Secretaria
Circular de final de curso
Para acceder ao documento pinchar AQUÍ
Solicitude de axuda á compra de libros de texto para o curso 2010/11
A Consellería de Educación convocou axudas para comprar libros de texto para o vindeiro curso nos niveis de 1º, 2º 5º e 6º de educación primaria.
A solicitude, que pódese descargar aquí, ou solicitala no colexio, hai que entregala debidamente cuberta, na Secretaría do Colexio entre o 1 e o 30 de xuño, acompañada da fotocopia do libro de familia onde figuren tódolos membros da unidade familiar.
Os vales poderán retirarse na secretaría do Centro a partir do 1 de setembro.
Para máis información sobre a convocatoria visitar as seguintes ligazóns:
- http://www.edu.xunta.es/web/node/974 Información xeral
- http://www.edu.xunta.es/web/node/979 Descarga de documentos
Por último lembrar que o alumnado de 3º e 4º disporá dos libros gratuitos en sistema de préstamo, e que o programa de axudas non contempla ao alumnado de infantil.
Solicitude de praza para o curso 2010-11
Finalizado o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso o número de solicitudes presentadas foi o seguinte:
- 4º Ed. Infantil: 53 solicitudes
- 5º Ed. Infantil: 07 solicitudes
- 6º Ed. Infantil: 04 solicitudes
- 1º Ed. Primaria: 02 solicitudes
- 2º Ed. Primaria: 03 solicitudes
- 3º ED. Primaria: 01 solicitude
- 4º Ed. Primaria: 01 solicitude
- Entreo 27 e o 30 de abril publicaremos as listas provisionais de admitidos.:
Charla divulgativa
O pasado luns 8 de febreiro contamos coa presencia no Colexio dunha unidade da Guardia Civil especializada no asesoramento e uso correcto das ferramentas tecnolóxicas.
Pola mañán foi o alumnado de 5º e 6º de primaria o que tivo unha sesión didáctica sobre o correcto uso das novas tecnoloxías e a navegación segura por internet.
Xa pola tarde esta sesión fixémola para as familias e profesorado.
Dende a Dirección do Centro damos as gracias á Guardia Civil pola súa colaboración.
Saídas do 2º trimestre
No enlace da dereita "Calendario de saídas " xa podedes consultar as actividades previstas a realizar fora do Centro en horario lectivo durante o segundo trimestre. A medida que nos concedan máis actividades solicitadas engadirémolas a esta táboa. Como sempre podedes consultalas tanto na páxina web, como no taboleiro do Colexio e no local do ANPA.
Comezo do curso 2009-2010
O xoves 10 de setembro ás 9 horas comezarán as clases do curso 2009-2010 no seu horario habitual de 9 a 14 horas. Así mesmo tamén comezará o servizo de comedor das 14 ás 16 horas.
O alumnado de 3 anos terá un horario diferenciado para cumplir co periodo de adaptación á escola.
As actividades extraescolares inícianse o 1 de outubro.
- APIs de Blogue
- Calendario
LIBROS DE TEXTO CURSO 2009-2010
Rematado o prazo de solicitude de bolsas para a adquisición de libros de texto o número de solicitudes rexistradas na secretaría do Colexio foi de un total106 de 200 posibles..
-Toda a información da convocatoria no seguinte enlace:
http://gratuidadesolidaria.xunta.es/
IMPORTANTE: A Dirección do Colexio pide encarecidamente ás familias solicitantes das bolsas, que cubran a solicitude a través da aplicación telemática dispoñible dentro da páxina anteriormente citada. Logo simplemente haberá que imprimila, asinala e entregala no Centro coa documentación indicada para cada caso.
Moitas Grazas.
Para coñecer o listado de libros do Centro para este curso click aquí
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20