Secretaria

Folga no ensino

Ante a xornada de folga no ámbito educativo a nivel estatal contra a futura Lei educativa, LOMCE, convocada pola maioría dos sindicatos para o xoves 9 de maio, comunicámoslles, que máis da metade do profesorado do Colexio manifestou a súa intención de secundar esta convocatoria de folga.

En todo caso, o Centro permanecerá aberto, e o alumnado que asista á escola será atendido polo profesorado disponible, na medida das posibilidades existentes.

Polo que respecta aos servizos de madrugadores, comedor e actividades extraescolares, indicamos que funcionarán con  normalidade.

Solicitudes presentadas

Terminado o prazo de presentación de solicitudes para o curso 2013-14, indicamos a continuación o desglose das mesmas:

- 3 anos: 58 solicitudes para 44+6 prazas.

- 4 anos: 6 solicitudes para 0 prazas.

- 1º Ed. Primaria: 1 solicitude para 0 prazas.

- 2º Ed. Primaria: 1 solicitude para 0 prazas.

- 3º Ed. Primaria: 4 solicitudes para 0 prazas.

- 4º Ed. Primaria: 3 solicitudes para 0 prazas.

- 5º Ed. Primaria:4 solicitudes para 3 prazas

- 6º Ed. Primaria: 2 solicitudes para 0 prazas.

O 9 de maio publicaremos as listaxes provisionais.

Admisión de novo alumnado no curso 2013-14

O pasado venres 15 de marzo publicouse no DOG, a nova Orde que regulará o proceso de admisión de alumnado nos colexios públicos e   concertados. E por isto que comunicamos as familias interesadas en matricular aos seus fillos-as neste Colexio que entre o 5 e o 17 de abril poderán entregar a solicitude de praza debidamente cumplimentada, na secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Colexio, que teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación aportamos documentos de inerese para este proceso de admisión.

- SOLICITUDE (anexo II) O DATO IPREM CORRECTO É O DE 6390,13 EUROS

- INSTRUCCIÓNS E VACANTES

- PLANO DE ZONAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS

- RELACIÓN DE RÚAS DO ÁMBITO DE INFLUENCIA DESTE COLEXIO

- HORARIO DE SECRETARÍA PARA ENTREGA DE SOLICITUDES

- INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL

- INSTRUCCIÓNS DA XEFATURA TERRITORIAL

- O COLEXIO ASIGNARÁ UN PUNTO A TODAS AS SOLICITUDES QUE SOLICITEN EN PRIMEIRO LUGAR UN CENTRO PÚBLICO.


Información sobre admisión de alumnado

Nos últimos anos o plazo de entrega de solicitudes para admisión de novo alumnado nos centros educativos era o mes de marzo. Neste momento non podemos asegurar que este curso tamén sexa así. A causa é a publicación dun novo Decreto que regula a admisión de alumnado e deroga a lexislación existente ata o momento. A Consellería de Educación debe desenvolver o novo Decreto cunha Orde que o regule, e aclare diferentes cuestións sobre o proceso de admisión. Esta Orde será tamén a que determine os prazos de presentación de solicitudes nos diferentes colexios. Polo tanto recomendamos ás familias interesadas que permanezan atentas a inminente publicación deste documento.

No caso do noso Colexio realizaremos unha XORNADA de PORTAS ABERTAS o luns 11 de marzo ás seis da tarde. Durante á visita guiada ás instalacións escolares, trataremos de aclarar dúbidas relacionadas, tanto co funcionamento do Centro, como sobre o proceso de admisión.

Renovación do Consello Escolar

Este luns 10 de decembro constituimos o Consello Escolar despóis das votacións do pasado 26 de novembro. A actual composición deste órgano é a seguinte:

 

Director: Pablo Rey Vázquez

Xefa de Estudos:Soledad Garrido Fariña

Secretaría: Mª Dolores Gallegos Pita

Representantes Profesorado

 Mª Dolores Mantiñán Loureiro

 Mª Beatriz Doval Pociña

 Mª Concepción Varela Fernández

 Mª Paz Roca Casanova

 Mª Jesús Vázquez Nolasco

Representantes dos pais

Ana Paula Eitor Bandín - apacastrillon@hotmail.com

Vanessa Bergondo Balsa - apacastrillon@hotmail.com

David Fernández Martínez - apacastrillon@hotmail.com

Xosé Luis Liñares Barbeito- barbeitofeito@mundo-r.com

Sonia Portas Sexto

Representante Municipal

Juan Manuel Varela de la Torre - jmvdlt@hotmail.com

 Representante Persoal non Docente

Raquel Ramudo Camba

Queremos agradecer aos membros saíntes Marga, Conchi, Javier, Virginia, Carmen e Mercedes a súa participación nos últimos catro anos.

20 anos xuntos!!

O vindeiro luns o Colexio cumpre vinte anos dende a súa inauguración, o 3 de decembro de 1992. Dúas décadas nas que a sociedade cambiou moito e o colexio tamén con ela, procurando adaptarse aos cambios e mellorar curso tras curso . Máis de 1000 alumnos formáronse nas nosas aulas nestes anos.


Conmemoramos dun xeito sinxelo este evento ao longo do ano, pero este luns ao mediodía faremos unha pequena festa de cumpreanos coa axuda de todos os nenos e nenas do Colexio.


Na entrada principal, podedes visitar unha mostra de imáxes do pasado do Colexio, coa que queremos rendir unha pequena homenaxe ao protagonista deste evento, o CEIP Juan Fernández Latorre de A Coruña

Resultados das eleccións

No sector de pais estes foron os resultados:


- Anna Irene Espinosa: 16 votos


- David Fernández Martínez: 17 votos


- Margarita Seoane Barreiro: 8 votos


- Sonia Portas Sexto: 18 votos


Polo tanto Sonia e David serán os novos representantes das familias no Consello Escolar despóis desta igualadísima votación. No ámbito do profesorado eleximos a Conchi, Susi e Paz, quedando Azucena como suplente. Por último Raquel, a conserxe, será a nova representante do persoal non docente. O vindeiro luns 10 de decembro constituirase o novo Consello Escolar do Colexio. Grazas a todos os participantes, especialmente aos candidatos-as e as nais e pai colaboradores na mesa electoral.

Votacións para o Consello Escolar

O luns 26 de novembro serán as eleccións para elexir os diferentes representantes no Consello Escolar do Colexio. As familias poderán exercer o seu dereito ao voto entre as 17h e as 20 horas no Salón de Actos.


Profesorado curso 2012 - 2013

Hoxe 3 de setembro celebramos o primeiro claustro de profesores do presente ano académico, e onde levamos a cabo a elección de cursos por parte do profesorado.


Nos seguintes enlaces podedes consultar o resultado desta adscrición


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/category/2/7  


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/category/2/53                

Powered by Drupal - Design by artinet