Secretaria

Reapertura do prazo de admisión de alumnado

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.
  • A presentación pode ser telemáticamente a traves da web admisionalumnado
  • A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)
  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido  o 8 de xuño.
  • Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.
  • Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.

 NOTA IMPORTANTE: O colexio abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono 981133029 ou o correo electrónico: ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal

Información para o 3º trimestre.

No seguinte cadro aportamos a información da que dispoñemos, a día 30 de abril, sobre os asuntos que consideramos de especial interese para as familias e o alumnado.

AVALIACIÓN:

O profesorado establecerá os criterios e procedementos de avaliación e promoción, tendo en conta principalmente os resultados e aprendizaxes da 1ª e 2ª avaliación e tamén valorando na medida do posible o traballo desenvolvido nesta 3ª avaliación.

PROMOCIÓN:

A norma xeral será a promoción de nivel ou etapa, e a repetición seguirá sendo unha medida excepcional. Os/as titores-as elaborarán a final do curso, un informe de cada alumno-a, coas aprendizaxes imprescindibles non adquiridas para ser incorporadas na programación do vindeiro curso

REGRESO AS AULAS:

Dende A Consellería de Educación non teñen unha data prevista. O alumnado volverá ou non ás aulas, dependendo da evolución positiva da pandemia e das recomendacións  e instruccións da Consellería de Sanidade.

RECOLLIDA DE MATERIAIS:

Ata que os colexios poidan abrir ao público non podemos entregar libros nin material escolar. Únicamente prestamos ordenadores a familias que o solicitaron a través do titor-a.

FINAL DE CURSO:

A Consellería mantén as datas previstas na orde que regula o calendario escolar. Polo tanto as actividades lectivas terminarán o 19 de xuño coa entrega das notas.

ADMISIÓN DE ALUMNADO:

Sigue interrumpido o proceso. Se todo evoluciona favorablemente, estaría previsto a mediados de maio reiniciar o proceso, coa posible apertura dos colexios.

BECAS COMEDOR:

Dependen do Concello de A Coruña. Tamén están en suspenso. Avisaremos na web e por abalar móbil cando abra o prazo de solicitude. Enlace.

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL 20/21:

Estas dependen da Xunta e solicítanse no centro ou electrónicamente. A convocatoria todavía non está publicada. Agardamos que sexa a partir de mediados de maio.

COMUNICACIÓNS:

Coa dirección do colexio no 981133029 en horario de mañá en días laborables. En calquera momento no enderezo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal.

Para contactar co profesorado, a través dos medios indicados por eles no apartado de cada curso na páxina web.

Recomendamos ter a aplicación Abalar Móbil descargada nos vosos teléfonos intelixentes, para poder recibir información actualizada do centro e do profesorado.

Acceso ás Instruccións da Consellería de Educación

Iniciamos o 3º trimestre

Estimadas familias, esperamos que estedes ben ou o mellor posible despois dun mes de confinamento nas casas. Sabemos que esta a ser duro pra a maioría, pero tamén sabemos por moitas das vosas mensaxes e contribucións que o estades superando con ilusión, creatividade e moito cariño. Queremos pediros que sigades así agora que comezamos o último tramo do curso, e pedimos a vosa imprescimdible colaboración co profesorado, para o seguimento de actividades e tarefas.

Dende a dirección do colexio queremos informaros dalgunhas noticias e medidas que poden ser de interese a partir de agora:

  1. Como será a 3ª avaliación?. Esperamos instruccións a partir do mércores ou xoves. Estaredes puntualmente informados.
  2. Cando volveremos ao Colexio?. Non temos ningunha información oficial sobre este asunto. Nin datas, nin como o faremos. 
  3. Como estamos a comunicarnos? Principalmente polos correos electrónicos aportados por titores-as, tamén Abalar Móbil, este sitio web, Edixgal en 5º e 6ºEP e outros recursos como videoconferencias ou teléfonos. Cando teñades dúbidas sempre podedes contactar co colexio no enderezo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal ou en horario de mañá en días lectivos no 981133029.
  4. Onde están as tarefas ou propostas didácticas?. Principalmente na web do colexio nos apartados de cada curso e/ou especialidade, coa excepción de 5º e 6ºEP que traballan na plataforma Edixgal. Tamén a Aula Virtual e algún blog persoal que atoparedes sempre na web do cole.
  5. Alumnado con problemas de falta de ordenador e/ou internet. Somos coñecedores da maioría das familias con este problema. A partir deste martes 14 procuraremos darlles unha solución co préstamo de equipos. Tamén o Concello acaba de sacar un programa no que pretende levar as tarefas ás familias. Estaremos en contacto con eles para traballar coordinadamente.
  6. Departamento de Orientación. Encabezado por Luis Seijas, quero informaros que sigue totalmente activo e colaborando nas necesidades de reforzo e apoio do alumnado de NEAE e NEE e tamén disposto a resolver as vosas dúbidas ou consultas. Deixo enlace as súas indicacións e recomendacións.
  7. Comidas para alumnado becado. Poden obter diariamente o seu menú. Toda a información aquí.
  8. Actividades extraescolares on line. No seguinte blog tedes toda a información de como participar nos diferentes retos e actividades propostas polos monitores-as de extraescolares.

