Secretaria

Entrega de materiais en Infantil

O xoves 6 de setembro entre as 10 e as 12 horas, e o venres 7 entre as 12 e as 14 horas as diferentes titoras de educación infantil recibirán nas aulas ás familias para que poidan entregar os libros e material escolar antes do inicio das clases.

Material escolar de 4º EP 2012- 13

 


1 Lapis


1 Goma


1 Afilalapis


1 Bolígrafo vermello


1 Caixa de 12 ceras “Plastidecor”


1 Caixa de 12 rotuladores


1 Pegamento de barra


1 Tesoiras


1 Regra de 30 cm , compás


2 Libretas de dobre pauta estreita – tamaño folio-


3 .Libretas cuadricula mediana -tamaño folio-


1 Libreta raiada -tamaño folio- para Relixión


1 Arquivador de 2 aneis con 10 fundas plásticas


1 Carpeta de cartón tamaño folio para Música (a non ser que este ano xa veña cos libros)


Axenda Escolar


Estoxo


Mochila


 NOTA: Serve todo o material do curso anterior, incluidas as libretas

Iniciamos un novo curso

Coa chegada de setembro ábrese un novo curso escolar. O 2012 - 2013 será o número 21 dende a inauguración do colexio. Como en todos haberá novedades, a destacar a incorporación ao Proxecto Abalar que afectará inicialmente ao alumnado de 5º de EP. Novo profesorado tanto definitivo como provisional se incorpora ao Claustro, e por suposto novos alumnos e novas familias. Todos podemos e debemos contribuir á mellora do funcionamento do colexio nun clima de convivencia, traballo, respeto e solidaridade.

Nos vindeiros días publicaremos na web toda a información relativa a titorías e profesorado así como as listaxes de material dos distintos cursos. Por último lembramos que as actividades lectivas (as clases) iniciámolas o mércores 12 de setembro ás 9 horas.

O Proxecto Abalar chega ao Colexio


A Consellería de Educación concedeu ao noso Centro a participación no Proxecto Abalar a partir do curso 2012- 13. A concesión deste proxecto de innovación educativa supón diversos cambios no terceiro ciclo de educación primaria, e máis concretamente en quinto nivel para o vindeiro curso. A posibilidade de que cada alumno dispoña dun ordenador persoal conectado a internet na súa propia aula e de forma permanente, significará un progresivo cambio no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Tamén suporá un impulso para a mellora da comunicación entre as familias e o Colexio no marco das novas tecnoloxías.

Axudas para os libros de texto

A Consellería de Educación ven de convocar a través da publicación no DOG, as axudas para mercar os libros de texto en primaria para o curso 2012-13. A solicitude pode entregarse na secretaría do colexio ata o 02 de xullo. Para máis información facede clic nesta ligazón.

Día non lectivo

Lembramos a todos que o venres 18 de maio non haberá clase, información que xa notificamos na circular de principio de curso. Este día foi elexido ao inicio de curso polo Consello Escolar, e aprobado pola Consellería de Educación.

Listaxes definitivas de alumnado admitido no curso 2012-13

Unha vez trancurridos os prazos publicamos as listaxes definitivas de        admitidos que poden ser recurridas en recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de A Coruña no prazo de un mes a partir do 16 de maio. Houbo algunhas variacións en 4º EI. xa que se presentaron tres reclamacións, das que dúas foron atendidas positivamente. En 4º Ed. Infantil faltan 5 prazas por asignar por parte da Comisión de Escolarización, que previsiblemente corresponderanlle aos cinco seguintes da lista. Tamén, en 1ºEP xurdiu unha vacante nestes días, que se lle adxudica ao primeiro solicitante da lista.Lamentamos non poder atender todas as solicitudes, pero as vacantes que ofertamos son as máximas posibles.



O alumnado admitido deberá matricularse na Secretaría do Colexio entre o 20 e o 29 de xuño

Resultados da Avaliación Diagnóstica

  Como sabedes o alumnado de 4º de primaria realizou no mes de maio de 2011 unha proba para coñecer o nivel e desenrolo das competencias matemática, lingúística e de interacción co mundo físico. Esta proba fixérona o mesmo día todos os alumnos galegos de 4º de primaria. Os resultados acadados polo Centro e a súa comparación coa media galega pódense  consultar no seguinte documento.

Circular de principio de curso

Como todos os cursos o primeiro día facemos entrega ao alumnado deste documento que recolle importante información sobre horarios, periodos vacacionais, cadro de reunións coas familias e un breve resumo das normas de funcionamento, así como datos xerais do Centro.


CIRCULAR DE PRINCIPIO DE CURSO EN PDF

Powered by Drupal - Design by artinet