Secretaria

Calendario Escolar 2011-2012

Picando na imaxe tedes a posibilidade de consultar e descargar o calendario deste curso.


Listaxes de material (actualizado)

Como cada inicio de curso as titoras de infantil recollerán os libros e material escolar de cada alumno-a antes do comezo das clases. Os días elexidos son o martes 6 e mércores 7 de setembro, entre as 10 e 12 horas.


 1ºEd. Primaria: Azucena e María titoras deste nivel indican que os días martes 6 e mércores 7 de setembro, entre as 11 e 13 horas podedes entregar os libros de texto e o material  as propias titoras nas aulas correspondentes.


2º Ed. Primaria: Loli e Mª José titoras deste nivel indican que os días martes 6 e mércores 7 de setembro, entre as 11 e 13 horas podedes entregar os libros de texto e o material as propias titoras nas aulas correspondentes.


3º Ed. Primaria: A lista de material escolar deste nivel a podedes consultar pinchando aquí


4º Ed. Primaria: A lista de material escolar deste nivel a podedes consultar pinchando aquí


5º Ed. Primaria: A lista de material escolar deste nivel a podedes consultar pinchando aquí


6º Ed. Primaria: A lista de material escolar deste nivel a podedes consultar pinchando aquí


 

Inicio do curso 2011-2012

A partir do xoves 1 de setembro o colexio abre oficialmente as súas portas para dar inicio ao novo curso. Dende a Dirección queremos dar, un ano máis, a benvida a todas e todos, e especialmente ás novas familias, ao novo alumnado, profesorado e persoal non docente. Lembrarvos tamén que nesta web teredes información continua e actualizada (profesorado, materiais, horarios, actividades, etc). Por último animarvos a participar enviando suxerencias ao enderezo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.es . Bo curso.     

Matrículas, becas e final de curso

Entreo 20 e o 30 de xuño poden formalizar a matrícula as familias do novo alumnado cara o curso 11-12. Así mesmo ata o 30 de de xuño pódese continuar solicitando a axuda para a compra de libros de texto.


Por último lembrar que o curso remata o mércores 22 de xuño e que o 12 de setembro iniciamos as clases do curso 11-12.

Libros de texto para o curso 2011-2012

Podedes consultar o listado de libros para o novo curso picando na imaxe


Axudas para a compra de libros de texto

A Consellería de educación publicou as axudas para a compra de libros de   texto para o seguinte curso escolar. Son axudas basadas nos ingresos familiares. O prazo de presentación será durante todo o mes de xuño na secretaría do Colexio.


- Axudas para libros de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria


- Axudas para libros de matemáticas e música en 3º e 4º de primaria

Admisión: solicitudes e listaxes

Terminado o prazo de presentación de solicitudes para o curso 2011-12, informamos aos solicitantes que na última semana de abril, logo de reunirse o consello escolar, publicaremos a listaxe provisional de admitidos. Para información dos interesados estas foros as solicitudes presentadas:



  • 4º EI: 59 solicitudes (44+6 prazas)

  • 5º EI: 2 solicitudes (non hai prazas)

  • 6º EI: 3 solicitudes (non hai prazas)

  • 1º EP: 2 solicitudes (non hai prazas)

  • 2º EP: 2 solicitudes (non hai prazas)

  • 3º EP: 3 solicitudes (non hai prazas)

  • 5º EP: 2 solicitudes ( 2 prazas)

  • 6º EP: 2 solicitudes (1 praza)

Admisión 2011-2012

Durante o mes de marzo pódese solicitar praza para o vindeiro curso    na    Secretaría do Centro. Ë necesario entregar a documentación cumplimentada. Esta documentación pode recollerse na conserxería ou descargala dende aquí.


Votacións ao Consello Escolar

Finalizada a votación, estes foron os votos obtidos polos candidatos: 

  • EITOR BANDÍN, ANA PAULA: 22 votos
  • ESPINOSA VILLANUEVA, ANNA IRENE: 22 votos
  • LIÑARES BARBEITO, XOSÉ LUIS: 31 votos.

O desempate realízouse en favor da nai con maior antiguidade no Centro.

Grazas a tod@s pola vosa participación.

 

Circulares do primeiro día

O venres ao inicio do presente curso 2010-11 todos recibíchedes nos vosos fogares a circular de principio de curso, e para os usuarios de comedor ou madrugadores a de normas de funcionamento. Deixamos ambos documentos na web para que podades telas todavía máis accesibles, xa que conteñen información de moito interese para todo o curso.

Powered by Drupal - Design by artinet