Moito ánimo en nome de todo o claustro e demáis persoal do colexio.

Novidades. Información importante!

A Consellería de Educación trasladounos información importante, logo da reunión de onte mércores 25/3/20 coa Ministra de Educación. Unha vez analizadas as medidas adoptadas, a dirección do colexio quere poñer en coñecemento das familias a seguinte información:

  • Haberá informe de resultados da 2ª avaliación, na que utilizaremos todo o material de seguimento e observación do alumnado ata o 12 de marzo.
  • A publicación das notas desta 2ª avaliación será a través de Abalar Móbil o mércores 1 de abril.
  • A ampliación do estado de alarma significa que, polo menos, ata o 14 de abril seguirá sen haber clases.
  • O profesorado continuará enviando e planificando tarefas para o alumnado ata o 3 de abril, inicio da semana santa.
  • Este curso NON se realizará a proba de avaliación diagnóstica en 3ºEP nin en 6ºEP.
  • O luns 30 de marzo, unha empresa especializada contratada polo Concello, desinfectará o colexio.

Para finalizar, quero agradecer a alumnado- familias - profesorado a colaboración e o esforzo común para manter a actividade lectiva neste escenario excepcional, do que desexamos todos-as sair canto antes. Moito ánimo!!!

Paralización do proceso de admisión

Según o RD 463/2020 de 14 de marzo, onde indica a paralización de procedementos administrativos quero informar que o proceso de admisión queda paralizado tanto na modalidade presencial como telemática. Volverá a reanudarse cando iniciemos de novo as clases, previsiblemente durante unha semana máis. Por suposto todas as solicitudes presentadas ata o momento están validadas e formarán parte do proceso cando este se reanude.

Novas medidas adoptadas no colexio pola crise do coronavirus.

 Estimadas familias.

Logo da publicación do RD 463/2020 e de recibir instruccións da Xunta de Galicia, renovamos algunha das medidas adoptadas:

  • A partir do luns 16, e ata novo aviso, quedan suspendidas as actividades lectivas no colexio. Tamén suspéndense os servizos de madrugadores, comedor e actividades extraescolares
  • O acceso ao colexio neste periodo estará restrinxido ao Equipo Directivo para cuestións de urxencia coas administracións autonómica, estatal e local. As consultas ou trámites co centro deben realizarse preferentemente a través do correo electrónico.
  • TAREFAS. As titoras-es publicarán na web do colexio, no apartado da súa aula, tarefas e recomendacións para o alumnado. De igual xeito, Abalar Móbil poderá ser utilizado para calquera tipo de comunicación.
  • EDIXGAL. O alumnado de 5º e 6ºEP seguirá recibindo tarefas e actividades a través da plataforma EVA.
  • As xuntas da 2ª Avaliación quedan aprazadas ou suspendidas, en función da duración das medidas excepcionais.

Estas medidas poden cambiar na medida que recibamos novas instruccións das autoridades educativas e/ou gubernamentales, así que pedimos que estedes atentos-as ás mensaxes pola web e abalar móbil.

 Moito ánimo para todas-os, e vémonos pronto!.

 A Coruña, 15 de marzo de 2020.

 O Director

Pablo Rey Vázquez

CIRCULAR EN PDF (do 13 de marzo)

 

Información actualizada sobre a crise do coronavirus

Feijóo avanza a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus

Cando recibamos instruccións por parte da Consellería de Educación seguiremos aportando máis información.

O Director ( A Coruña 12 de marzo de 2020 - 18,10h)

 

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O mércores 11 de marzo a Conselleira de Educación indicou en reunión o seguinte respecto á situación do coronavirus nos colexios;

Que a situación en Galicia está en nivel de "contención". A incidencia é baixa en comparación con outras zonas. Diariamente reúnense cos expertos sanitarios para facer seguimento da situación. As medidas tomadas na actualidade e as futuras, o serán sempre baixo criterios de responsabilidade, profesionalidade dos expertos en sanidade e proporcionalidade das mesmas.

As recomendacións seguen a ser as mesmas dende o inicio e as fomentaremos dende as aulas. Por último pedimos as familias que no caso de que algún alumno-a teña síntomas febriles non veña ao colexio ata a súa desaparición. 

 

Agradecemos a vosa colaboración, entendemos a preocupación existente pero queremos mandar un mensaxe de calma e tranquilidade. Asi mesmo, continuaremos aportando nova información cando sexa necesario  a través de Abalar Móbil e da web do colexio.

 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Dende a dirección xeral de saúde publica da Consellería de Sanidade nos fan chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos, así como as seguintes recomendacións. 

VÍDEO INFORMATIVO

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

 

Comezo das obras de mellora da pista polideportiva cuberta

A partir do día 3 de decembro a pista polideportiva cuberta estará pechada para realizar obras de mellora e acondicionamento na mesma, que incluirán reparacións no firme e unha nova capa de pintura en toda a superficie. A duración da obra, se o tempo acompaña, será de tres semanas aproximadamente.  Trátase dunha actuación que, por diferentes motivos non se puido executar no verán, e de non facerse agora corremos o risco de perdela, xa que a paga o Concello con cargo aos presupostos de 2019.

Powered by Drupal - Design by artinet