación lectora do máis orixinal. Máis tarde, e logo de asinar un montón de libros, adicoulles un momento a dous alumnos de cuarto que lle fixeron unha entrevista que podedes ver no vídeo.

Tempo de magostos

O Magosto celébrase o venres 14 de novembro máis ou menos sobre as 12 horas no colexio Juan Fernández Latorre. Comeremos castañas e veremos a actuación dos nenos de Donaire que veñen a este colexio. Tamén poden participar os pais, os avós, os tíos, as tías… e moita máis xente. Esta festa celébrase para que non se perda a tradición e tamén para divertirse.

A min encántanme as castañas. E a ti? 

Helena

XOGO INFANTIL      XOGO PRIMARIA      DÍPTICO INFORMATIVO

As raices do Samaín

O venres 24 de outubro disfrutamos, no Salón de Actos, dunha interesante charla sobre as orixes celtas e galaicas, da celebración do Samain. Para isto contamos coa presenza do profesor cedeirense Rafael López Loureiro, personaxe clave para entender a recuperación desta tradición en Galicia. 

Agradecemos tamén a AAVV IAR a súa colaboración co Colexio para organizar este acto, co que iniciamos os festexos do Samaín no Centro.

Powered by Drupal - Design by artinet